A eiruga da bolboreta Orgyia antiqua (familia das Limantriidae) aliméntase dunha gran variedade de árbores de folla ancha e arbustos (polífaga), e pode chegar a ser unha praga (menor) en bosques e xardíns.
A esta da foto atopámola o outro día no viveiro; pero polo escaso número e voracidade non é necesario aplicar ningún tratamento para controlala.
Tamén
atopamos no substrato oníscideos (cochinillas da humidade) e miriápodos
(cempés, milpés,...), son insectos que viven en lugares húmidos e escuros; a maioría
comen restos vexetais e outros insectos mortos (pola contra os cempés son depredadores).
Non constitúen un problema no viveiro.
03/10/13
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario