Estas fotos correspóndense cas plantas obtidas nas prácticas de esgallado de 2009, que no momento da foto tiñan exactamente 11 meses. Xa pasaran por un repicado a maceta de 10,5 e dúas podas.
As podas de formación son fundamentais, é canto antes se empece moito millor. As seguintes fotos son da operación de poda do lote de Coprosma x kirkii
Operacións de cultivo realizadas:
Esgallado: novembro/09
Repicado e 1º Poda: febreiro/10
2º Poda: xuño/10
3º Poda: outubro/10
Entradas do blog relacioadas:
Práctica esgallado
Coprosma x kirkii
Amosando publicacións coa etiqueta poda b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poda b>. Amosar todas as publicacións
31/03/11
02/02/11
Bibliografía poda
Ben, se estades interesados en saber máis cousas do tema da poda, velaí algúns títulos a ter en conta: Poda e enxerto de froiteiras de Jean Bretaudeau. Bó e breve, todo un clásico (1978). Editado no seu día por MP, pero creo que non se volveu a reeditar (1991). O mesmo autor ten outro libro sobre Creación de formas frutais.
Un autor que ten moitos libros de poda é o catedrático de arboricultura Fernando Gil-Albert, seu é: Tratado de arboricultura frutal. Volumen I, II, III, IV e V , outro texto clásico (1980).
Outros dous libros de obrigada lectura para profesionais que se dediquen á xestión do arborado urbano son: La poda de los arboles ornamentales de Emmanuel Michau (1986) e outro de igual nome de Christophe Drénou (2000)
F. Hallè y R.A.A. Oldeman; Arquitectura arbórea. Leis e modelos de desenvolvemento.
Describe os modelos concretos de desenvolvemento aos que obedecen as diferentes especies arbóreas, definindo 22 modelos estruturais (os máis comúns son 4) segundo tres parámetros: Crecemento, ramificación e diferenciación dos eixes aéreos.
Pierre Raimbault; Modelo de desenvolvemento en 10 etapas definidas.
Segundo este autor, as etapas da vida dunha árbore axústanse a un Modelo de desenvolvemento natural, que ten varias fases estándar (...).
Claus Mattheck; Visual Tree Assessment (VTA).
A base da Avaliación Visual do Arborado (EVA), permite mediante da observación de síntomas, determinar o estado xeral e emitir unha diagnose.
O mesmo autor, Gil-Albert, tamén ten varios libros de poda de especies ornamentais: Las podas de las especies arbóreas ornamentales e idem de las especies arbustivas ornamentales ambos tamén en MP.
A Deputación Foral de Bizkaia ten editadas publicacións interesantes sobre fruticultura. As tedes colgadas en PFD na web do blog:
Máis cousas:
Apuntes de gestión de la estructura del arbolado urbano de Gabriel Iguiñiz de http://www.arbolonline.org/
Como podar árboles do USDA, moi resumido.
Bueno e por último, o máis importante, as bases ou as leis fundamentais, e os seus autores, os pais da arboricultura moderna:
Alex L. Shigo; Compartmentalization Of Decay In Trees (CODIT). Compartimentación do decaemento en árbores ou Leis do desenvolvemento das podremia da madeira viva.
Segundo a teoría de Alex Shigo, CODIT, cando se fire unha árbore esta experimenta cambios celulares que forman barreiras de contención ao redor da ferida, retardando ou previndo a extensión da enfermidade e o decaemento do resto da árbore. Esta teoría dos anos 70, moi discutida daquela, agora é uns dos principios fundamentais da arboricultura.
F. Hallè y R.A.A. Oldeman; Arquitectura arbórea. Leis e modelos de desenvolvemento.
Describe os modelos concretos de desenvolvemento aos que obedecen as diferentes especies arbóreas, definindo 22 modelos estruturais (os máis comúns son 4) segundo tres parámetros: Crecemento, ramificación e diferenciación dos eixes aéreos.
Pierre Raimbault; Modelo de desenvolvemento en 10 etapas definidas.
Segundo este autor, as etapas da vida dunha árbore axústanse a un Modelo de desenvolvemento natural, que ten varias fases estándar (...).
Claus Mattheck; Visual Tree Assessment (VTA).
A base da Avaliación Visual do Arborado (EVA), permite mediante da observación de síntomas, determinar o estado xeral e emitir unha diagnose.
Poda mediante plataforma elevadora
Este é o video do que os falara; nel amósase a utilidade potencial das plataformas elevadoras para realizar podas en altura sobre unha masa ou plantación de árbores. Por suposto empregando unha tixeira de aire comprimido, xa de mecanizar...so falta facela teledirixida.
Advertencia: a música do video é infame...mellor sen volume
Se queredes ver outro modelo máis adaptado á fruticultura
http://www.youtube.com/watch?v=qfvnK3qVmI4
Advertencia: a música do video é infame...mellor sen volume
Se queredes ver outro modelo máis adaptado á fruticultura
http://www.youtube.com/watch?v=qfvnK3qVmI4
29/11/10
Poda acivro
O acivro é unha planta moi interesante tanto a nivel ornamental; moi empregada nos xardíns e tamén como motivo decorativo no nadal (o que casi a leva a desaparición e actualmente é unha especie protexida) como a nivel mediambiental, proporcionando acubillo e alimento a faúna silvestre nos meses de inverno.
En concreto imos a tratar o tema da poda das distintas especies de Ilex, que temos no viveiro: Ilex aquifolium, I. aquifolium "Argentomarginata", I. aquifolium "Aureomarginata", I. aquifolium "Alaska", Ilex x meserveae "Blue Angel", I. crenata "Blue Hedge", I. crenata "Convexa"

