15/03/11

AssiDomän

Fotos do viveiro forestal sueco AssiDomän *. Este viveiro de planta en envase caracterízase pola calidade da planta, cun proceso productivo moi mecanizado.

O máis destacable deste viveiro é un moderno sistema de almacenaxe/distribución da planta. O cultivo das plantas faise en bandexas forestais, pero se comercializan en cepellón. De xeito que ao final do cultivo as plantas extraense dos alveolos e empaquétanse en caixas de cartón que se almacenan de xeito robotizado nun local climatizado. A comercialización das plantas en caixas ten moitas ventaxas no transporte da mesma é evita sacar as bandexas forestais do viveiro (sen gastos nen perdas e roturas na devolución).



Outro detalle a destacar é a calidade dos envases empregados, tan importante coma a elección dun bo material xenético, para a producción de planta forestal de calidade. No axeitado deseño dunha bandexa forestal interveñen moitos parámetros: volumen, superficie, altura, forma, nervaduras, acanaladuras, aberturas, soportes,...o material tamén é importante: normalmente de plástico ríxido que permitan varios usos sen romperse nin astelarse.

Bandexa forestal de estudiado deseño para conseguir a máxima calidade do sistema radicular (Universid​ade de Upsala. Suecia)

*Viaxe ano 2001 dentro do programa Leonardo con Upsala. Suecia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario