O mesmo autor, Gil-Albert, tamén ten varios libros de poda de especies ornamentais: Las podas de las especies arbóreas ornamentales e idem de las especies arbustivas ornamentales ambos tamén en MP.
A Deputación Foral de Bizkaia ten editadas publicacións interesantes sobre fruticultura. As tedes colgadas en PFD na web do blog:
Máis cousas:
Apuntes de gestión de la estructura del arbolado urbano de Gabriel Iguiñiz de http://www.arbolonline.org/
Como podar árboles do USDA, moi resumido.
Bueno e por último, o máis importante, as bases ou as leis fundamentais, e os seus autores, os pais da arboricultura moderna:
Alex L. Shigo; Compartmentalization Of Decay In Trees (CODIT). Compartimentación do decaemento en árbores ou Leis do desenvolvemento das podremia da madeira viva.
Segundo a teoría de Alex Shigo, CODIT, cando se fire unha árbore esta experimenta cambios celulares que forman barreiras de contención ao redor da ferida, retardando ou previndo a extensión da enfermidade e o decaemento do resto da árbore. Esta teoría dos anos 70, moi discutida daquela, agora é uns dos principios fundamentais da arboricultura.
F. Hallè y R.A.A. Oldeman; Arquitectura arbórea. Leis e modelos de desenvolvemento.
Describe os modelos concretos de desenvolvemento aos que obedecen as diferentes especies arbóreas, definindo 22 modelos estruturais (os máis comúns son 4) segundo tres parámetros: Crecemento, ramificación e diferenciación dos eixes aéreos.
Pierre Raimbault; Modelo de desenvolvemento en 10 etapas definidas.
Segundo este autor, as etapas da vida dunha árbore axústanse a un Modelo de desenvolvemento natural, que ten varias fases estándar (...).
Claus Mattheck; Visual Tree Assessment (VTA).
A base da Avaliación Visual do Arborado (EVA), permite mediante da observación de síntomas, determinar o estado xeral e emitir unha diagnose.
Ningún comentario:
Publicar un comentario