Amosando publicacións coa etiqueta desenvolmento sostible. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta desenvolmento sostible. Amosar todas as publicacións

14/03/14

Curso apicultura

Por sí é do voso interese: Curso apicultura abellalupa
Abella Lupa é unha Sociedade Agraria de Transformación (SAT) que nace cun dobre propósito: ser un proxecto destinado á produción ecolóxica de mel e á recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia.
Abella Lupa amais, aséntase nun modelo sustentábel que pretende xerar experiencias demostrativas sobre os beneficios da xestión do monte, a través da conservación da biodiversidade, implantándose en espazos naturais e utilizando a apicultura como exemplo.
Asemade, Abella Lupa, incorpora ao mundo da apicultura un enfoque multidisciplinar, grazas á súa experiencia e formación profesionais en ámbitos como a bioloxía, a xestión forestal, a ecoloxía e a educación ambiental.


13/03/14

A Certificación Forestal

A Certificación Forestal Voluntaria pode definirse como un instrumento que permite verificar que o manexo forestal cumpre con estándares de desempeño recoñecidos e aceptados internacionalmente. Estes estándares combinan principios e criterios internacionais desenvolvidos por entidades no gubernanetais (FSC, PEFC,...) con indicadores e verificadores locais e rexionais desenvolvidos por iniciativas nacionais destas entidades en cada país.

O obxectivo da certificación é asegurar aos consumidores que as súas compras de produtos forestais non contribúen a destrución e degradación dos bosques do mundo.

A certificación involucra dous aspectos:
Por un lado, a avaliación independente das operacións de manexo forestal, de acordo con estándares ecolóxicos, sociais e económicos específicos. Este primeiro aspecto inclúe a avaliación: da saúde do bosque, da viabilidade económica da operación e do impacto social das actividades do manexo forestal.
O segundo aspecto, chamado inspección da cadea de custodia, involucra a verificación do fluxo da madeira dende o bosque e a través dos procesos de transformación (serrado e manufactura) e de comercialización ata chegar ao consumidor, ca finalidade de garantir a súa procedencia dun bosque certificado.

Estes son os dous organismos máis importantes no eido da certificación forestal:

Forest Stewardship Council

Programme for the Endorsement of Forest Certification


Ver: Manual de boas prácticas en montes galegos con criterios de xestión forestal suntentable, da Asociación Galega Promotora da Certitificación forestal PEFC Galicia
Blog certificación forestal

25/09/12

Dous tomates dous destinos

Dous tomates, un transxénico e outro de campo, quedan nun bar despois de coñecerse a través dun chat en internet...humor manchego



11/02/10

Tree Woman

Wangari Muta Maathai é unha activista política e ecoloxista keniana. En 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz polas súas contribucións o desenvolvemento sostible, a democracia e a paz. É a primeira muller africana que recibe este galardón. Fundou o Movemento Cinturón Verde especie de lobby ecoloxista responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en Kenia para evita-la erosión do solo, e mellorar a calidade de vida das mulleres que o llevaban a cabo. Isto fixolle meceredora do alcume Tree Woman. Gran activista medioambiental, a prol das mulleres, da paz...valores, que eiqui en propagación infinta, compartimos e intentamos propagar.

Despois de varios anos infructuosos, estes días comezou a plantación* por parte dos compañeiros de 1º do arboreto do centro, parcela de silvicultura ou coma a queramos chamar...quizais: pequeno cinturón verde...xa sabedes: Pensa gobalmente e actúa localmente.

*O noso viveiro contribúe cuns estupendos capudres (Sorbus aucuparia) de 3 anos de semente, calibre 6-8 e uns 2 m, unhas aciñeiras (Quercus ilex) e sobreiras (Quercus suber) de 2 anos de semente procedente de Tras-os-Montes (Portugal).