11/03/14

A nova ordenación e xestión forestal


A Lei de montes (Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia) establece que a partir do ano 2019 non se permitirán aproveitamentos -incluídas cortas de madeira para uso comercial- a aqueles propietarios que non posúan un instrumento de ordenación ou xestión forestal. E en previsión a este requirimento a Xunta ven de anunciar a publicación da futura normativa (decreto) que vai a regular estes instrumentos, do que podemos destacar:

*Dende o punto da ordenación; estableceranse tres niveis:
-Superficie maior as 25 hectáreas: estes montes deberán dotarse dun proxecto de ordenación (PO).
-Superficie é igual ou inferior ás 25 hectáreas: os propietarios ou xestores deberán presentar un documento simple de xestión (DSX) ou un documento compartido de xestión (DCX) cunha pluralidade de propietarios que queiran xestionar de forma conxunta o seu monte.
-Superficie igual ou inferior ás 15 hectáreas: poderán optar por un documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal xenéricos (MS) (segundo documento da Consellería do Medio Rural).

*A nivel económico: todos aqueles propietarios ou xestores que queiran optar a axudas públicas no período 2014-2020 deberán dotarse destes instrumentos. De igual xeito, aqueles propietarios que dispoñan destes instrumentos poderán acollerse a dous beneficios fiscais, quedando exentos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e do cómputo como ingreso na base do IRPF dos importes das subvencións públicas concedidas.

*No tocante ás facilidades administrativas: os propietarios que teñan estes instrumentos non necesitarán de ningunha autorización da Xunta para realizar as actuacións planificadas, e só deberán notificalas.

*E a nivel comercial, cómpre subliñar que a aplicación desta norma facilitará aos propietarios forestais poder acadar o certificado de xestión forestal sostible, por calquera dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos.

Ver borrador decreto instrucións xerais da ordenación de montes en galicia
http://www.crtvg.es/informativos/repasamos-as-principais-novidades-da-lei-de-montes-399919

Ningún comentario:

Publicar un comentario