Amosando publicacións coa etiqueta sementes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sementes. Amosar todas as publicacións

26/11/13

Guía FAO sementes forestais


Guía para a manipulación de sementes forestais da FAO (*)
Si picades nesta enlace accededes ao índice da guía, e de aí os distitos capítulos no que está organizada.

(*) de Food and Agriculture Organization, é a Organización das Nacións Unidas (ONU) para a Agricultura e Alimentación. Creada no ano 1945, agrupa a 192 membros. O seu obxectivo supremo é axudar a conseguir un mundo sen fame e o seu lema é fiat panis (pan para todos).

13/11/13

Quercus macrocarpa

Unha das árbores máis singulares que temos no centro é este Quercus macrocarpa (*). O seu nome específico macrocarpa fai referencia aos seus grandes froitos: landras grosas cunha carapucha que a recobre case por completo.
As fotos son dun único froito colleito no ano 2010.
As follas tamén son moi caracterísicas: grandes e profundamente lobuladas.
(*) Este exemplar procede dunha semente traída do Jardí Botànic de la Universitat de València

04/10/11

Tratamentos pre-xerminativos

Na seguinte páxina aparece unha listaxe de especies cos seus correspondentes tratamentos prexerminativos para vencer o letargo.
http://bonsaiarteviviente.mi-web.es/board/germinacion-de-semillas-t4672.html

Un libro moi recomendable sobre sementes é: Semillas de árboles y arbustos forestales de Gabriel Catalán Bachiller. Colección técnica do ICONA. O problema é que está esgotado e non se volveu a reeditar.

13/02/11

Os lagartos de Cies contribuen á dispersion das sementes

Os lagartos ocelados incorporan á súa dieta froitos carnosos, de forma que van dispersando as sementes coas feces, sendo un excelente mecanismo de transporte debido á acción do dixestivo ao romper as cubertas das sementes.


Este video producido en Vigo gañou o premio do público da revista The Scientist.


27/10/10

A seca do amieiro

Un fungo está a eliminar os nosos amieiros (Alnus glutinosa) dun xeito fulminante. Seica trátase de Phytophthora alni un novo patóxeno que apareceu nos United of Kingdom alá polos 90. O tema é preocupante xa que o Alnus glutinosa é a máis importate das árbores riparias que forman os bosques de galería da Galiza.

Contra este tipo de enfermedades vasculares pouco se pode facer. Posiblemente a solución pase por buscar poblacións locais que presenten resistencia e reproducilas. Tamén pódense hibridar con outros Alnus, buscando formas resistentes e clonandoas; usandoas directamente ou ben como portaenxerto.

Novas de prensa (da Voz de Galicia) sobre o tema:
ver nova 06/09/09
ver nova 19/04/10
ver nova 25/10/10
O ameneiro propágase ben por sementes, ainda que emite moitos chupóns de raíz. Ten moitas raíces superficiais. Perde cedo a raiz principal e desenvolve numerosas raíces secundarias oblicuas e terciarias verticais profundas de forte ancoraxe, permitíndolle resistir as cheas dos ríos. En condicións de enchoupamento permanente produce raíces adventicias e moi ramificadas. Nas raíces superficiais ten nódulos fixadores de nitróxeno atmósferico (isto só o fan as leguminosas), asociado a bacteria Actinomycetes alni. O ameneiro necesita ter as súas raíces na auga, tolerando ben o enchoupamento permanente sempre que haxa renovación de auga (auga corrente, ligado os cursos de auga). Mod. de Wikipedia.

Hoxe: como práctica, e sinxela contribución o mantemento da especie, fixemos unha sementeira de outono (millor sería de primaveira, pero...bla, bla, bla) en bandexa de 84 alveolos para o seu posterior repicado a bandexa forestal ou a raiz núa. Esperemos ter máis éxito que o ano pasado onde as hepáticas afogaron a nascencia.

Algunhas fotos do proceso: