Para aqueles ex/alumnos/as interesados en adquirir planta do viveiro do centro: As vendas teran lugar os venres de 10:30 a 11:15 da mañá. Para máis información sobre especies, cantidades e prezos...preghuntade oh!
14/04/11
Enxertos de Prunus serrulata
Ola propagadores...hai alghén aí?
Para a vosa información; xa prenderon os enxertos que fixéstedes de Prunus serrulata (cerdeira de flor) sobre P. avium.
Para a vosa información; xa prenderon os enxertos que fixéstedes de Prunus serrulata (cerdeira de flor) sobre P. avium.
10/04/11
Musicos emerxentes comprometidos ca Terra Nai
Velaqui tedes a oportunidade de axudar as novas voces galegas en defensa dun mundo millor.
http://ww2.crtvg.es/mu/ novoson/category/pop-rock/
Galiza chamiza!!! con retranca, con xeito!!!
Unha aperta dende o frío de Kajaani!!!
http://ww2.crtvg.es/mu/
Galiza chamiza!!! con retranca, con xeito!!!
Unha aperta dende o frío de Kajaani!!!
31/03/11
Planta 1 ano
Estas fotos correspóndense cas plantas obtidas nas prácticas de esgallado de 2009, que no momento da foto tiñan exactamente 11 meses. Xa pasaran por un repicado a maceta de 10,5 e dúas podas.
As podas de formación son fundamentais, é canto antes se empece moito millor. As seguintes fotos son da operación de poda do lote de Coprosma x kirkii
Operacións de cultivo realizadas:
Esgallado: novembro/09
Repicado e 1º Poda: febreiro/10
2º Poda: xuño/10
3º Poda: outubro/10
Entradas do blog relacioadas:
Práctica esgallado
Coprosma x kirkii

25/03/11
Esgallado de Buxo
Como complemento á entrada de Breo, estás son as fotos da labor de esgallado (04/11/2010) do lote de Buxus sempervirens que transplantastedes. A porcentaxe de enraizamento rondou o 75%.
23/03/11
LABORES DE TRANSPLANTE
Velaiquí a brilante labor duns grandes profesionais...
Mesturando abono no substrato. Trátase dun fertilizante de liberación controlada 8-9 meses cun contenido en nitróxeno do 11%.
Preparación das macetas. Son envases de 9,5
Introducimos a estaquiña enraizada no envase...

...e as colocamos en bandexas.
Por último, a recompensa a tan "laborioso traballo"...
Esta é a estaquiña enraizada dun buxo, "xenero-samente" regada.
Mesturando abono no substrato. Trátase dun fertilizante de liberación controlada 8-9 meses cun contenido en nitróxeno do 11%.
Por último, a recompensa a tan "laborioso traballo"...
21/03/11
Montaxe invernadoiro
Fotos do proceso da montaxe do novo invernadoiro de horta do CIFP; un multicapela de 3 naves, 8+8+8 x 20 m, de 3,5 m de altura, con cuberta de plástico tricapa (*) con ventilacións laterais e cenitais. O fabricante/instalador é Estufaseuropa de Póvoa de Varzim (Portugal).
Ver orzamento 1 , Estufaseuropa
Ver orzamento 2 , Inversalnes
Ver orzamento 1 , Estufaseuropa
Ver orzamento 2 , Inversalnes
15/03/11
AssiDomän
Fotos do viveiro forestal sueco AssiDomän *. Este viveiro de planta en envase caracterízase pola calidade da planta, cun proceso productivo moi mecanizado.
O máis destacable deste viveiro é un moderno sistema de almacenaxe/distribución da planta. O cultivo das plantas faise en bandexas forestais, pero se comercializan en cepellón. De xeito que ao final do cultivo as plantas extraense dos alveolos e empaquétanse en caixas de cartón que se almacenan de xeito robotizado nun local climatizado. A comercialización das plantas en caixas ten moitas ventaxas no transporte da mesma é evita sacar as bandexas forestais do viveiro (sen gastos nen perdas e roturas na devolución).

14/03/11
Tapas anti-herbas
| colocación das tapas nas prácticas de transplante dos acivros este outono |
Un dos handicap da produción de planta baixo preceptos da agricultura ecolóxica é non poder empregar herbicidas para o control das malas herbas. E que nós queda...ademáis da onmipresente limpeza manual*.
Ben, unha interesante alternativa no cultivo en envase é o uso de tapetes anti-herbas nas macetas. O funcionamento é ben sinxelo: ao igual cunha malla anti-herbas (que realmente é o que é) impide mecanicamente a xerminación. A efectividade real depende da axeitada colocación (cubrindo ben toda a superficie do envase), da fixación (cuns clips ou grampas) e do material/is da tapa. As tapas teñen que aguantar os ciclos seco-mollado sen acartonarse nen revirarse. Por suposto, o sustrato ten que estar libre de malas herbas antes da colocación das mesmas, porque se non xerminan igual e empurran a tapa cara enriba e...rinse das tapas e de nós.
E non nos podemos esquecer dun tema fundamental: O custe, e este, a día de hoxe, é alto (seguramente un viveiro mediano/grande conseguiría rebaixar notablemente os seguintes prezos).
ver orzamento tapetes anti-herbas*a limpeza manual é sempre ecolóxica, ou depende de que o operario sexa tamén ecolóxico...je,je
Etiquetas:
agricultura ecolóxica,
enmacetado,
malas herbas,
métodos de cultivo
13/03/11
CoMpoSt A´GranxA
A compostaxe na Granxa ten unha longa historia de desencontros...proceso longamente acariñado pero que non remataba de callar. Despois de varias experiencias con pequenos composteiros, o proceso a "grhan escala" arranca no curso 2007/08 no marco da A21e do CIFP A Granxa (daquela estabamos dentro).
Este é o histórico album de fotos da Xornada de Compostaxe do 21-02-08 da Granxa
Minivideo do remolque esparcidor en acción:
Facer compost a partir de restos orgánicos é un proceso asequible para todo o mundo e super interesante a nivel ambiental: dun subproducto ou residuo potencialmente contaminante obtemos un adubo ecolóxico, quen da máis. Tanto si se ten unha explotación agrícola, un xardín ou ata nunha terraza podes fabricar o teu propio compost:
Manual de compostaxe doméstica de TODOVERDE en Ourense.
E aquí ao lado, en Pías, ECOCELTA
PD. Por poñer algún problema...un dos inconvintes que ten o compost como compoñente dun sustrato de viveiro e a posible presenza de sementes de malas herbas que non se destruiran ou xerminaran durante o proceso da compostaxe.
Este é o histórico album de fotos da Xornada de Compostaxe do 21-02-08 da Granxa
Minivideo do remolque esparcidor en acción:
Minivideo da criva rotativa ou tromel:
Facer compost a partir de restos orgánicos é un proceso asequible para todo o mundo e super interesante a nivel ambiental: dun subproducto ou residuo potencialmente contaminante obtemos un adubo ecolóxico, quen da máis. Tanto si se ten unha explotación agrícola, un xardín ou ata nunha terraza podes fabricar o teu propio compost:
Manual de compostaxe doméstica de TODOVERDE en Ourense.
E aquí ao lado, en Pías, ECOCELTA
PD. Por poñer algún problema...un dos inconvintes que ten o compost como compoñente dun sustrato de viveiro e a posible presenza de sementes de malas herbas que non se destruiran ou xerminaran durante o proceso da compostaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)