Amosando publicacións coa etiqueta sanidade vexetal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sanidade vexetal. Amosar todas as publicacións

30/10/13

Sanidade do material de reprodución

Hoxe tiñamos a intención de reproducir Buxus sempervirens por esgallado semileñoso. As plantas nai (as que suministran o material de partida) serían os buxos "da charca"...pero, sorpresa!!, as follas estaban infestadas polas características pústulas causadas polo fungo Puccinia buxi, comunmente coñecido como roia do buxo (*). Inda que recollemos algún material, para ver si podiamos aproveitar algo, ao final tivemos que tirar con todo, e teremos que buscar outra/s planta/s nai.
Lección de hoxe: "Na produción de planta é moi importante partir dun material de reprodución en  boas (óptimas) condicións sanitarias". Si reproducimos exemplares enfermos contribuimos a extender os problemas fitosanitarios polo país e polo mundo (outro día falaremos do pasaporte fitosanitario).
---
Ollo con Cylindrocladium buxicola, fungo de reciente aparición que ataca especialmente a Buxus sempervirens cv. Suffruticosa (o buxo anano e de folla redondeada) que está afectando a algúns sebes, como é o caso do labirinto de buxo do Pazo de Castrelos en Vigo. É un patóxeno foliar que pode levar a defoliación case total das plantas, antes, aparecen manchas de cor aceitoso nas follas, así como liñas negras lonxitudinais nos talos). O problema engadido, é que na actualidade non se coñecen funxicidas realmente eficaces para o seu control.
 ---
(*) As follas do buxo tamen poden presentar abultamentos como os da foto, pero neste caso traríase das larvas do mosquito do buxo, Monarthropalpus buxi, que van comendo as follas por dentro.

29/10/13

Charaxes jasius

A vizosa eiruga que vimos hoxe nos érbedos non estaba alí por casualidade xa que é unha Charaxes jasius (familia Nymphalidae) a eiruga da expectacular bolboreta do érbedo (albedro, moroteiro). Non é frecuente en galicia, xa que é unha especie mediterránea.
Pica neste enlace se queres saber de que vai o proxecto "Un bosque para unha bolboreta" de ANABAM  http://propagacioninfinita.blogspot.com.es/2010/11/boas.html

Deixando o romanticismo a un lado (somos rudos viveiristas) si houbera moitas (eirugas) poden chegar a ser unha praga para os érbedos, dos que se alimentan en exclusiva.

03/10/13

Orgyia antiqua

A eiruga da bolboreta Orgyia antiqua (familia das Limantriidae) aliméntase dunha gran variedade de árbores de folla ancha e arbustos (polífaga), e pode chegar a ser unha praga (menor) en bosques e xardíns.

A esta da foto atopámola o outro día no viveiro; pero polo escaso número e voracidade non é necesario aplicar ningún tratamento para controlala.
Tamén atopamos no substrato oníscideos (cochinillas da humidade) e miriápodos (cempés, milpés,...), son insectos que viven en lugares húmidos e escuros; a maioría comen restos vexetais e outros insectos mortos (pola contra os cempés son depredadores). Non constitúen un problema no viveiro.

04/11/11

Habemus manipulador-aplicador vernáculo

Sen tempo non era; xa non necesitamos empregar os manuais doutras comunidades. Na páxina da Consellería de medio rural podedes visualizar (non o deixan baixar coma PDF??) a nosa: Manipulador-Aplicador de productos fitosanitarios. Nivel Básico

A espera valeu a pena; está ben feita e responde aos aspectos prácticos. Moi recomendable.
Resumo:
Manual didáctico para agricultores, persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias, e outras entidades que se dediquen á aplicación e manexo de produtos fitosanitarios. Este libro axústase ao contido do programa establecido no anexo II da Orde PRE/2922/2005.


Tamén está dispoñible, neste formato mirame pero non me toques o Manual de Prevención de riscos laborais no agro galego
Resumo:
Manual de consulta para que os traballadores do agro galego poidan empregar no desempeño das súas funcións e avaliar os riscos e o desenvolvemento da actividade preventiva segundo o artigo 35 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.


