Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións

02/10/13

Documental "Queimar o monte"

"Queimar o Monte", rodado en Galicia durante a primavera e o verán de 2012, analiza as causas do principal problema medioambiental do noso país, os incendios forestais. Cada ano uns 10.000 incendios prodúcense neste recuncho do mundo. Nos últimos trinta anos queimouse unha superficie equivalente a terceira parte de Galicia.

Queimar o Monte. Walkie Talkie Films, 2012. Próxima emisión: Este mércores 02-10-2013 ás 23:55 na TVG2
http://www.walkietalkiefilms.com/?page=feature

24/02/11

A nova aldea

Froito deste primeiro ano como propagadores cuasi-ecolóxicos, do edu-emprende, das xornadas de cooperativismo...e da miña dispersión habitual (non necesariamente por esta orde); fálovos a miudo de temas transversais.

Pois mixturando: produción ecolóxica, emprendedores, cooperativismo e medio rural, aproveito para convidarvos a ver o documental A nova aldea  onde se amosan proxectos vinculados ao sector agrario, respectuosos co medio e localizados no rural, de aí o título. O noso rural precisa destas iniciativas, ou doutras, pero algo se ten que mover se non queremos que desapareza.

23/02/11

Agricultura ecolóxica

Estes días estivemos falando da agricultura ecolóxica. Como xa sabedes este xeito de produción está totalmente regulado e controlado.
O marco legal básico é o Regulamento CE (Consello europeo) Nº834/2007 sobre  producción i etiquetaxe de productos ecolóxicos, vixente dente o 2009 (sustitúe ao do 91). A este regulamento foronselle engadindo: Anexos,  Regulamentos da Comisión, etc...para coñecer a lexislación vixente da UE consultade a seguinte páxina da web ec.europa.eu

Antiguo e actual logotipo de certificación dos productos ecolóxicos na UE
Un principio fundamental na agricultura ecolóxica é o uso de sementes producidas tamén de xeito ecolóxico. Os estados membros manteñen unha base de datos web ca finalidade de facilitar a adquisición destas sementes. Os proveedores poden incluir nesta listaxe as sementes e patacas de sementeira de orixe ecolóxica dispoñibles. Base de datos sementes ecolóxicas.
 
Por outro lado temos os organismos de control, en Galicia é o CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). Na páxina web do Craega podemos atopar, entre outras cousas, a Normativa autonómica e as distintas Normas técnicas de produción ecolóxica.
Logotipo do CRAEGA (os demais consellos reguladores rexionais teñen o mesmo debuxo, cambia so o nome).

15/02/11

Plantas racionais?

Por si alguén se perdeu o programa de Punset, que visualizamos na clase de Alberto, aquí tedes o enlace para poder velo. Foi emitido no programa REDES e titúlase "Las raíces de la inteligencia de las plantas". Propón que as plantas teñen capacidade de resolver problemas "de forma intelixente". Moi interesante para reflexionar. http://www.rtve.es/television/20101227/redes-raices-inteligencia-plantas/390278.shtml.

17/01/11

mercar, tirar, mercar


Magnífico e esclarecedor documental que analiza as implicacións económicas e ambientais da obsolescencia programada. De obrigado visionado para educarnos como consumidores responsables.

Ver documental: comprar, tirar, comprar

PD. Non é producción de planta, pero non so de pan vive o home.

17/11/10

Proxecto Charases

Boas. A modo de curiosidade, na visita que fixemos ao Esteiro do Miño o 17-11-10 , o orientador da asociación "ANABAM" que nos guiou, ensinounos un proxecto de reintroducción da bolboreta Charases jasius no Baixo Miño. O proxecto consiste en reforestar unha hectárea de monte de Santa Tegra con 150 exemplaes do érbedo do que se alimenta Arbutus unedo de entre 50 cm. e 2 m. que compraron nun viveiro de Lalín, invertindo uns 3000 €.
Para máis información visitade a páxina http://www.anabam.org/PROXECTO%20CHARAXES%20JASIUS.html

11/02/10

Tree Woman

Wangari Muta Maathai é unha activista política e ecoloxista keniana. En 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz polas súas contribucións o desenvolvemento sostible, a democracia e a paz. É a primeira muller africana que recibe este galardón. Fundou o Movemento Cinturón Verde especie de lobby ecoloxista responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en Kenia para evita-la erosión do solo, e mellorar a calidade de vida das mulleres que o llevaban a cabo. Isto fixolle meceredora do alcume Tree Woman. Gran activista medioambiental, a prol das mulleres, da paz...valores, que eiqui en propagación infinta, compartimos e intentamos propagar.

Despois de varios anos infructuosos, estes días comezou a plantación* por parte dos compañeiros de 1º do arboreto do centro, parcela de silvicultura ou coma a queramos chamar...quizais: pequeno cinturón verde...xa sabedes: Pensa gobalmente e actúa localmente.

*O noso viveiro contribúe cuns estupendos capudres (Sorbus aucuparia) de 3 anos de semente, calibre 6-8 e uns 2 m, unhas aciñeiras (Quercus ilex) e sobreiras (Quercus suber) de 2 anos de semente procedente de Tras-os-Montes (Portugal).