Amosando publicacións coa etiqueta viveiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta viveiros. Amosar todas as publicacións

28/01/14

CULTIGAR

CULTIGAR (Brión, Santiago de Compostela) é un laboratorio de biotecnoloxía vexetal adicado á investigación e desenvolvemento tecnolóxico no eido da produción, cultivo e calidade sanitaria de planta ornamental e forestal de alto valor económico. 

Na seguinte enlace ao programa A Labranza (03-03-2013) podemos ver unha reportaxe sobre esta empresa (pertencente a Fundación Paidea). Unha das técnicas empregadas para a multiplicación do material vexetal é a micropropagación por cultivo in vitro, que consiste na propagación de novas plantas a partir do cultivo de pequenas porcións de material vexetal (chamadas "explantos") nun medio artificial e en condicións de asepsia (in vitro).

16/10/13

Viveiros Mañente

Viveiros Mañente é un viveiro especializado na produción de planta forestal dende hai 30 anos. Produce fundamentalmente eucaliptos e piñeiros; cunha produción anual duns 5 millóns de planta (é un viveiro dos grandes).  Dispón de modernas instalacións e ferramentas de cultivo; é ten implantado un sistema de calidade segundo a norma ISO 9001 (espero que lles vaia millor que a nós coa calidade dos "##!!:(
Este viveiro está en Foz (Lugo); quédanos un pouco a desmán así que non creo que poidamos ir a visitalo...pero podemos facelo virtualmente neste vídeo (do programa A Labranza da TVG).



Outro video do viveiro: http://youtu.be/6GGnBmY43wc

15/03/11

AssiDomän

Fotos do viveiro forestal sueco AssiDomän *. Este viveiro de planta en envase caracterízase pola calidade da planta, cun proceso productivo moi mecanizado.

O máis destacable deste viveiro é un moderno sistema de almacenaxe/distribución da planta. O cultivo das plantas faise en bandexas forestais, pero se comercializan en cepellón. De xeito que ao final do cultivo as plantas extraense dos alveolos e empaquétanse en caixas de cartón que se almacenan de xeito robotizado nun local climatizado. A comercialización das plantas en caixas ten moitas ventaxas no transporte da mesma é evita sacar as bandexas forestais do viveiro (sen gastos nen perdas e roturas na devolución).



Outro detalle a destacar é a calidade dos envases empregados, tan importante coma a elección dun bo material xenético, para a producción de planta forestal de calidade. No axeitado deseño dunha bandexa forestal interveñen moitos parámetros: volumen, superficie, altura, forma, nervaduras, acanaladuras, aberturas, soportes,...o material tamén é importante: normalmente de plástico ríxido que permitan varios usos sen romperse nin astelarse.

Bandexa forestal de estudiado deseño para conseguir a máxima calidade do sistema radicular (Universid​ade de Upsala. Suecia)

*Viaxe ano 2001 dentro do programa Leonardo con Upsala. Suecia.

12/03/11

VBM Plants

O longo deste curso vos teño falado dos Viveiros Baixo Miño (vbm plants) en Tomiño, era unha das posibles visitas a facer este ano no módulo. Ben o módulo remata e non queda tempo, así que imos ter que conformarnos cunha visita virtual.

Eiquí tedes o albúm fotográfico comentado da visita formativa do 2009 a este viveiro de planta ornamental. Menos é nada.



PD. Entrada relacionada: podadora ou despuntadoras automáticas

15/02/11

Acodo baixo en Castiñeiro

Un dos métodos de reproducción vexetativa é o ACODADO (*). Dentro destes o acodo de cepa (tamén chamado de caballón ou de "corte e recalce") é o máis empregado nos viveiros. De feito esta técnica constitue o xeito tradicional de reproducción dos Castiñeiros hibridos en viveiro.
Un dos viveiros autorizados a producir este material MFR é o viveiro Centro Forestal Rías Baixas, en Vilaboa (Po).

Albúm fotos da visita formativa do 12-12-09.


Na seguinte enlace podedes atopar un video sobre a producción de castiñeiros híbridos, cunha entrevista a Inmaculada López de viveiros O Rego e presidenta de VIFOGA.
O Agro. Castiñeiros hibridos nos viveiros galegos.

*bacelo ou barbado: planta obtida por acodo
*porbaixa: burato ou gabia que se fai para realizar un acodo:

Hifas da Terra

Mañá imos visitar esta empresa, así que si queredes ir documentandoos:
Reportaxe do programa Labranza (22/11/09) sobre Hifas da Terra: empresa de biotecnoloxí­a aplicada a micoloxí­a que nace 1999 da man de Catalina Fernández. Este proxecto iniciouse como unha empresa de producción de cogumelos ecolóxicos e kits de producción. Pero pouco a pouco extendeu a súa actividade a todo o relacionado co mundo dos cogumelos e a micorrización forestal.
Dentro destas actividades está incluida a producción de planta forestal micorrizada. O producto estrela do viveiro son unha selección propia de híbridos de castiñeiro resistentes a tinta e micorrizados con Boletus edulis.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


