28/10/13

Bibliografía viveiros forestais

Dous libros interesantes sobre viveirismo forestal:

"Viveros forestales" de J. Rafael Ruano Martínez,
Ed. MP ISBN: 84-8476-082-0
"Cultivo de plantas forestales en contenedor" de Juan L. Peñuelas Rubira e Luis Ocaña Bueno
ISBN (Ed. MAPA): 84-491-0225-1
ISBN (Ed. MP): 84-7114-644-4

24/10/13

Revival

"Días de escuela", temazo do do primeiro disco do grupo Asfalto, gravado no ano 1978. A letra conta o día a día na escola dos anos 60...un auténtico revival (*) grazas a LOMCE: relixión, segregación por sexos, escaseza de medios, desigualdade de oportunidades...


(*) Revival (do inglés) Movemento artístico, sociolóxico, e por extensión, de calquera outro xénero, que tende a revalorizar modas ou estilos do pasado.

22/10/13

Zona Zero

A piques de comezar os traballos de construción da nova instalación de produción de planta. Foto do estado actúal.

17/10/13

Axudas a forestación

Relacionado con temas dos que estivemos falando na clase coma introdución ao viveirismo forestal (plans de repoboación, a propiedade do monte,...) é moi interesante ver esta reportaxe do programa A Labranza (que xunto co Luar é un clásico imprescindible para entender o país). Nunha primeira parte fala das axudas pro-fomento de primeira forestación de terras non agrarias, de recente publicación (orde 177 DOG 17-09-2013), que presenta dúas novidades: unha liña específica para a plantación de castiñeiros para froito e a introdución da figura das SOFOR (Sociedades de Fomento Forestal). Nunha segunda parte fala da xestión  que realizan os comuneiros do Forgoselo (na serra do mesmo nome, perto das Fragas do Eume) do seu monte comunal; que segue a ser comunal grazas ao esforzo e loita dos veciños, ao igual que en moitos outros montes galegos.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-26
http://www.crtvg.es/informativos/axudas-para-a-forestacion-de-terras-non-agrarias-669000
O Forgoselo
Min Skog - Hedningarna
Tema Meus Bosques do grupo sueco Hedningarna

16/10/13

Viveiros Mañente

Viveiros Mañente é un viveiro especializado na produción de planta forestal dende hai 30 anos. Produce fundamentalmente eucaliptos e piñeiros; cunha produción anual duns 5 millóns de planta (é un viveiro dos grandes).  Dispón de modernas instalacións e ferramentas de cultivo; é ten implantado un sistema de calidade segundo a norma ISO 9001 (espero que lles vaia millor que a nós coa calidade dos "##!!:(
Este viveiro está en Foz (Lugo); quédanos un pouco a desmán así que non creo que poidamos ir a visitalo...pero podemos facelo virtualmente neste vídeo (do programa A Labranza da TVG).



Outro video do viveiro: http://youtu.be/6GGnBmY43wc

03/10/13

Orgyia antiqua

A eiruga da bolboreta Orgyia antiqua (familia das Limantriidae) aliméntase dunha gran variedade de árbores de folla ancha e arbustos (polífaga), e pode chegar a ser unha praga (menor) en bosques e xardíns.

A esta da foto atopámola o outro día no viveiro; pero polo escaso número e voracidade non é necesario aplicar ningún tratamento para controlala.
Tamén atopamos no substrato oníscideos (cochinillas da humidade) e miriápodos (cempés, milpés,...), son insectos que viven en lugares húmidos e escuros; a maioría comen restos vexetais e outros insectos mortos (pola contra os cempés son depredadores). Non constitúen un problema no viveiro.

02/10/13

Documental "Queimar o monte"

"Queimar o Monte", rodado en Galicia durante a primavera e o verán de 2012, analiza as causas do principal problema medioambiental do noso país, os incendios forestais. Cada ano uns 10.000 incendios prodúcense neste recuncho do mundo. Nos últimos trinta anos queimouse unha superficie equivalente a terceira parte de Galicia.

Queimar o Monte. Walkie Talkie Films, 2012. Próxima emisión: Este mércores 02-10-2013 ás 23:55 na TVG2
http://www.walkietalkiefilms.com/?page=feature

01/10/13

O reghreso

Xa estamos de volta...

Sés - Porco Blues

25/09/12

Dous tomates dous destinos

Dous tomates, un transxénico e outro de campo, quedan nun bar despois de coñecerse a través dun chat en internet...humor manchego



30/05/12

Exposición "Árbores Senlleiras" na Granxa

Ola propagadores/as; se estes días andades por Ponteareas podedesvos achegar a Granxa e ver a exposición: "ÁRBORES E FORMACIÓNS SENLLEIRAS DA GALIZA" aberta ao público ata o día 26 de xuño no salón do centro.

Proposta presentada dentro das actividades do EDNL do Centro co gallo da celebración do S. Cidre e do Día das Letras Galegas (*) e inagurada con tremenda churrascada, pretende achegarnos ao fascinante mundo das árbores que, por diversos motivos, teñen un alto grao de singularidade que os fai merescentes dunha figura de protección especial.
(*) pretendíase realizar o ano pasado, ano internacional dos bosques, pero non poido ser.

E o día 21 de xuño celebraremos, o III Festival de Xardíns Efémeros da Granxa. Cita obrigada.