Ola propagadores/as; se estes días andades por Ponteareas podedesvos achegar a Granxa e ver a exposición: "ÁRBORES E FORMACIÓNS SENLLEIRAS DA GALIZA" aberta ao público ata o día 26 de xuño no salón do centro.
Proposta presentada dentro das actividades do EDNL do Centro co gallo da celebración do S. Cidre e do Día das Letras Galegas (*) e inagurada con tremenda churrascada, pretende achegarnos ao fascinante mundo das árbores que, por
diversos motivos, teñen un alto grao de singularidade que os fai
merescentes dunha figura de protección especial.
(*) pretendíase realizar o ano pasado, ano internacional dos bosques, pero non poido ser.
E o día 21 de xuño celebraremos, o III Festival de Xardíns Efémeros da Granxa. Cita obrigada.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario