Fai algúns días preguntabádesme onde conseguir froiteiras autóctonas. Un viveiro especializado é Viveiros O Pomariño (A Capela), pioneiro na produción de froiteiras autóctonas. O seu xerente Ramiro Martínez desenvolve dende 1999 un traballo de recuperación e propagación de variedades autóctonas, incluído o castiñeiro, moitas delas case desaparecidas. Tamén colabora en cursos e xornadas frutícolas sobre todo no que respecta ao tema da enxertía. En 2008 entra a formar parte como socio fundador da Asociación Galega da froita autóctona do Eume (AGFA do Eume), da cal Ramiro é vicepresidente. Esta asociación desenvolve un intenso labor de recuperación e promoción da nosa froita a través da realización de festas de exaltación, e a posta en marcha de varios campos de ensaio e demostración así como a creación de un Campo de Conservación de variedades da comarca Eume-Ferrol-Ortegal en colaboración co Concello de San Sadurniño, no cal xa están plantadas 120 variedades de froiteiras.
Ver Catálogo de Maceiras Autóctonas.
14/02/11
13/02/11
Enxerto de coroa
Neste video podemos ver todo o proceso da realización do Enxerto de Coroa executado polo viveirista Xosé Sanchez (de Orvisa House). O enxerto realízase sobre Catalpa bignonioides enxertando unha variedade de xChitalpa tashkentensis (*).
Neste enxerto alto a Chitalpa aporta unha copa máis pequena e menos frondosa cunha catalpa (a Chitalpa ten as follas máis pequenas e lanceoladas), pero de maior rixidez (as ponlas), pero a característica máis salientable é a súa abundante e longa floración de cor rosa ou branca azulada (moi reflorecente). Por outra banda o portaenxerto, a Catalpa, de maior vigor, préstase máis a facer un tronco dereito e de bo calibre en menos tempo.
(*) A Chitalpa é un híbrido entre especies de xéneros diferentes (lembrade: por iso o "x" antes do nome xenérico; se o híbrido é entre especies do mesmo xénero o x vai diante do nome específico). É un híbrido entre Chilopsis linearis, nativa do suroeste de Estados Unidos e Norte de México, e Catalpa bignonioides, nativa do sureste de Estados Unidos. Este híbrido obtívose por vez primeira no xardín botánico de Tashkent, capital de Uzbekistan, de aí o seu nome xChitalpa tashkentensis.
É un arbusto ou pequena árbore caducifolia. Como é característico da hibidación cada proxenitor aporta as súas cualidades: Catalpa aporta resistencia ao frío e Chilopsis aporta resistencia ao calor e a seca.

Os lagartos de Cies contribuen á dispersion das sementes
Os lagartos ocelados incorporan á súa dieta froitos carnosos, de forma que van dispersando as sementes coas feces, sendo un excelente mecanismo de transporte debido á acción do dixestivo ao romper as cubertas das sementes.
Este video producido en Vigo gañou o premio do público da revista The Scientist.
02/02/11
Bibliografía poda
Ben, se estades interesados en saber máis cousas do tema da poda, velaí algúns títulos a ter en conta: Poda e enxerto de froiteiras de Jean Bretaudeau. Bó e breve, todo un clásico (1978). Editado no seu día por MP, pero creo que non se volveu a reeditar (1991). O mesmo autor ten outro libro sobre Creación de formas frutais.
Un autor que ten moitos libros de poda é o catedrático de arboricultura Fernando Gil-Albert, seu é: Tratado de arboricultura frutal. Volumen I, II, III, IV e V , outro texto clásico (1980).
Outros dous libros de obrigada lectura para profesionais que se dediquen á xestión do arborado urbano son: La poda de los arboles ornamentales de Emmanuel Michau (1986) e outro de igual nome de Christophe Drénou (2000)
F. Hallè y R.A.A. Oldeman; Arquitectura arbórea. Leis e modelos de desenvolvemento.
Describe os modelos concretos de desenvolvemento aos que obedecen as diferentes especies arbóreas, definindo 22 modelos estruturais (os máis comúns son 4) segundo tres parámetros: Crecemento, ramificación e diferenciación dos eixes aéreos.
