A
compostaxe na Granxa ten unha longa historia de desencontros...proceso longamente acariñado pero que non remataba de callar. Despois de varias experiencias con pequenos composteiros, o proceso a "grhan escala" arranca no curso 2007/08 no marco da
A21e do CIFP A Granxa (daquela estabamos dentro).
Este é o histórico album de fotos da
Xornada de Compostaxe do 21-02-08 da Granxa
Minivideo do remolque esparcidor en acción:
Minivideo da criva rotativa ou tromel:
Facer compost a partir de restos orgánicos é un proceso asequible para todo o mundo e super interesante a nivel ambiental: dun subproducto ou residuo potencialmente contaminante obtemos un adubo ecolóxico, quen da máis. Tanto si se ten unha explotación agrícola, un xardín ou ata nunha terraza podes fabricar o teu propio compost:
Manual de compostaxe doméstica de
TODOVERDE en Ourense.
E aquí ao lado, en Pías,
ECOCELTA
PD. Por poñer algún problema...un dos inconvintes que ten o compost como compoñente dun sustrato de viveiro e a posible presenza de sementes de malas herbas que non se destruiran ou xerminaran durante o proceso da compostaxe.