Hai outras publicacións interesantes de moi diversos temas. http://mediorural.xunta.es/institucional/publicacions/

01/03/11

Control biolóxico

As pragas e enfermidades tamén se poden combater dende un punto de vista biolóxico. Nos seguintes arquivos ou enlaces podedes atopar información sobre:
-Técnicas e productos empregados no control biolóxico de pragas
-Entomofauna útil
-Control natural de pragas e insecticidas de cuarta xeración (Algúns están admidos na agricultura ecolóxica: ver anexo II).
-Control biolóxico de enfermidades con micoorganismos
-ANEXO II Plaguicidas e productos fitosanitarios Regulamento (CE) nº 889/2008. Relación de fitosanitarios ecolóxicos permitidos na agricultura ecolóxica. Exclusións: neem, rotenona, aceites de inverno, polisulfuro de calcio

Loita biolóxica tradicional, neste caso sobre o zombi das leitugas
 








Conceptos:
Agricultura ecolóxica = biolóxica = orgánica
Agricultura biodinámica
Permacultura

Nota: Si vos vai máis a química :(  Taboa de fitosanitarios

02/12/10

Castanea sativa resistentes a tinta

Para loitar contra Phytophthora cinnamoni, ademáis de empregar híbridos resistentes coma portainxertos ou productores directos, existe outra posibilidade: buscar individuos, entre a diversidade xenética existente (que en Galicia é moita), que presenten unha resistencia natural ao fungo, testalos e clonalos para a súa reproducción. Este proceso ten unha ventaxa moi grande, que é: aproveitar a adaptación natural que presenta C. sativa ao clima do país, e a súa mellor calidade de froito e madeira.

No seguinte video podemos ver unha interesante reportaxe (TVG A Labranza 24-01-10) sobre este proxecto que se esta a levar a cabo no viveiro de Tragsa en Maceda (OU). Si todo vai ben dentro de pouco podería empezar a comercializarse material cualificado procedente deste proceso.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

30/11/10

Nemátodo do piñeiro

Como era de esperar xa temos eiquí ao Bursaphelenchus xylophilus, un nemátodo ou verme cilíndrico de menos de 1 mm de lonxitude (inapreciável a vista) que se desenvolve no interior da madeira...cuidadito, é o causante da enfermidade da seca do piñeiro (Pine Wilt Disease). No seu lugar de orixe, Norteamérica, non causa danos importantes, pero nos paises onde se introducíu causa a morte das árbores infectadas poidendo acadar niveis epidémicos de tal magnitude que se considera o pátoxeno do piñeiro máis perigoso a escala mundial. Para propagarse dunha árbore a outra necesita dun vector, que neste caso é un escarabello cerambícido común o Monochamus galloprovincialis (perforador da madeira). Este insecto apenas percorre uns centos de metros en cada vó, non desplazándose máis alá de 3 km na súa vida adulta. Trátase dunha transmisión a curta distancia...pero aí entramos os humáns e a globalización...o maior perigo son os movementos comerciais da madeira afectada (condicións de movemento).

Deixovós uns enlaces con noticias relacionadas:
TVG Labranza 09-08-09
Faro de Vigo 28-11-10_1
Faro de Vigo 28-11-10_2
Faro de Vigo 27-11-10
Resolución do 17 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.

28/11/10

Organismo misterioso

Acabouse o misterio...o "it" que apareceu o ano pasado nos plantóns de Quercus robur e este ano en Pinus radiata é un fungo chamado: Thelephora terrestris. Pero que non cunda o pánico; pois trátase dun fungo micorrizicico (do tipo ectomicorriza). É un fungo que pode aparecer espontaneamente nos viveiros xa que gosta de vivir na turba. E moito máis frecuente atopala asociada a coníferas que a frondosas.

