13/03/14

A Certificación Forestal

A Certificación Forestal Voluntaria pode definirse como un instrumento que permite verificar que o manexo forestal cumpre con estándares de desempeño recoñecidos e aceptados internacionalmente. Estes estándares combinan principios e criterios internacionais desenvolvidos por entidades no gubernanetais (FSC, PEFC,...) con indicadores e verificadores locais e rexionais desenvolvidos por iniciativas nacionais destas entidades en cada país.

O obxectivo da certificación é asegurar aos consumidores que as súas compras de produtos forestais non contribúen a destrución e degradación dos bosques do mundo.

A certificación involucra dous aspectos:
Por un lado, a avaliación independente das operacións de manexo forestal, de acordo con estándares ecolóxicos, sociais e económicos específicos. Este primeiro aspecto inclúe a avaliación: da saúde do bosque, da viabilidade económica da operación e do impacto social das actividades do manexo forestal.
O segundo aspecto, chamado inspección da cadea de custodia, involucra a verificación do fluxo da madeira dende o bosque e a través dos procesos de transformación (serrado e manufactura) e de comercialización ata chegar ao consumidor, ca finalidade de garantir a súa procedencia dun bosque certificado.

Estes son os dous organismos máis importantes no eido da certificación forestal:

Forest Stewardship Council

Programme for the Endorsement of Forest Certification


Ver: Manual de boas prácticas en montes galegos con criterios de xestión forestal suntentable, da Asociación Galega Promotora da Certitificación forestal PEFC Galicia
Blog certificación forestal

Ningún comentario:

Publicar un comentario