Facer un catálogo de árbores sobresaintes non é unha idea nova; o omnipresente enxeñeiro Rafael Areses xa seleccionou sete mágnificas árbores na provincia de Pontevedra. Entre elas destacaba o Piñeiro manso (Pinus pinea) de Areas*, que foi adquirido polo estado para protexelo pero por razóns de difícil comprensión foi apeado.
Esta é a unica foto que atopei, suficiente para facerse unha idea do seu extraordinario tamaño.
*Seica estaba en Tomiño. Inda que Areas pertence ao Concello de Tui.(?)
Para consolarnos temos o Piñeiro manso dos Candeiras**, no lugar do Castro - Ponteareas. Fai dous anos profesores e alumnos do CS-XORNP d'Granxa, en colaboración ca Consellería de MA, realizou labouras de poda e limpeza de ponlas mortas.
O ano pasado intentamos recoller semente, pero as poucas piñas que ten son inaccesibles.
**O Pino manso dos Candeiras está incluido no catálogo de árbores senlleiras da Galiza.
Boas a todos!! alégrome q o blog siga funcionando. Uxio, e certo q a árbore senlleira descuberta por Rafael Areses estaba en Tomiño, a verdade e q s atopaba nunha parroquia de Tomiño máis ou menos cercana o viveiro de Areas un lugar chamado a costa do pino manso en Torrón (Sobrada), na actualidade seguese coñecendo este lugar con ese nome "A costa do pino manso" inda q por desgarcia o pino manso xa non está. Cando estuben facendo as prácticas no viveiro dixéronme q están buscando o lugar onde estaba. Prece ser q cando cortaron o pino (q non s sabe xq o fixeron) quedou un gran tocon e o q queren é atopalo pa facer unha estimación do tamaño, idade,... No viveiro teñen unha foto do pino o completo. un saudo. e ánimo co blog
ResponderEliminarSaúdos Paula. Moitas grazas por seguir aí, e pola túa aportación ao tema. A ver se consigo esa foto de corpo enteiro do piñeiro.
ResponderEliminar