A piques de comezar os traballos de construción
da nova instalación de produción de planta. Foto do estado actúal.
22/10/13
17/10/13
Axudas a forestación
Relacionado con temas dos que estivemos falando na clase coma introdución ao viveirismo forestal (plans de repoboación, a propiedade do monte,...) é moi interesante ver esta reportaxe do programa A Labranza (que xunto co Luar é un clásico imprescindible para entender o país). Nunha primeira parte fala das axudas pro-fomento de primeira forestación de terras non agrarias, de recente publicación (orde 177 DOG 17-09-2013), que presenta dúas novidades: unha liña específica para a plantación de castiñeiros para froito e a introdución da figura das SOFOR (Sociedades de Fomento Forestal). Nunha segunda parte fala da xestión que realizan os comuneiros do Forgoselo (na serra do mesmo nome, perto das Fragas do Eume) do seu monte comunal; que segue a ser comunal grazas ao esforzo e loita dos veciños, ao igual que en moitos outros montes galegos.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-26
http://www.crtvg.es/informativos/axudas-para-a-forestacion-de-terras-non-agrarias-669000
Min Skog - Hedningarna
Tema Meus Bosques do grupo sueco Hedningarna
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-26
http://www.crtvg.es/informativos/axudas-para-a-forestacion-de-terras-non-agrarias-669000
![]() |
| O Forgoselo |
Tema Meus Bosques do grupo sueco Hedningarna
16/10/13
Viveiros Mañente
Viveiros Mañente é un viveiro especializado na produción de planta forestal dende hai 30 anos. Produce fundamentalmente eucaliptos e piñeiros; cunha produción anual duns 5 millóns de planta (é un viveiro dos grandes). Dispón de modernas instalacións e ferramentas de cultivo; é ten implantado un sistema de calidade segundo a norma ISO 9001 (espero que lles vaia millor que a nós coa calidade dos "##!!:(
Este viveiro está en Foz (Lugo); quédanos un pouco a desmán así que non creo que poidamos ir a visitalo...pero podemos facelo virtualmente neste vídeo (do programa A Labranza da TVG).
Outro video do viveiro: http://youtu.be/6GGnBmY43wc

03/10/13
Orgyia antiqua
A eiruga da bolboreta Orgyia antiqua (familia das Limantriidae) aliméntase dunha gran variedade de árbores de folla ancha e arbustos (polífaga), e pode chegar a ser unha praga (menor) en bosques e xardíns.
A esta da foto atopámola o outro día no viveiro; pero polo escaso número e voracidade non é necesario aplicar ningún tratamento para controlala.
Tamén atopamos no substrato oníscideos (cochinillas da humidade) e miriápodos (cempés, milpés,...), son insectos que viven en lugares húmidos e escuros; a maioría comen restos vexetais e outros insectos mortos (pola contra os cempés son depredadores). Non constitúen un problema no viveiro.

02/10/13
Documental "Queimar o monte"
Queimar o Monte. Walkie Talkie Films, 2012. Próxima emisión: Este mércores 02-10-2013 ás 23:55 na TVG2
http://www.walkietalkiefilms.com/?page=feature
Etiquetas:
contidos transversais,
ecoloxía,
forestal,
varios
01/10/13
25/09/12
Dous tomates dous destinos
Dous tomates, un transxénico e outro de campo, quedan nun bar despois de coñecerse a través dun chat en internet...humor manchego
30/05/12
Exposición "Árbores Senlleiras" na Granxa
Ola propagadores/as; se estes días andades por Ponteareas podedesvos achegar a Granxa e ver a exposición: "ÁRBORES E FORMACIÓNS SENLLEIRAS DA GALIZA" aberta ao público ata o día 26 de xuño no salón do centro.
Proposta presentada dentro das actividades do EDNL do Centro co gallo da celebración do S. Cidre e do Día das Letras Galegas (*) e inagurada con tremenda churrascada, pretende achegarnos ao fascinante mundo das árbores que, por diversos motivos, teñen un alto grao de singularidade que os fai merescentes dunha figura de protección especial.
(*) pretendíase realizar o ano pasado, ano internacional dos bosques, pero non poido ser.
E o día 21 de xuño celebraremos, o III Festival de Xardíns Efémeros da Granxa. Cita obrigada.

17/02/12
Entroido
O entroido ghranxeiro 2012 aproba os estandares de calidade ISO 9001. Noraboa.
Queres ver máis fotos?...estiveras!!!
Queres ver máis fotos?...estiveras!!!
02/02/12
Captacións subterráneas de auga
TVG LABRANZA 29/01/12
2ª parte: Programa AQUAPLAN Manual de construcción e mantemento de captacións subterráneas de auga (pozos e traídas). Ollo: A lexislación actual obriga a rexistrar os pozos e a instalar un contador.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)