Neste álbum podemos ver o proceso de poda de planta de Ilex aquifolium en bola baixa (o ano pasado) e alta.
Neste outro álbum imos ver distintas podas de formación (Salvador Rouco as the special guest pruner) en distintos acivros: Ilex aquifolium Alaska en bola, Ilex crenata Green Hedge en pirámide e Ilex crenata Convexa en bola e en macrobonsai.
24/11/10
Poda érbedos
Seguimos cos érbedos...velaí tedes os resultados da poda de fai dous meses. Responderon moi ben, e por cada corte optemos un alto número de rebrotes.
03/11/10
Arbutus unedo
O noso érbedo vaisenos...

Nestes momentos é a árbore máis vella do centro, cuns 100 anos?. No 99, cando cheguei eu, estaba feito un chaval. Nun temporal rompeuse un dos brazos (1/3 da árbore) e a partires de aí xa empezou a ir a menos. Mágoa
Estas poucas follas e un froito é o que queda a día de hoxe.
Pois aí onde o vedes este Arbutus unedo (érbedo, moroteiro, albedro) e a planta-nai dos que estan agora no viveiro (lote AU1-08), que foron feitos de semente en outubro do 2008.
Nesta serie de imaxes pódese seguir o seu proceso de cultivo para a obtención de planta de Arbutus formada en bola baixa e en bola alta.

01/03/10
Poda formación
28/02/10
Falabamos na clase das podas de formación no viveiro, e xurdiu o caso do chamado plátano de sombra (Platanus x hispanica), paradigma de especie mal podada e maltratada nos parques e avenidas. Exemplos de aberracións hainos a miles, por iso vou poñer unha foto do que debería ser.
Non atopei a foto dos plátanos do Castelo de Soutomaior, e tiven que ir ao Canal du Midi (patrimonio da humanidade) no seu inicio en Toulouse na France.
27/01/10
Podadoras ou despuntadoras automáticas
Este video fixémolo no Viveiro Baixo Miño (VBMplants) o 21/05/09 nunha visita formativa conxunta de alumnos/as do ciclo de xardinaría e dun curso f. ocupacional tamén de xardinaría; visita organizada pola compañeira Imna Rodríguez (eu ía de guest appearance), e nel pódese ver unha máquina ou robot podador de planta en maceta en acción. En concreto trátase do modelo RAP XRL da casa italiana TEA Project . Esta máquina esta pensada para facer formas redondeadas, as máis comúns, sen ningún tipo de discriminación dos brotes a podar. O principio de funcionamento é moi simple, como na maioria das máquinas agrícolas, pero para que funcionen, na práctica, teñen que ser robustas, fiables, fácilmente regulables, con asistencia técnica,...e a poder ser non moi caras. Non vos preocupedes os amantes do traballo manual, aínda existen moitas tarefas de difícil mecanización...afortunadamente?
P.D. Creo? que exite un modelo galego, pero eu nunca a vin.
Spuntatrici automatiche per piante in vaso modello RAP XRL ata 1.100 plantas/hora de rendemento máximo.

P.D. Creo? que exite un modelo galego, pero eu nunca a vin.
Spuntatrici automatiche per piante in vaso modello RAP XRL ata 1.100 plantas/hora de rendemento máximo.
14/12/09
Árbores con forma
O outro día estivemos a falar na clase das árbores con formas. Aquí tedes un enlace co viveiro holandés Van den Berk, un dos clásicos super viveiros europeos.
http://www.vdberk.es/arbolesconforma.html#
http://www.vdberk.es/arbolesconforma.html#
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)