Amosando publicacións coa etiqueta rega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rega. Amosar todas as publicacións

02/02/12

Captacións subterráneas de auga













TVG LABRANZA 29/01/12

1ª parte: PROMAGAL Asociación de produtores de madeira de Galicia.
2ª parte: Programa AQUAPLAN Manual de construcción e mantemento de captacións subterráneas de auga (pozos e traídas). Ollo: A lexislación actual obriga a rexistrar os pozos e a instalar un contador.











31/01/11

Intimidades dun filtro de malla autolimpante


Funcionamento:
Pola conexión de entrada, (1), entra a auga sen filtrar. Atravesa a malla grosa, (4), que fai de prefiltro. Despois atravesa a malla fina de aceiro inoxidable, (5), onde se realiza o filtrado, quedando na súa cara interior as partículas. Finalmente a auga filtrada sae limpa pola saída, (2).
A medida que o filtro vai retendo partículas, a diferencia de presións entre a entrada e a saída aumenta consecuencia da perda de carga interior. Cando esta diferencia de presións supera o valor preestablecido, normalmente 5 m.c.a., desencadéase o proceso de limpeza:
• Ábrese a válvula de drenaxe , (3).
• A presión no colector, (6), e nas boquillas, (7), descende, consecuencia da apertura do drenaxe.
• Créase un refluxo no entorno das boquillas, que arrastra ás partículas adheridas á malla de filtrado. A auga de lavado sae polo drenaxe de limpeza.
• Un motor, (8), que pode ser hidráulico ou eléctrico, encárgase de facer rotar o colector e tamén de desprazalo lonxitudinalmente, mediante un pistón, (9). Deste xeito as boquillas fan un varrido por toda a malla, para deixala limpa.

19/01/11

Montaxe rega localizada no viveiro

Neste albúm de fotos podedes ver parte do proceso de montaxe dun sector de rega por goteo no noso viveiro de formación.

Filtrado auga de rega

Na caseta que hai no frente balsa de rega (familiarmente a charca) esta situado o grupo de bombeo e o sistema de filtrado.

Antes: estaba constituido por un conxunto de filtro de area + filtro anelas (x2 para permitir o contralavado)

Agora: o filtrado corre a cargo dun moderno filtro de malla autolimpiante. Este tipo de filtros realiza a mesma función que os dous anteriores, con maior volume de filtrado, menos perdas de carga e menos mantemento. Ver orzamento.
Filtro de malla autolimpiante ELI modelo AF-202.
Tamén engadíuse unha bomba multicelular con variador de frecuencia (que permite variar a velocidade de xiro do motor axustándoa a demanda) para optimizar o funcionamento da rega e reducir o consumo eléctrico. Ver orzamento.
A frecha sinala un auto-purgador situado na parte alta da bomba, para dar saída ao posible aire acumulado na aspiración.

17/01/11

Tema rega


balsa de auga da'Granxa
Estes días estamos co tema da rega a voltas, pois ben aquí tedes unha pequena recopilación da información relativa ao mesmo:

elriego.com/información técnica nesta páxina podemos atopar unha morea de información ben estructurada e de fácil comprensión.
A rega dos viveiros.pdf en Web propagación_infinita. Onde trátanse temas relativos a:
Os tubos de rega / Os accesorios de rega / A rega dos viveiros / Programación das regas / Automatismos / Filtrado das augas / Cálculo das instalacións de rega / Fertilización coa auga de rega-Fertirrigación / Conservación e mantemento das instalacións de rega.
Manexo e mantemento de instalacións de rega localizada en Web propagación infinita. Editado pola Consejería de agricultura y agua da Comunidad de Murcia.
anexo da rega en envase.pdf en Web propagación_infinta. Relativo as particularidades da rega de planta en envase.
sectores viveiro formación.pdf tamén en Web propagación_infinita. Exemplo práctico do viveiro do CIFP A Granxa (sectores de formación de arbustos).
mellora do manexo da auga de rega, memoria do grupo de traballo celebrado no Centro no 2008
sistemas de rega para uso en viveiros, artigo do especial viveiros 2005 da revista Horticultura.
nutrición e rega nos viveiros, artigo do especial viveiros 2006 da revista Horticultura.
Regaber, páxina web dunha das empresas potentes en rega agrícola.

19/01/10

Xa que estamos coa rega

Velaí o parte do proceso de montaxe do sitema de rega no viveiro na zona de entitorado para planta grande (exemplares).
A separación dos goteiros na tubería portaemisores é de 120 cm, un máximo de 3,3 plantas/m lineal, pensado para unha maceta mímino de 4-5 L. Tamén montamos dúas liñas con goteiros a 60 cm (o dobre de densidade) para planta alta en maceta pequena (Arbutus unedo en M-2L)

Apuntes rega

Hi, propagadores o outro día na clase boteivos un speech sobre a rega en envase...improvisación que non ven nos apuntes, don´t worry (estou practicando o trilingüismo)...na páxina de apoio ao blog no apartado apuntes, podedes atopar dous novos documentos:
manexo da rega en envase, onde aparecen os conceptos que comentamos na clase, e o moi recomendable: A rega nos viveiros, parte do contido dun curso de rega impartido polo profesor Salvador Rouco, este pdf sintetiza prácticamente todo o que hai que saber.

24/11/09

Manexo da auga de rega no viveiro

Aquí tedes a memoria dun grupo de traballo sobre manexo da auga de rega composto por profesores do CIFP A Granxa e do IES Tomiño (do CM-Traballos forestais e conservación da natureza), que se celebrou na Granxa o ano 2008 coordinado polo compañeiro Salvador Rouco.