Amosando publicacións coa etiqueta MFR b>. Amosar todas as publicacións

26/11/13
Guía FAO sementes forestais
Guía para a manipulación de sementes forestais da FAO (*)
Si picades nesta enlace accededes ao índice da guía, e de aí os distitos capítulos no que está organizada.
(*) de Food and Agriculture Organization, é a Organización das Nacións Unidas (ONU) para a Agricultura e Alimentación. Creada no ano 1945, agrupa a 192 membros. O seu obxectivo supremo é axudar a conseguir un mundo sen fame e o seu lema é fiat panis (pan para todos).
02/12/10
Castanea sativa resistentes a tinta
Para loitar contra Phytophthora cinnamoni, ademáis de empregar híbridos resistentes coma portainxertos ou productores directos, existe outra posibilidade: buscar individuos, entre a diversidade xenética existente (que en Galicia é moita), que presenten unha resistencia natural ao fungo, testalos e clonalos para a súa reproducción. Este proceso ten unha ventaxa moi grande, que é: aproveitar a adaptación natural que presenta C. sativa ao clima do país, e a súa mellor calidade de froito e madeira.
No seguinte video podemos ver unha interesante reportaxe (TVG A Labranza 24-01-10) sobre este proxecto que se esta a levar a cabo no viveiro de Tragsa en Maceda (OU). Si todo vai ben dentro de pouco podería empezar a comercializarse material cualificado procedente deste proceso.

27/10/10
A seca do amieiro
Un fungo está a eliminar os nosos amieiros (Alnus glutinosa) dun xeito fulminante. Seica trátase de Phytophthora alni un novo patóxeno que apareceu nos United of Kingdom alá polos 90. O tema é preocupante xa que o Alnus glutinosa é a máis importate das árbores riparias que forman os bosques de galería da Galiza.
Contra este tipo de enfermedades vasculares pouco se pode facer. Posiblemente a solución pase por buscar poblacións locais que presenten resistencia e reproducilas. Tamén pódense hibridar con outros Alnus, buscando formas resistentes e clonandoas; usandoas directamente ou ben como portaenxerto.
Novas de prensa (da Voz de Galicia) sobre o tema:
ver nova 06/09/09
ver nova 19/04/10
ver nova 25/10/10
O ameneiro propágase ben por sementes, ainda que emite moitos chupóns de raíz. Ten moitas raíces superficiais. Perde cedo a raiz principal e desenvolve numerosas raíces secundarias oblicuas e terciarias verticais profundas de forte ancoraxe, permitíndolle resistir as cheas dos ríos. En condicións de enchoupamento permanente produce raíces adventicias e moi ramificadas. Nas raíces superficiais ten nódulos fixadores de nitróxeno atmósferico (isto só o fan as leguminosas), asociado a bacteria Actinomycetes alni. O ameneiro necesita ter as súas raíces na auga, tolerando ben o enchoupamento permanente sempre que haxa renovación de auga (auga corrente, ligado os cursos de auga). Mod. de Wikipedia.
Hoxe: como práctica, e sinxela contribución o mantemento da especie, fixemos unha sementeira de outono (millor sería de primaveira, pero...bla, bla, bla) en bandexa de 84 alveolos para o seu posterior repicado a bandexa forestal ou a raiz núa. Esperemos ter máis éxito que o ano pasado onde as hepáticas afogaron a nascencia.
Algunhas fotos do proceso:

Etiquetas:
MFR,
planta viveiro,
sanidade vexetal,
sementes
02/03/10
Video viveiro forestal
Cómo nos dixo un ano o axente forestal Antonio, un saúdo dende eiquí, nunha visita formativa ao Viveiro Forestal de Areas (Tui) imos deixarnos de...é imos falar do FORESTAL. Pois bén, trátase dun documento gráfico sobre viveiros forestais (feito, creo, por AFRIFOGA*) de elevado valor didáctico e histórico.
-Didáctico, porque explica paso a paso a distintas labores e operacións de cultivo dun viveiro en terra de producción de Pinus radiata dun zume a raíz núa.
-Histórico, porque trátase do desaparecido (2003 ?) VIVERFOGA-Viveros Forestales de Galicia, SA (**) en Friol (Lugo).
(*) Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia.
(**) Ollo non confundir con: Viveiros Forestales de GAlicia-VIFORGA, SL en Carballo (A Coruña), ou con VIFORSA (Viveiros Forestal e ORnamental Salgado) en Beán-Ordes (A Coruña).

