21/03/11

Montaxe invernadoiro

Fotos do proceso da montaxe do novo invernadoiro de horta do CIFP; un multicapela de 3 naves, 8+8+8 x 20 m, de 3,5 m de altura, con cuberta de plástico tricapa (*) con ventilacións laterais e cenitais. O fabricante/instalador é Estufaseuropa de Póvoa de Varzim (Portugal).
Ver orzamento 1  , Estufaseuropa
Ver orzamento 2  , Inversalnes



(*) Plásticos multicapa: A coextrusión de varias películas pretende combinar distintas propiedades para mellorar as prestacións do material plástico. No mercado destacan os plásticos bicapa e tricapa.
Os plásticos tricapa están formados por tres láminas, cada unha delas confírelles unhas características determinadas:
-Capa externa: Resistencia á degradación por UV, resistencia ao rachado, rixidez, transparencia e evitar a fixación de pó.
-Capa intermedia: Efecto termoaillante, elasticidade e difusión da luz.
-Capa interna: Efecto termoaillante e antigoteo.
O PE e o EVA son os materiais máis empregados na coextrusión. Así a coextrusión de EVA entre dous capas de PE limita a transmisividade ao IR a valores inferiores ao 10 % mellorando a transparencia á transmisión solar e dando maior resistencia ao material resultante.

Entradas relacioadas: Control climático en invernadoiros

Ningún comentario:

Publicar un comentario