colocación das tapas nas prácticas de transplante dos acivros este outono |
Un dos handicap da produción de planta baixo preceptos da agricultura ecolóxica é non poder empregar herbicidas para o control das malas herbas. E que nós queda...ademáis da onmipresente limpeza manual*.
Ben, unha interesante alternativa no cultivo en envase é o uso de tapetes anti-herbas nas macetas. O funcionamento é ben sinxelo: ao igual cunha malla anti-herbas (que realmente é o que é) impide mecanicamente a xerminación. A efectividade real depende da axeitada colocación (cubrindo ben toda a superficie do envase), da fixación (cuns clips ou grampas) e do material/is da tapa. As tapas teñen que aguantar os ciclos seco-mollado sen acartonarse nen revirarse. Por suposto, o sustrato ten que estar libre de malas herbas antes da colocación das mesmas, porque se non xerminan igual e empurran a tapa cara enriba e...rinse das tapas e de nós.
E non nos podemos esquecer dun tema fundamental: O custe, e este, a día de hoxe, é alto (seguramente un viveiro mediano/grande conseguiría rebaixar notablemente os seguintes prezos).
ver orzamento tapetes anti-herbas*a limpeza manual é sempre ecolóxica, ou depende de que o operario sexa tamén ecolóxico...je,je
Ningún comentario:
Publicar un comentario