21/01/10
NORFOR-Figueirido
Na viaxe formativa do 21/12/09 cando estivemos no centro de xardinería ArteNatur, viamos por detrás o esquelete do viveiro forestal NORFOR-Figueirido (de feito o garden era parte do viveiro). Pouco tempo durou baixo a tutela de NORFOR...pero o viveiro primixenio é de 1927, i era o viveiro central da provincia, o puso en marcha o hiperactivo Rafael Areses...vos soa, que anos antes xa pusera en marcha o primeiro viveiro forestal de Galicia en Areas (Tui), que ainda existe, como sabedes. Inda que os terreos onde se asentan foron devoltos os veciños da CMMC de Figueirido no 81 continou en mans da xunta ata os 90, pero como tamén sabedes os viveiros oficiais esmoreceron e despois de entregalo definitivamente a comunidade de montes no 2002 está cedeu a concesión a empresa Norte Forestal (NORFOR)...por onde ía, ah sí; nesta nova andadura un dos proxectos estrela era...a producción clonal do eucalipto, que ía fornecer os nosos montes de eucaliptos maís altos, máis fortes, máis guapos.....puff, pero algo foi mal. Ben, resumindo:
Tedes en web_propagación infinita / documentos de interese, o idem Producción clonal de eucaliptus globulus de Miguel Angel del Rey Wamba. Inda que non vos interese o tema a priori (ou sí) e un documento moi completo e aparecen datos e imaxes de instalacións, técnicas de producción, etc.

15/12/09
Prezos oficiais MFR da CMR
MFR, CMR, BMR, BMW...No DOG de hoxe (nº243 martes 15/12/09 na páxina 18.999) publícase a Orde do 1 de decembro de 2009 pola que se fixan os prezos derivados dos servizos xestionados pola Consellería do Medio Rural, referente a plantas forestais, semente e piñas de sequeiro.
http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/69dbe571cfe9ff2ec1257251004b10d8/ca5e6aa8563fd42ac125768c00671c53/$FILE/DOG_20091215_NUM_243.PDF

04/12/09
Clons
Vendo esta foto dunha chopeira (pola zona de León, maís ou menos) igual compréndese millor o concepto de clon...os individuos son todos exactamente iguais.

http://www.mimcyl.es/docs/chopo.pdf
Falando de Castanea, que a nós interésanos máis que os Populus (en Galicia hay poucas zonas axeitadas para o seu cultivo), hai 32 clons autorizados pola CMR (os podedes ver no buscador de materiais de base para a producción de MFR).
http://www.elcorreogallego.es/indexCanales.php?idMenu=110&idSubmenu=141&idNoticia=433966
Noticia do 04/06/09 do Correo Galego onde anunciabase un proxecto para cultivar clóns de castaño in vitro promovido pola empresa CULTIGAR, SL (falamos dela o outro día na clase)http://www.cultigar.es/

27/11/09
MFR
Na páxina da consellería de medio rural / areas / forestal / silvicultura / material de reproducción; tedes o rexistro galego de materiais de base para a produción de planta forestal a empregar nas repoblacións. Ten un práctico buscador no que podedes entrar por: zonas de procedencia, especie, categoria MFR, tipo ou concello. Moi útil, antes toda esta información esta dispersa por un feixe de DOGs. Tamén inclúe unha aplicación informática de uso libre para a xestión do material forestal nos viveiros.
Falando da páxina de medio rural, xa o comentamos na clase, pero neste caso en areas / agricultura / horta / viveiros e sementes; é onde aparece a información e os formularios referentes a: declaracións de cultivos, solicitudes de inscripción no rexistro oficial de productores, comerciantes e importadores vexetais, solicitudes de expedición de pasaportes fitosanitarios, boletíns infomativos sobre pasaportes, etc....navegade, navegade.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)