Pierre Raimbault; Modelo de desenvolvemento en 10 etapas definidas.
Segundo este autor, as etapas da vida dunha árbore axústanse a un Modelo de desenvolvemento natural, que ten varias fases estándar (...).
Claus Mattheck; Visual Tree Assessment (VTA).
A base da Avaliación Visual do Arborado (EVA), permite mediante da observación de síntomas, determinar o estado xeral e emitir unha diagnose.
O mesmo autor, Gil-Albert, tamén ten varios libros de poda de especies ornamentais: Las podas de las especies arbóreas ornamentales e idem de las especies arbustivas ornamentales ambos tamén en MP.
A Deputación Foral de Bizkaia ten editadas publicacións interesantes sobre fruticultura. As tedes colgadas en PFD na web do blog:
Máis cousas:
Apuntes de gestión de la estructura del arbolado urbano de Gabriel Iguiñiz de http://www.arbolonline.org/
Como podar árboles do USDA, moi resumido.
Bueno e por último, o máis importante, as bases ou as leis fundamentais, e os seus autores, os pais da arboricultura moderna:
Alex L. Shigo; Compartmentalization Of Decay In Trees (CODIT). Compartimentación do decaemento en árbores ou Leis do desenvolvemento das podremia da madeira viva.
Segundo a teoría de Alex Shigo, CODIT, cando se fire unha árbore esta experimenta cambios celulares que forman barreiras de contención ao redor da ferida, retardando ou previndo a extensión da enfermidade e o decaemento do resto da árbore. Esta teoría dos anos 70, moi discutida daquela, agora é uns dos principios fundamentais da arboricultura.
F. Hallè y R.A.A. Oldeman; Arquitectura arbórea. Leis e modelos de desenvolvemento.
Describe os modelos concretos de desenvolvemento aos que obedecen as diferentes especies arbóreas, definindo 22 modelos estruturais (os máis comúns son 4) segundo tres parámetros: Crecemento, ramificación e diferenciación dos eixes aéreos.
Pierre Raimbault; Modelo de desenvolvemento en 10 etapas definidas.
Segundo este autor, as etapas da vida dunha árbore axústanse a un Modelo de desenvolvemento natural, que ten varias fases estándar (...).
Claus Mattheck; Visual Tree Assessment (VTA).
A base da Avaliación Visual do Arborado (EVA), permite mediante da observación de síntomas, determinar o estado xeral e emitir unha diagnose.
Poda mediante plataforma elevadora
Este é o video do que os falara; nel amósase a utilidade potencial das plataformas elevadoras para realizar podas en altura sobre unha masa ou plantación de árbores. Por suposto empregando unha tixeira de aire comprimido, xa de mecanizar...so falta facela teledirixida.
Advertencia: a música do video é infame...mellor sen volume
Se queredes ver outro modelo máis adaptado á fruticultura
http://www.youtube.com/watch?v=qfvnK3qVmI4
Advertencia: a música do video é infame...mellor sen volume
Se queredes ver outro modelo máis adaptado á fruticultura
http://www.youtube.com/watch?v=qfvnK3qVmI4
31/01/11
Intimidades dun filtro de malla autolimpante
Funcionamento:
Pola conexión de entrada, (1), entra a auga sen filtrar. Atravesa a malla grosa, (4), que fai de prefiltro. Despois atravesa a malla fina de aceiro inoxidable, (5), onde se realiza o filtrado, quedando na súa cara interior as partículas. Finalmente a auga filtrada sae limpa pola saída, (2).
A medida que o filtro vai retendo partículas, a diferencia de presións entre a entrada e a saída aumenta consecuencia da perda de carga interior. Cando esta diferencia de presións supera o valor preestablecido, normalmente 5 m.c.a., desencadéase o proceso de limpeza:
• Ábrese a válvula de drenaxe , (3).• A presión no colector, (6), e nas boquillas, (7), descende, consecuencia da apertura do drenaxe.
• Créase un refluxo no entorno das boquillas, que arrastra ás partículas adheridas á malla de filtrado. A auga de lavado sae polo drenaxe de limpeza.
• Un motor, (8), que pode ser hidráulico ou eléctrico, encárgase de facer rotar o colector e tamén de desprazalo lonxitudinalmente, mediante un pistón, (9). Deste xeito as boquillas fan un varrido por toda a malla, para deixala limpa.
19/01/11
Montaxe rega localizada no viveiro
Neste albúm de fotos podedes ver parte do proceso de montaxe dun sector de rega por goteo no noso viveiro de formación.
Filtrado auga de rega
Na caseta que hai no frente balsa de rega (familiarmente a charca) esta situado o grupo de bombeo e o sistema de filtrado.
Antes: estaba constituido por un conxunto de filtro de area + filtro anelas (x2 para permitir o contralavado)
Agora: o filtrado corre a cargo dun moderno filtro de malla autolimpiante. Este tipo de filtros realiza a mesma función que os dous anteriores, con maior volume de filtrado, menos perdas de carga e menos mantemento. Ver orzamento.
Tamén engadíuse unha bomba multicelular con variador de frecuencia (que permite variar a velocidade de xiro do motor axustándoa a demanda) para optimizar o funcionamento da rega e reducir o consumo eléctrico. Ver orzamento.
Antes: estaba constituido por un conxunto de filtro de area + filtro anelas (x2 para permitir o contralavado)
Agora: o filtrado corre a cargo dun moderno filtro de malla autolimpiante. Este tipo de filtros realiza a mesma función que os dous anteriores, con maior volume de filtrado, menos perdas de carga e menos mantemento. Ver orzamento.
| Filtro de malla autolimpiante ELI modelo AF-202. |
A frecha sinala un auto-purgador situado na parte alta da bomba, para dar saída ao posible aire acumulado na aspiración.
17/01/11
Tema rega
Estes días estamos co tema da rega a voltas, pois ben aquí tedes unha pequena recopilación da información relativa ao mesmo:
Manexo e mantemento de instalacións de rega localizada en Web propagación infinita. Editado pola Consejería de agricultura y agua da Comunidad de Murcia.
Regaber, páxina web dunha das empresas potentes en rega agrícola.
| balsa de auga da'Granxa |
elriego.com/información técnica nesta páxina podemos atopar unha morea de información ben estructurada e de fácil comprensión.
A rega dos viveiros.pdf en Web propagación_infinita. Onde trátanse temas relativos a:
Os tubos de rega / Os accesorios de rega / A rega dos viveiros / Programación das regas / Automatismos / Filtrado das augas / Cálculo das instalacións de rega / Fertilización coa auga de rega-Fertirrigación / Conservación e mantemento das instalacións de rega.Manexo e mantemento de instalacións de rega localizada en Web propagación infinita. Editado pola Consejería de agricultura y agua da Comunidad de Murcia.
anexo da rega en envase.pdf en Web propagación_infinta. Relativo as particularidades da rega de planta en envase.
sectores viveiro formación.pdf tamén en Web propagación_infinita. Exemplo práctico do viveiro do CIFP A Granxa (sectores de formación de arbustos).
mellora do manexo da auga de rega, memoria do grupo de traballo celebrado no Centro no 2008sectores viveiro formación.pdf tamén en Web propagación_infinita. Exemplo práctico do viveiro do CIFP A Granxa (sectores de formación de arbustos).
sistemas de rega para uso en viveiros, artigo do especial viveiros 2005 da revista Horticultura.
nutrición e rega nos viveiros, artigo do especial viveiros 2006 da revista Horticultura.Regaber, páxina web dunha das empresas potentes en rega agrícola.
mercar, tirar, mercar
Magnífico e esclarecedor documental que analiza as implicacións económicas e ambientais da obsolescencia programada. De obrigado visionado para educarnos como consumidores responsables.
Ver documental: comprar, tirar, comprar
PD. Non é producción de planta, pero non so de pan vive o home.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)