Amosando publicacións coa etiqueta mecanización do viveiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mecanización do viveiro. Amosar todas as publicacións

15/03/11

AssiDomän

Fotos do viveiro forestal sueco AssiDomän *. Este viveiro de planta en envase caracterízase pola calidade da planta, cun proceso productivo moi mecanizado.

O máis destacable deste viveiro é un moderno sistema de almacenaxe/distribución da planta. O cultivo das plantas faise en bandexas forestais, pero se comercializan en cepellón. De xeito que ao final do cultivo as plantas extraense dos alveolos e empaquétanse en caixas de cartón que se almacenan de xeito robotizado nun local climatizado. A comercialización das plantas en caixas ten moitas ventaxas no transporte da mesma é evita sacar as bandexas forestais do viveiro (sen gastos nen perdas e roturas na devolución).



Outro detalle a destacar é a calidade dos envases empregados, tan importante coma a elección dun bo material xenético, para a producción de planta forestal de calidade. No axeitado deseño dunha bandexa forestal interveñen moitos parámetros: volumen, superficie, altura, forma, nervaduras, acanaladuras, aberturas, soportes,...o material tamén é importante: normalmente de plástico ríxido que permitan varios usos sen romperse nin astelarse.

Bandexa forestal de estudiado deseño para conseguir a máxima calidade do sistema radicular (Universid​ade de Upsala. Suecia)

*Viaxe ano 2001 dentro do programa Leonardo con Upsala. Suecia.

02/02/11

Poda mediante plataforma elevadora

Este é o video do que os falara; nel amósase a utilidade potencial das plataformas elevadoras para realizar podas en altura sobre unha masa ou plantación de árbores. Por suposto empregando unha tixeira de aire comprimido, xa de mecanizar...so falta facela teledirixida.
Advertencia: a música do video é infame...mellor sen volume


Se queredes ver outro modelo máis adaptado á fruticultura
http://www.youtube.com/watch?v=qfvnK3qVmI4

09/02/10

Lavadora de macetas

Como estamos a ver estes días unha das esixencias da comercialización de planta é que o envase ou maceta ten que ir limpo, limpísimo*. Únicamente quedarían libres deste requisito as plantas que van directamente para obra.
Pois así como a lavadora tivo unha infuencia decisiva na liberación da escravitude das tarefas domésticas, o lavamacetas pode selo no ambito da comercialización de plantas, el frotar se va acabar, un antes e un despois. A necesidade fai o órgano que dirían os Lamarquistas...e un empresario Tomiñes patenta a PV Lavaplant, unha lavadora de macetas cun rendimento de ata 2000 envases/hora. Hai tedes un enlace cun artículo (10/04/08) da Voz de Galicia.es onde fala do asunto.
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/04/10/0003_6720127.htm

*Outra opción é cambiarlles a maceta sucia por outra nova, pero non resulta, xa que logo cando o cliente colle a planta no garden cáeselle e queda co cepellón ao aire...ahhh **!!!*??!, que diría Angela.

27/01/10

Podadoras ou despuntadoras automáticas

Este video fixémolo no Viveiro Baixo Miño (VBMplants) o 21/05/09 nunha visita formativa conxunta de alumnos/as do ciclo de xardinaría e dun curso f. ocupacional tamén de xardinaría; visita organizada pola compañeira Imna Rodríguez (eu ía de guest appearance), e nel pódese ver unha máquina ou robot podador de planta en maceta en acción. En concreto trátase do modelo RAP XRL da casa italiana TEA Project . Esta máquina esta pensada para facer formas redondeadas, as máis comúns, sen ningún tipo de discriminación dos brotes a podar. O principio de funcionamento é moi simple, como na maioria das máquinas agrícolas, pero para que funcionen, na práctica, teñen que ser robustas, fiables, fácilmente regulables, con asistencia técnica,...e a poder ser non moi caras. Non vos preocupedes os amantes do traballo manual, aínda existen moitas tarefas de difícil mecanización...afortunadamente?
P.D. Creo? que exite un modelo galego, pero eu nunca a vin.

Spuntatrici automatiche per piante in vaso modello RAP XRL ata 1.100 plantas/hora de rendemento máximo.


01/12/09

Transplantadora Orvisahouse

Proceso de encepellonado con transplantadora no viveiro orvisahouse (Teo-Santiago): Creación do cepellón coa transplantadora, primeira envoltura con tela de rafia de yute (ou otra fibra vexetal) e segunda envoltura con grella de arame recocido (fácilmente degradable no terreo). As árbores poden quedar no terreo, no propio burato, a espera do transporte ao lugar de plantación, ou ben ser contenerizadas (transplantadas a un contedor); de xeito que se favorece a súa comercialización (período máis amplio de comercialización, exposición no garden, mellor aspecto,...). As fotos son dunha viaxe formativa da Granxa de fai uns dez anos...xa choveu, e chove.

http://www.orvisahouse.com/

17/11/09

"Pídoma"

Como podemos vivir sin esta marabilla. Seguro que o transplante do Callistemun do ano pasado con esta Dyna-Diggr Powell Shovel (podémola chamar super-laia) era cousa de nenos.

A toda máquina

Mirade o proceso de extracción de planta forestal (piceas ou abies) deste viveiro forestal de Yorkshise cunha máquina deseñada para tal fin.