Amosando publicacións coa etiqueta planta viveiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta planta viveiro. Amosar todas as publicacións

14/04/11

Venda de planta de viveiro

Para aqueles ex/alumnos/as interesados en adquirir planta do viveiro do centro: As vendas teran lugar os venres de 10:30 a 11:15 da mañá. Para máis información sobre especies, cantidades e prezos...preghuntade oh!

Enxertos de Prunus serrulata

Ola propagadores...hai alghén aí?
Para a vosa información; xa prenderon os enxertos que fixéstedes de Prunus serrulata (cerdeira de flor) sobre P. avium.

 
Enxerto tipo inglés, casi cicatrizado.

31/03/11

Planta 1 ano

Estas fotos correspóndense cas plantas obtidas nas prácticas de esgallado de 2009, que no momento da foto tiñan exactamente 11 meses. Xa pasaran por un repicado a maceta de 10,5 e dúas podas.



As podas de formación son fundamentais, é canto antes se empece moito millor. As seguintes fotos son da operación de poda do lote de Coprosma x kirkii


Operacións de cultivo realizadas:
Esgallado: novembro/09
Repicado e 1º Poda: febreiro/10
2º Poda: xuño/10
3º Poda: outubro/10

Entradas do blog relacioadas:
Práctica esgallado
Coprosma x kirkii

25/03/11

Esgallado de Buxo

Como complemento á entrada de Breo, estás son as fotos da labor de esgallado (04/11/2010) do lote de Buxus sempervirens que transplantastedes. A porcentaxe de enraizamento rondou o 75%.

23/03/11

LABORES DE TRANSPLANTE

Velaiquí a brilante labor duns grandes profesionais...



Esta é a estaquiña enraizada dun buxo, "xenero-samente" regada.




Mesturando abono no substrato. Trátase dun fertilizante de liberación controlada 8-9 meses cun contenido en nitróxeno do 11%.












Preparación das macetas. Son envases de 9,5
Introducimos a estaquiña enraizada no envase...


...e as colocamos en bandexas.
Logo as colocamos no "carry"...
...e as transportamos ao viveiro de engorde.

Por último, a recompensa a tan "laborioso traballo"...
...comida no Imperio, en Ponteareas.

20/12/10

Poinsetia

Xa está eiquí o nadal e con el todo un clásico destas datas a Poinsetia ou flor de Pascua.
O seguinte video (A Labranza 06-09-2009) falavós da producción desta planta no viveiro VIVERGAL en San Sadurniño.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Este viveiro organiza INFOTEC: unhas xornadas técnicas orientadas a viveiristas profesionais, onde trátanse temas de actualidade e novidades do esixente mercado da planta de temporada e interior.

29/11/10

Poda acivro

O acivro é unha planta moi interesante tanto a nivel ornamental; moi empregada nos xardíns e tamén como motivo decorativo no nadal (o que casi a leva a desaparición e actualmente é unha especie protexida) como a nivel mediambiental, proporcionando acubillo e alimento a faúna silvestre nos meses de inverno.

En concreto imos a tratar o tema da poda das distintas especies de Ilex, que temos no viveiro: Ilex aquifolium, I. aquifolium "Argentomarginata", I. aquifolium "Aureomarginata", I. aquifolium "Alaska", Ilex x meserveae "Blue Angel", I. crenata "Blue Hedge", I. crenata "Convexa"

Neste álbum podemos ver o proceso de poda de planta de Ilex aquifolium en bola baixa (o ano pasado) e alta.

Neste outro álbum imos ver distintas podas de formación (Salvador Rouco as the special guest pruner) en distintos acivros: Ilex aquifolium Alaska en bola, Ilex crenata Green Hedge en pirámide e Ilex crenata Convexa en bola e en macrobonsai.

24/11/10

Poda érbedos

Seguimos cos érbedos...velaí tedes os resultados da poda de fai dous meses. Responderon moi ben, e por cada corte optemos un alto número de rebrotes.


03/11/10

Arbutus unedo

O noso érbedo vaisenos...

Nestes momentos é a árbore máis vella do centro, cuns 100 anos?. No 99, cando cheguei eu, estaba feito un chaval. Nun temporal rompeuse un dos brazos (1/3 da árbore) e a partires de aí xa empezou a ir a menos. Mágoa

Estas poucas follas e un froito é o que queda a día de hoxe.
Pois aí onde o vedes este Arbutus unedo (érbedo, moroteiro, albedro) e a planta-nai dos que estan agora no viveiro (lote AU1-08), que foron feitos de semente en outubro do 2008.

Nesta serie de imaxes pódese seguir o seu proceso de cultivo para a obtención de planta de Arbutus formada en bola baixa e en bola alta.

27/10/10

A seca do amieiro

Un fungo está a eliminar os nosos amieiros (Alnus glutinosa) dun xeito fulminante. Seica trátase de Phytophthora alni un novo patóxeno que apareceu nos United of Kingdom alá polos 90. O tema é preocupante xa que o Alnus glutinosa é a máis importate das árbores riparias que forman os bosques de galería da Galiza.

