Amosando publicacións coa etiqueta arbores senlleiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arbores senlleiras. Amosar todas as publicacións

30/05/12

Exposición "Árbores Senlleiras" na Granxa

Ola propagadores/as; se estes días andades por Ponteareas podedesvos achegar a Granxa e ver a exposición: "ÁRBORES E FORMACIÓNS SENLLEIRAS DA GALIZA" aberta ao público ata o día 26 de xuño no salón do centro.

Proposta presentada dentro das actividades do EDNL do Centro co gallo da celebración do S. Cidre e do Día das Letras Galegas (*) e inagurada con tremenda churrascada, pretende achegarnos ao fascinante mundo das árbores que, por diversos motivos, teñen un alto grao de singularidade que os fai merescentes dunha figura de protección especial.
(*) pretendíase realizar o ano pasado, ano internacional dos bosques, pero non poido ser.

E o día 21 de xuño celebraremos, o III Festival de Xardíns Efémeros da Granxa. Cita obrigada.

08/10/10

Árbores senlleiras

O outro día, na clase, estivemos a falar das árbores PLUS, seleccionadas polas súas boas características fenotípicas para integarse nun programa de mellora vexetal. Outra cousa serían as árbores senlleiras, concepto que se refíre a aqueles exemplares de calquera especie que polas súas características extraordinarias son considerados reliquias botánicas, que teñen un valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico e ornamental superior. Para garanti-la conservación destas árbores no 2007 publicouse o DECRETO 67/2007, do CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS, no que se establecen as árbores e formacións singulares merecedoras dun ámbito especial de protección.

Facer un catálogo de árbores sobresaintes non é unha idea nova; o omnipresente enxeñeiro Rafael Areses xa seleccionou sete mágnificas árbores na provincia de Pontevedra. Entre elas destacaba o Piñeiro manso (Pinus pinea) de Areas*, que foi adquirido polo estado para protexelo pero por razóns de difícil comprensión foi apeado.

Esta é a unica foto que atopei, suficiente para facerse unha idea do seu extraordinario tamaño.

*Seica estaba en Tomiño. Inda que Areas pertence ao Concello de Tui.(?)

Para consolarnos temos o Piñeiro manso dos Candeiras**, no lugar do Castro - Ponteareas. Fai dous anos profesores e alumnos do CS-XORNP d'Granxa, en colaboración ca Consellería de MA, realizou labouras de poda e limpeza de ponlas mortas.

O ano pasado intentamos recoller semente, pero as poucas piñas que ten son inaccesibles.

**O Pino manso dos Candeiras está incluido no catálogo de árbores senlleiras da Galiza.