Nestes enlaces foto 1 , foto 2 da páxina http://www.forestryimages.org/ podedes ver unhas fotos de planta de viveiro micorrizada con este fungo. E neste outro un artículo sobre os beneficios e aplicación práctica das micorrizas en viveiros forestais

Corpo fructifero de Thelephora terrestris

 

24/11/10

Mancha foliar do érbedo

Hoxe, no viveiro, víamos unhas manchas necróticas nas follas (necrotic leaf spot disease, se vades por aí fora) dos érbedos, e faleivós dunha enfermidade endémica desta especie causada polo fungo Septoria unedosis var. vellanensis, coñecida vulgarmente mancha foliar dos érbedos.

manchas foliares por Septoria unedosis

Pero pensandoo ven non mo parece. As manchas por Septoria caracterízanse por presentar un centro seco de cor grisenta rodeado dunha aureola de cor púrpura. Estas necrosis son máis grandes e de cor marrón escura. Posiblemente Pestalotiopsis maculans que tamén é unha mancha foliar, pero cunha dieta máis variada: Arbutus, Rhododendron (outra ericaceae), Ilex, Camellia.


follas de érbedo recollidas no viveiro con mancha foliar por Pestalotiopsis maculans



O control destes fungos é complicado...responden mal os funxicidas. Septoria é un problema menor e Pestalotiopsis produce unha reducción do crecemento e un dano ornamental máis notable (ningunha das dúas é mortal). O control (fundamentalmente preventivo) pasa por combinar funxicidas sistémicos de amplo espectro (en primaveira e outono), ca retirada das follas máis atacadas e o control das condicións ambientais: maior aireación (menor densidade de cultivo) e reducir a humidade foliar (non regar por aspersión, que ademáis dispersa as esporas).

04/11/10

Cogumelo misterioso

O cogumelo que me ensináchedes o outro día which I didn´t know... pois ben consulteino co compañeiro/experto Tito Davila (un dos profesores que vai ir con vós a saída do vindeiro luns) e resultou ser un Phaeolus schweinitzii. Non é moi común, pero matón. Esta especie parasita coníferas (especialmente piñeiro) causando unha podremia parda da raíz e base do tronco (butt rot fungus), rematando coa morte da árbore (despois segue presente comportándose como saprófita)...Pois a este paso quedámonos sen árbores vellas na Granxa.

Foto do corpo fructífero na base do Pinus pinaster

Un corte do carpóforo. Oxídase rápidamente.

Este fungo podrece o duramen da base da árbore; afectando seriamente a súa estabilidade. Así que xa sabedes...non aparquedes debaixo deste piñeiro!!

Curiosidade: Non todo son problemas; seica emprégase para tinguir lá.

Figure 8. Various colors of dyed wool associated withPhaeolus schweinitzii and a number of different mordants.The wool color sample was provided by Gail Blakely.Photo © Gary Emberger.

27/10/10

A seca do amieiro

Un fungo está a eliminar os nosos amieiros (Alnus glutinosa) dun xeito fulminante. Seica trátase de Phytophthora alni un novo patóxeno que apareceu nos United of Kingdom alá polos 90. O tema é preocupante xa que o Alnus glutinosa é a máis importate das árbores riparias que forman os bosques de galería da Galiza.

Contra este tipo de enfermedades vasculares pouco se pode facer. Posiblemente a solución pase por buscar poblacións locais que presenten resistencia e reproducilas. Tamén pódense hibridar con outros Alnus, buscando formas resistentes e clonandoas; usandoas directamente ou ben como portaenxerto.

Novas de prensa (da Voz de Galicia) sobre o tema:
ver nova 06/09/09
ver nova 19/04/10
ver nova 25/10/10
O ameneiro propágase ben por sementes, ainda que emite moitos chupóns de raíz. Ten moitas raíces superficiais. Perde cedo a raiz principal e desenvolve numerosas raíces secundarias oblicuas e terciarias verticais profundas de forte ancoraxe, permitíndolle resistir as cheas dos ríos. En condicións de enchoupamento permanente produce raíces adventicias e moi ramificadas. Nas raíces superficiais ten nódulos fixadores de nitróxeno atmósferico (isto só o fan as leguminosas), asociado a bacteria Actinomycetes alni. O ameneiro necesita ter as súas raíces na auga, tolerando ben o enchoupamento permanente sempre que haxa renovación de auga (auga corrente, ligado os cursos de auga). Mod. de Wikipedia.

