Neste video podemos ver todo o proceso da realización do Enxerto de Coroa executado polo viveirista Xosé Sanchez (de Orvisa House). O enxerto realízase sobre Catalpa bignonioides enxertando unha variedade de xChitalpa tashkentensis (*).
Neste enxerto alto a Chitalpa aporta unha copa máis pequena e menos frondosa cunha catalpa (a Chitalpa ten as follas máis pequenas e lanceoladas), pero de maior rixidez (as ponlas), pero a característica máis salientable é a súa abundante e longa floración de cor rosa ou branca azulada (moi reflorecente). Por outra banda o portaenxerto, a Catalpa, de maior vigor, préstase máis a facer un tronco dereito e de bo calibre en menos tempo.
(*) A Chitalpa é un híbrido entre especies de xéneros diferentes (lembrade: por iso o "x" antes do nome xenérico; se o híbrido é entre especies do mesmo xénero o x vai diante do nome específico). É un híbrido entre Chilopsis linearis, nativa do suroeste de Estados Unidos e Norte de México, e Catalpa bignonioides, nativa do sureste de Estados Unidos. Este híbrido obtívose por vez primeira no xardín botánico de Tashkent, capital de Uzbekistan, de aí o seu nome xChitalpa tashkentensis.
É un arbusto ou pequena árbore caducifolia. Como é característico da hibidación cada proxenitor aporta as súas cualidades: Catalpa aporta resistencia ao frío e Chilopsis aporta resistencia ao calor e a seca.
13/02/11
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario