Relacionado con temas dos que estivemos falando na clase coma introdución ao viveirismo forestal (plans de repoboación, a propiedade do monte,...) é moi interesante ver esta reportaxe do programa A Labranza (que xunto co Luar é un clásico imprescindible para entender o país). Nunha primeira parte fala das axudas pro-fomento de primeira forestación de terras non agrarias, de recente publicación (
orde 177 DOG 17-09-2013), que presenta dúas novidades: unha liña específica para a plantación de castiñeiros para froito e a introdución da figura das SOFOR (Sociedades de Fomento Forestal). Nunha segunda parte fala da xestión que realizan os comuneiros do Forgoselo (na serra do mesmo nome, perto das Fragas do Eume) do seu monte comunal; que segue a ser comunal grazas ao esforzo e loita dos veciños, ao igual que en moitos outros montes galegos.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-26
http://www.crtvg.es/informativos/axudas-para-a-forestacion-de-terras-non-agrarias-669000
|
O Forgoselo |
Min Skog - Hedningarna
Tema Meus Bosques do grupo sueco Hedningarna
Ningún comentario:
Publicar un comentario