Amosando publicacións coa etiqueta agricultura ecolóxica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta agricultura ecolóxica. Amosar todas as publicacións

14/03/14

Curso apicultura

Por sí é do voso interese: Curso apicultura abellalupa
Abella Lupa é unha Sociedade Agraria de Transformación (SAT) que nace cun dobre propósito: ser un proxecto destinado á produción ecolóxica de mel e á recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia.
Abella Lupa amais, aséntase nun modelo sustentábel que pretende xerar experiencias demostrativas sobre os beneficios da xestión do monte, a través da conservación da biodiversidade, implantándose en espazos naturais e utilizando a apicultura como exemplo.
Asemade, Abella Lupa, incorpora ao mundo da apicultura un enfoque multidisciplinar, grazas á súa experiencia e formación profesionais en ámbitos como a bioloxía, a xestión forestal, a ecoloxía e a educación ambiental.


04/11/13

AgroEcoloxía no Morrazo

Pode ser do voso interese (viveiristas ecolóxicos) asistir este martes 05-XI ás 20:00 horas no VARconV (Abelendo, Moaña) ao coloquio Agroecoloxía no Morrazo. "Poñendo os pes na terra".
Interveñen: Luz Gómez de Horta Agrelo. Bueu / Cristina Ambel do Viveiro Plantel Ecolóxico. Cangas / Carlos Malvido de Horta Ameixoeira. Moaña / Tareixa Carro de A Veigha do Palleiro. Vilaboa.

14/03/11

Tapas anti-herbas

colocación das tapas nas prácticas de transplante dos acivros este outono
Un dos handicap da produción de planta baixo preceptos da agricultura ecolóxica é non poder empregar herbicidas para o control das malas herbas. E que nós queda...ademáis da onmipresente limpeza manual*.
Ben, unha interesante alternativa no cultivo en envase é o uso de tapetes anti-herbas nas macetas. O funcionamento é ben sinxelo: ao igual cunha malla anti-herbas (que realmente é o que é) impide mecanicamente a xerminación. A efectividade real depende da axeitada colocación (cubrindo ben toda a superficie do envase), da fixación (cuns clips ou grampas) e do material/is da tapa. As tapas teñen que aguantar os ciclos seco-mollado sen acartonarse nen revirarse. Por suposto, o sustrato ten que estar libre de malas herbas antes da colocación das mesmas, porque se non xerminan igual e empurran a tapa cara enriba e...rinse das tapas e de nós.
E non nos podemos esquecer dun tema fundamental: O custe, e este, a día de hoxe, é alto (seguramente un viveiro mediano/grande conseguiría rebaixar notablemente os seguintes prezos).
ver orzamento tapetes anti-herbas

*a limpeza manual é sempre ecolóxica, ou depende de que o operario sexa tamén ecolóxico...je,je

01/03/11

Control biolóxico

As pragas e enfermidades tamén se poden combater dende un punto de vista biolóxico. Nos seguintes arquivos ou enlaces podedes atopar información sobre:
-Técnicas e productos empregados no control biolóxico de pragas
-Entomofauna útil
-Control natural de pragas e insecticidas de cuarta xeración (Algúns están admidos na agricultura ecolóxica: ver anexo II).
-Control biolóxico de enfermidades con micoorganismos
-ANEXO II Plaguicidas e productos fitosanitarios Regulamento (CE) nº 889/2008. Relación de fitosanitarios ecolóxicos permitidos na agricultura ecolóxica. Exclusións: neem, rotenona, aceites de inverno, polisulfuro de calcio

Loita biolóxica tradicional, neste caso sobre o zombi das leitugas
 








Conceptos:
Agricultura ecolóxica = biolóxica = orgánica
Agricultura biodinámica
Permacultura

Nota: Si vos vai máis a química :(  Taboa de fitosanitarios

24/02/11

A nova aldea

Froito deste primeiro ano como propagadores cuasi-ecolóxicos, do edu-emprende, das xornadas de cooperativismo...e da miña dispersión habitual (non necesariamente por esta orde); fálovos a miudo de temas transversais.

Pois mixturando: produción ecolóxica, emprendedores, cooperativismo e medio rural, aproveito para convidarvos a ver o documental A nova aldea  onde se amosan proxectos vinculados ao sector agrario, respectuosos co medio e localizados no rural, de aí o título. O noso rural precisa destas iniciativas, ou doutras, pero algo se ten que mover se non queremos que desapareza.

23/02/11

Agricultura ecolóxica

Estes días estivemos falando da agricultura ecolóxica. Como xa sabedes este xeito de produción está totalmente regulado e controlado.
O marco legal básico é o Regulamento CE (Consello europeo) Nº834/2007 sobre  producción i etiquetaxe de productos ecolóxicos, vixente dente o 2009 (sustitúe ao do 91). A este regulamento foronselle engadindo: Anexos,  Regulamentos da Comisión, etc...para coñecer a lexislación vixente da UE consultade a seguinte páxina da web ec.europa.eu

Antiguo e actual logotipo de certificación dos productos ecolóxicos na UE
Un principio fundamental na agricultura ecolóxica é o uso de sementes producidas tamén de xeito ecolóxico. Os estados membros manteñen unha base de datos web ca finalidade de facilitar a adquisición destas sementes. Os proveedores poden incluir nesta listaxe as sementes e patacas de sementeira de orixe ecolóxica dispoñibles. Base de datos sementes ecolóxicas.
 
Por outro lado temos os organismos de control, en Galicia é o CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). Na páxina web do Craega podemos atopar, entre outras cousas, a Normativa autonómica e as distintas Normas técnicas de produción ecolóxica.
Logotipo do CRAEGA (os demais consellos reguladores rexionais teñen o mesmo debuxo, cambia so o nome).