03/11/10

Arbutus unedo

O noso érbedo vaisenos...

Nestes momentos é a árbore máis vella do centro, cuns 100 anos?. No 99, cando cheguei eu, estaba feito un chaval. Nun temporal rompeuse un dos brazos (1/3 da árbore) e a partires de aí xa empezou a ir a menos. Mágoa

Estas poucas follas e un froito é o que queda a día de hoxe.
Pois aí onde o vedes este Arbutus unedo (érbedo, moroteiro, albedro) e a planta-nai dos que estan agora no viveiro (lote AU1-08), que foron feitos de semente en outubro do 2008.

Nesta serie de imaxes pódese seguir o seu proceso de cultivo para a obtención de planta de Arbutus formada en bola baixa e en bola alta.

27/10/10

A seca do amieiro

Un fungo está a eliminar os nosos amieiros (Alnus glutinosa) dun xeito fulminante. Seica trátase de Phytophthora alni un novo patóxeno que apareceu nos United of Kingdom alá polos 90. O tema é preocupante xa que o Alnus glutinosa é a máis importate das árbores riparias que forman os bosques de galería da Galiza.

Contra este tipo de enfermedades vasculares pouco se pode facer. Posiblemente a solución pase por buscar poblacións locais que presenten resistencia e reproducilas. Tamén pódense hibridar con outros Alnus, buscando formas resistentes e clonandoas; usandoas directamente ou ben como portaenxerto.

Novas de prensa (da Voz de Galicia) sobre o tema:
ver nova 06/09/09
ver nova 19/04/10
ver nova 25/10/10
O ameneiro propágase ben por sementes, ainda que emite moitos chupóns de raíz. Ten moitas raíces superficiais. Perde cedo a raiz principal e desenvolve numerosas raíces secundarias oblicuas e terciarias verticais profundas de forte ancoraxe, permitíndolle resistir as cheas dos ríos. En condicións de enchoupamento permanente produce raíces adventicias e moi ramificadas. Nas raíces superficiais ten nódulos fixadores de nitróxeno atmósferico (isto só o fan as leguminosas), asociado a bacteria Actinomycetes alni. O ameneiro necesita ter as súas raíces na auga, tolerando ben o enchoupamento permanente sempre que haxa renovación de auga (auga corrente, ligado os cursos de auga). Mod. de Wikipedia.

Hoxe: como práctica, e sinxela contribución o mantemento da especie, fixemos unha sementeira de outono (millor sería de primaveira, pero...bla, bla, bla) en bandexa de 84 alveolos para o seu posterior repicado a bandexa forestal ou a raiz núa. Esperemos ter máis éxito que o ano pasado onde as hepáticas afogaron a nascencia.

Algunhas fotos do proceso:

26/10/10

Invernadoiros de multiplicación

Hoxe surdíu o tema do control climático en invernadeiros; e fixéronse notar as carencias do tunel de esgallado e do invernadeiro de producción de planta da Granxa.

As comparacións sempre son odiosas, pero...velaí unhas fotos do invernadoiro de esgallado de Kiwiplant do grupo ONUSA.



Nota: Os viveiros modernizáronse moitísimo estes últimos dez anos en Galicia, e en especial no Baixo Miño. E non só a nivel de instalacións, senon tamén en estructura productiva e comercial...tema para outro día.

25/10/10

Fixación das plantas de viveiro

Se non queremos pasarnos a vida erguendo planta cada vez que sopra o vento (nun viveiro poden chegar a ser moitas horas de traballo improductivas que encarecen a planta)...

Aspecto do noso viveiro o 05/01/10

...hai que buscar solucións. E como para case todo hai distintas solucións:



Ter o centro de gravedade baixo tamen axuda, por iso soese empregar macetas anchas e baixas para as formas altas. Centro de gravità permanente de Franco Battiato, non ten moito ver...pero veume a cabesa.

19/10/10

Temario futuras oposicións de AFM?

Entre as publicacións da páxina da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) aparece un temario en PDF de C1-Escala de Axentes Facultativos Medioambientais que podedes descargar. Non só inclue os títulos dos temas, tamén contidos (dispoñible en galego e en castelán, shortly in english I suppose).

Só para futuros servidores públicos, absterse emprendedores.
https://egap.xunta.es/biblioColec.php?id=43

15/10/10

Coprosma x kirkii

Ben, nesta entrada imos seguirlle a pista (léase poceso productivo) aos Coprosma x kirkii esgallados en novembro do ano pasado polos vosos compañeiros (Lote CK1-09).

Velaí a seguinte serie de fotos comentadas deste proceso ata día de hoxe:



P.S. Se queres ver as imaxes do proceso de esgallado preme eiquí.

08/10/10

Árbores senlleiras

O outro día, na clase, estivemos a falar das árbores PLUS, seleccionadas polas súas boas características fenotípicas para integarse nun programa de mellora vexetal. Outra cousa serían as árbores senlleiras, concepto que se refíre a aqueles exemplares de calquera especie que polas súas características extraordinarias son considerados reliquias botánicas, que teñen un valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico e ornamental superior. Para garanti-la conservación destas árbores no 2007 publicouse o DECRETO 67/2007, do CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS, no que se establecen as árbores e formacións singulares merecedoras dun ámbito especial de protección.

Facer un catálogo de árbores sobresaintes non é unha idea nova; o omnipresente enxeñeiro Rafael Areses xa seleccionou sete mágnificas árbores na provincia de Pontevedra. Entre elas destacaba o Piñeiro manso (Pinus pinea) de Areas*, que foi adquirido polo estado para protexelo pero por razóns de difícil comprensión foi apeado.

Esta é a unica foto que atopei, suficiente para facerse unha idea do seu extraordinario tamaño.

*Seica estaba en Tomiño. Inda que Areas pertence ao Concello de Tui.(?)

Para consolarnos temos o Piñeiro manso dos Candeiras**, no lugar do Castro - Ponteareas. Fai dous anos profesores e alumnos do CS-XORNP d'Granxa, en colaboración ca Consellería de MA, realizou labouras de poda e limpeza de ponlas mortas.

O ano pasado intentamos recoller semente, pero as poucas piñas que ten son inaccesibles.

**O Pino manso dos Candeiras está incluido no catálogo de árbores senlleiras da Galiza.

04/10/10

What is it?

Cando estabamos a poda-los érbedos, erguémo-las tapas dalgunhas macetas e nos atopamos coas estructuras que vemos na foto. Despois duns momentos de dúbidas acordamos que se trata de hepáticas preexistentes a colocación das tapas que resistiron nun ambiente de oscuridade, quedando albinas e raquíticas. Convencidos?

30/09/10

Disposición da planta en M-2

O outro día dubidábades de como colocar os érbedos (Arbutus unedo) no viveiro. Como unha imaxe seica vale máis que mil palabras, velaí:


Disposición da planta en M-2L, o que equivale a unha densidade de 13 plantas/m2
Tedes máis información sobre este tema na web de apoio ao blog/apuntes/sectores viveiro formación.pdf

PD. As plantiñas da foto non son érbedos senon Ilex crenata "Convexa", moi apreciada para borduras, topiaria, bonsais,...

Inicio novo curso

Ola de novo, xa estamos de volta. Comeza un novo curso no módulo de xestión e orghanisasión da produción de plantas.

Os vosos compañeiros do ano pasado puxeron a funcionar este blogue para visualizar a evolución do seu traballo ao longo do curso. E a verdade que un bó xeito de rexistrar e analizar información, así como de canalizar dúbidas, etc...xa vedes unha poderosa ferramenta a vosa disposición.

PD. Prego, animádevos a participar; senón rematarei falando só e é moi triste.

Xa temos unha primeira foto de grupo:

28-09-10