Hoxe: como práctica, e sinxela contribución o mantemento da especie, fixemos unha sementeira de outono (millor sería de primaveira, pero...bla, bla, bla) en bandexa de 84 alveolos para o seu posterior repicado a bandexa forestal ou a raiz núa. Esperemos ter máis éxito que o ano pasado onde as hepáticas afogaron a nascencia.

Algunhas fotos do proceso:

22/01/10

mosca da humidade

Hoxe Laura dD, que ten bó ollo para detectar todo tipo de bichería, veu unhas larvas pululando polo substrato húmido (por non dicir enchoupado) do invernadoiro nº5 , despóis fixándonos ben había unha chea delas...e tamén unhas mosquiñas moi pequenas. As fotos son malas, pero trátase da "mosca da humidade" (este ano estarán felices).
Familia: Sciaridae
Corpo: parecese a un mosquito
Tamaño: 2-4 mm
Ás: grises, con veas en forma de Y
Antenas: largas, parecidas a un colar
Larvas: delgadas, cunha cabeza pequena
Non constitúe un problema moi gordo, pero ollo as larvas comen raiciñas e micelio, e se non se controlan poden chegan a causar danos considerables, ademáis de favorecer a infección (vectores) por parte de posibles fungos patóxenos presentes no substrato.
Control químico: responden ben os insecticidas comúns (morren) tanto as larvas como os adultos, pero os adultos poden agacharse polos recunchos do invernadoiro...je, je, pero podemos poñer trampas cromáticas para capturalos.

Para saber máis, podedes consultar a "biblia" para la producción de especies forestales en contenedor vol. 5 cap.1 (non sei si vos falei deste manual na clase), picades no enlace e logo facedes unha busqueda dentro do PDF por Sciaridae.

01/12/09

Biodivesidade

Imaxinade unha carballeira...

....si xa sei que son as bandexas de carballos das que estabamos a falar, pero nelas tamén hai moita biodiversidade, como nun sotobosque, e se non mirade:

Temos Lacaria laccata e Clitocyde cerussata, que son micorrízicas; a que se está xantando o caracol é moi pequena para identificala. Noutra imaxe vemos unha hepática e un Oxalis (como viveiristas: malas herbas, non debían estár), e tamén o OTNI (organismo todavía non identificado).

29/11/09

E tí quen ves sendo?

En algúns carballos (Q. robrur) en bandexa do lote QR01/98 que seleccionamos (nunha práctica) por criterios de calidade de planta (aprox 500 uds), apareceu un non sei que é ; todavía sen identificar (admítese axuda). No caso que fora un fungo patóxeno vainos a obrigar a destruir o lote (queimalo)....snif, snif.
Pero altes de facer algo irreparable...reflexionemos. As evidencias son as seguintes: parécese moito a unha hepática ou a un lique folioso. Non se aprecian danos na planta; nin exteriores, desposis de retirar a envoltura (o que se fai sen dificultade, non está adherida), nin interiores, para comprobalo cortamos dúas plantas e non se aprecia necrose algunha....moi malo non parece.

http://www.webplantas.com/n-plantas-no-vasculares-criptogama.html

17/11/09

Árbore do Neen

O neen, nin, nimba,....para que están os nomes botánicos: a Azadirachta indica é o árbore do que se extrae o aceite de neen un potente insecticida biolóxico. Parece ser que temos unha planta no centro???...o descoñezo. O que si temos é Melia azedarach, árbore da mesma familia (meliaceas) e que tamen ten propiedades insecticidas (os froitos presentan unha alta toxicidade).
Para saber máis vos pego o enlace de wikipedia.
http://es.wikipedia.org/wiki/Azadirachta_indica