http://www.hifasdaterra.com/

14/02/11

Froiteiras autóctonas

Fai algúns días preguntabádesme onde conseguir froiteiras autóctonas. Un viveiro especializado é Viveiros O Pomariño (A Capela), pioneiro na produción de froiteiras autóctonas. O seu xerente Ramiro Martínez desenvolve dende 1999 un traballo de recuperación e propagación de variedades autóctonas, incluído o castiñeiro, moitas delas case desaparecidas. Tamén colabora en cursos e xornadas frutícolas sobre todo no que respecta ao tema da enxertía. En 2008 entra a formar parte como socio fundador da Asociación Galega da froita autóctona do Eume (AGFA do Eume), da cal Ramiro é vicepresidente. Esta asociación desenvolve un intenso labor de recuperación e promoción da nosa froita a través da realización de festas de exaltación, e a posta en marcha de varios campos de ensaio e demostración así como a creación de un Campo de Conservación de variedades da comarca Eume-Ferrol-Ortegal en colaboración co Concello de San Sadurniño, no cal xa están plantadas 120 variedades de froiteiras.

Ver Catálogo de Maceiras Autóctonas.

20/12/10

Poinsetia

Xa está eiquí o nadal e con el todo un clásico destas datas a Poinsetia ou flor de Pascua.
O seguinte video (A Labranza 06-09-2009) falavós da producción desta planta no viveiro VIVERGAL en San Sadurniño.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Este viveiro organiza INFOTEC: unhas xornadas técnicas orientadas a viveiristas profesionais, onde trátanse temas de actualidade e novidades do esixente mercado da planta de temporada e interior.

03/12/10

Brotes

Despois dun imprevisto (pa habernos matao)...a primeira visita é ao viveiro de plantel ornamental BROTES. É un viveiro novo (3-4 anos) que fai plantel en bandexa de alveolos e planta preformada en M-9, moi ordeado e organizado.

A frase do día: "Calquera viveiro é susceptible de mecanizarse ata a máis absoluta ruina do propietario"



Neste pequeno video podemos ver a cadea de enmacetado.


PD. Xa que non poidemos ver viveiros Xibao (planta de tempada) premede no enlace para acceder a súa páxina.

02/03/10

Video viveiro forestal

Cómo nos dixo un ano o axente forestal Antonio, un saúdo dende eiquí, nunha visita formativa ao Viveiro Forestal de Areas (Tui) imos deixarnos de...é imos falar do FORESTAL. Pois bén, trátase dun documento gráfico sobre viveiros forestais (feito, creo, por AFRIFOGA*) de elevado valor didáctico e histórico.
-Didáctico, porque explica paso a paso a distintas labores e operacións de cultivo dun viveiro en terra de producción de Pinus radiata dun zume a raíz núa.
-Histórico, porque trátase do desaparecido (2003 ?) VIVERFOGA-Viveros Forestales de Galicia, SA (**) en Friol (Lugo).

(*) Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia.
(**) Ollo non confundir con: Viveiros Forestales de GAlicia-VIFORGA, SL en Carballo (A Coruña), ou con VIFORSA (Viveiros Forestal e ORnamental Salgado) en Beán-Ordes (A Coruña).

21/01/10

NORFOR-Figueirido

Na viaxe formativa do 21/12/09 cando estivemos no centro de xardinería ArteNatur, viamos por detrás o esquelete do viveiro forestal NORFOR-Figueirido (de feito o garden era parte do viveiro). Pouco tempo durou baixo a tutela de NORFOR...pero o viveiro primixenio é de 1927, i era o viveiro central da provincia, o puso en marcha o hiperactivo Rafael Areses...vos soa, que anos antes xa pusera en marcha o primeiro viveiro forestal de Galicia en Areas (Tui), que ainda existe, como sabedes. Inda que os terreos onde se asentan foron devoltos os veciños da CMMC de Figueirido no 81 continou en mans da xunta ata os 90, pero como tamén sabedes os viveiros oficiais esmoreceron e despois de entregalo definitivamente a comunidade de montes no 2002 está cedeu a concesión a empresa Norte Forestal (NORFOR)...por onde ía, ah sí; nesta nova andadura un dos proxectos estrela era...a producción clonal do eucalipto, que ía fornecer os nosos montes de eucaliptos maís altos, máis fortes, máis guapos.....puff, pero algo foi mal. Ben, resumindo:
Tedes en web_propagación infinita / documentos de interese, o idem Producción clonal de eucaliptus globulus de Miguel Angel del Rey Wamba. Inda que non vos interese o tema a priori (ou sí) e un documento moi completo e aparecen datos e imaxes de instalacións, técnicas de producción, etc.

14/12/09

Árbores con forma

O outro día estivemos a falar na clase das árbores con formas. Aquí tedes un enlace co viveiro holandés Van den Berk, un dos clásicos super viveiros europeos.
http://www.vdberk.es/arbolesconforma.html#

03/12/09

Pistoia (Italia)

Pistoia é unha provincia da rexión da Toscana cunha grande tradición de viveiros de planta ornamental (salvando as distancias, tipo Tomiño), sobre todo planta grande. Alí está un clásico Righetti Romano Piante & C. viveiristas dende 1872 con máis de 100 Ha, ao grande. Vos poño ó enlace ca súa páxina, onde aparecen videos e álbunes fotográficos moi interesantes.
http://www.righettiromano.it/
Pistoia é o berce doutro clásico IL MILLEPIANTE guida alle piante dei vivai d'Italia...sónavos.