Contra este tipo de enfermedades vasculares pouco se pode facer. Posiblemente a solución pase por buscar poblacións locais que presenten resistencia e reproducilas. Tamén pódense hibridar con outros Alnus, buscando formas resistentes e clonandoas; usandoas directamente ou ben como portaenxerto.

Novas de prensa (da Voz de Galicia) sobre o tema:
ver nova 06/09/09
ver nova 19/04/10
ver nova 25/10/10
O ameneiro propágase ben por sementes, ainda que emite moitos chupóns de raíz. Ten moitas raíces superficiais. Perde cedo a raiz principal e desenvolve numerosas raíces secundarias oblicuas e terciarias verticais profundas de forte ancoraxe, permitíndolle resistir as cheas dos ríos. En condicións de enchoupamento permanente produce raíces adventicias e moi ramificadas. Nas raíces superficiais ten nódulos fixadores de nitróxeno atmósferico (isto só o fan as leguminosas), asociado a bacteria Actinomycetes alni. O ameneiro necesita ter as súas raíces na auga, tolerando ben o enchoupamento permanente sempre que haxa renovación de auga (auga corrente, ligado os cursos de auga). Mod. de Wikipedia.

Hoxe: como práctica, e sinxela contribución o mantemento da especie, fixemos unha sementeira de outono (millor sería de primaveira, pero...bla, bla, bla) en bandexa de 84 alveolos para o seu posterior repicado a bandexa forestal ou a raiz núa. Esperemos ter máis éxito que o ano pasado onde as hepáticas afogaron a nascencia.

Algunhas fotos do proceso:

15/10/10

Coprosma x kirkii

Ben, nesta entrada imos seguirlle a pista (léase poceso productivo) aos Coprosma x kirkii esgallados en novembro do ano pasado polos vosos compañeiros (Lote CK1-09).

Velaí a seguinte serie de fotos comentadas deste proceso ata día de hoxe:



P.S. Se queres ver as imaxes do proceso de esgallado preme eiquí.

30/09/10

Disposición da planta en M-2

O outro día dubidábades de como colocar os érbedos (Arbutus unedo) no viveiro. Como unha imaxe seica vale máis que mil palabras, velaí:


Disposición da planta en M-2L, o que equivale a unha densidade de 13 plantas/m2
Tedes máis información sobre este tema na web de apoio ao blog/apuntes/sectores viveiro formación.pdf

PD. As plantiñas da foto non son érbedos senon Ilex crenata "Convexa", moi apreciada para borduras, topiaria, bonsais,...

20/01/10

Danos por xiada

Ao Callistemum citrinum non lle gusta o frío (-2,2ºC o 09/01/10) , e quedou un pouco "queimado". Loxicamente aos brotes tenros son os que peor lles vai...Reqüiéscat In Pace

12/01/10

Práctica de esgallado

Sen tempo non era!...velaí a reportaxe fotográfica da práctica de esgallado semileñoso do 11-XI-09.
Empregamos bandexas dun só uso (poliestireno extruido), de 84 alveolos (7x12), abreviando B-84; substrato hortícola Tref V3 (turba negra e perlita) e hormona AIB 0,4%

08/12/09

Nyssa sylvatica

Nome botánico: Nyssa sylvatica
Nome común; Nisa, Tupelo
Zona procedencia semente: dun exemplar da A Granxa. Ponteareas
Data recollida semente: X-2oo7
Sementeira: X-2007 (separación da semente do froito por maceración)
Operacións de cultivo:
1º trasplante: IV-2008/M-1,3L
2º transplante: IV-2009 /M-5L
Entitorado: XI-2009
Nºplantas en viveiro: aprox 90 uds
Ubicación en viveiro: sector 1 - liña 8
Ref: Nyssa sylvatica / M-5L / 3 anos

02/12/09

enmacetando

Presente: Velaí o resultado da práctica enmacetado de Juniperus squamata "Blue carpet". Pasamos de godet (maceta cadrada) de 0,5 L a M-2 L.
Pasado: Estes Juniperus teñen agora 2 anos, foron estaquillados no outono de fai dous anos en B-84 (bandexas de 7x12 alveolos) e transplantados a godet o pasado inverno.
Futuro: Nunha das fotos vemos outro xa con 3 anos en M-4 L (planta feita).

28/11/09

Oliveiras do viveiro

Nome botánico: Olea europaea
Nome común: Oliveira
Zona procedencia semente: Mogadouro. Portugal (no Alto Trás-os-Montes, moi perto do Parque Natural Douro Internacional).
Data recollida semente: 03/11/2007
Sementeira: 14-11-2007 (sen tratamento)
Operacións de cultivo:
-1º transplante: X-2008 / M-2L + entitorado
-2º transplante: XI-2009 / M-5 L + novo atado entitorado
Nºplantas en viveiro: 32 uds
Ubicación en viveiro: sector 1 - liña 7
Ref: Olea europaea / M-5 L / 2 anos