Amosando publicacións coa etiqueta enxertos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta enxertos. Amosar todas as publicacións

14/04/11

Enxertos de Prunus serrulata

Ola propagadores...hai alghén aí?
Para a vosa información; xa prenderon os enxertos que fixéstedes de Prunus serrulata (cerdeira de flor) sobre P. avium.

 
Enxerto tipo inglés, casi cicatrizado.

13/02/11

Enxerto de coroa

Neste video podemos ver todo o proceso da realización do Enxerto de Coroa executado polo viveirista Xosé Sanchez (de Orvisa House). O enxerto realízase sobre Catalpa bignonioides enxertando unha variedade de xChitalpa tashkentensis (*).
Neste enxerto alto a Chitalpa aporta unha copa máis pequena e menos frondosa cunha catalpa (a Chitalpa ten as follas máis pequenas e lanceoladas), pero de maior rixidez (as ponlas), pero a característica máis salientable é a súa abundante e longa floración de cor rosa ou branca azulada (moi reflorecente). Por outra banda o portaenxerto, a Catalpa, de maior vigor, préstase máis a facer un tronco dereito e de bo calibre en menos tempo.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

(*) A Chitalpa é un híbrido entre especies de xéneros diferentes (lembrade: por iso o "x" antes do nome xenérico; se o híbrido é entre especies do mesmo xénero o x vai diante do nome específico). É un híbrido entre Chilopsis linearis, nativa do suroeste de Estados Unidos e Norte de México, e Catalpa bignonioides, nativa do sureste de Estados Unidos. Este híbrido obtívose por vez primeira no xardín botánico de Tashkent, capital de Uzbekistan, de aí o seu nome xChitalpa tashkentensis.
É un arbusto ou pequena árbore caducifolia. Como é característico da hibidación cada proxenitor aporta as súas cualidades: Catalpa aporta resistencia ao frío e Chilopsis aporta resistencia ao calor e a seca.

02/03/10

Enxerto escudete estilo USA

Ola propagadores, como xa comentamos, este non é o momento de facer enxertos de xema, polo tanto temos que....conformarnos cunha simulación. Neste caso un video dun auténtico experto no tema, do que xa temos visto outros na clase: Xosé Sánchez de Orvisahouse. No cal executa un enxerto de escudete, pero cunha variante (imos chamarlle "USA style", xa que estades co poquer). A diferencia é que non fai o corte en T típico, senon que o corte transversal é unha S deitada (~); deste xeito a casca sepárese a vez que se fai o corte ~ e resulta máis sinxelo introducir a xema (asi descrito parece un rollo...hai que velo video). A especie a inxertar é Liquidambar styraciflua (de semente) con variedades de porte globoso.
http://www.agalega.info/videos/?emi=3354&corte=2008-06-26&hora=13:38:41&canle=tvg1

01/03/10

Enxertos

Eiquí tedes unha enlace de interese Jardí Botànic Mundani na Illa de Mallorca. Entre outras cousas esta páxina ten unhas moi boas fotos de enxertos executados e explicados paso a paso.
http://www.jardin-mundani.com/empelts/INJERTOS.htm