Xa está eiquí o nadal e con el todo un clásico destas datas a Poinsetia ou flor de Pascua.
O seguinte video (A Labranza 06-09-2009) falavós da producción desta planta no viveiro VIVERGAL en San Sadurniño.
Este viveiro organiza INFOTEC: unhas xornadas técnicas orientadas a viveiristas profesionais, onde trátanse temas de actualidade e novidades do esixente mercado da planta de temporada e interior.
20/12/10
09/12/10
Pulgóns, transxénicos e outras historias inquedantes
Neste enlace podedes ler un interesante artigo sobre transxenie e pulgóns...esta redactado con sentido do humor (a min faime gracia), mais non lle resta rigor científico. Pode ser de utilidade para entender e relacionar conceptos como: transxenie, clonación, partenoxénese, simbiose e parasitismo.
http://www.imprescindiblesdelaciencia.es/?p=439
Inquedante, abraiante...venme a mente a película Invasion of the Body Snatchers (A invasión dos ladrós de corpos, de 1956). O film trata dunha invasión extraterrestre na que esporas vidas do espazo exterior dan orixe a vainas, das que xurden copias idénticas (clons) dos seres humáns. A intención destes seres é remprazar a toda a raza humán por copias carentes de sentimentos...un clásico do terror moi recomendable para estas datas...ante todo "espíritu navideño".
Nota: No caso dos alimentos tranxénicos deben presentar no seu etiquetado, onde aparecen os ingredentes, xxx modificado xenéticamente ou producido a partires de xxx modificado xenéticamente.

03/12/10
Brotes
Despois dun imprevisto (pa habernos matao)...a primeira visita é ao viveiro de plantel ornamental BROTES. É un viveiro novo (3-4 anos) que fai plantel en bandexa de alveolos e planta preformada en M-9, moi ordeado e organizado.
A frase do día: "Calquera viveiro é susceptible de mecanizarse ata a máis absoluta ruina do propietario"
A frase do día: "Calquera viveiro é susceptible de mecanizarse ata a máis absoluta ruina do propietario"
02/12/10
Castanea sativa resistentes a tinta
Para loitar contra Phytophthora cinnamoni, ademáis de empregar híbridos resistentes coma portainxertos ou productores directos, existe outra posibilidade: buscar individuos, entre a diversidade xenética existente (que en Galicia é moita), que presenten unha resistencia natural ao fungo, testalos e clonalos para a súa reproducción. Este proceso ten unha ventaxa moi grande, que é: aproveitar a adaptación natural que presenta C. sativa ao clima do país, e a súa mellor calidade de froito e madeira.
No seguinte video podemos ver unha interesante reportaxe (TVG A Labranza 24-01-10) sobre este proxecto que se esta a levar a cabo no viveiro de Tragsa en Maceda (OU). Si todo vai ben dentro de pouco podería empezar a comercializarse material cualificado procedente deste proceso.

30/11/10
Nemátodo do piñeiro
Como era de esperar xa temos eiquí ao Bursaphelenchus xylophilus, un nemátodo ou verme cilíndrico de menos de 1 mm de lonxitude (inapreciável a vista) que se desenvolve no interior da madeira...cuidadito, é o causante da enfermidade da seca do piñeiro (Pine Wilt Disease). No seu lugar de orixe, Norteamérica, non causa danos importantes, pero nos paises onde se introducíu causa a morte das árbores infectadas poidendo acadar niveis epidémicos de tal magnitude que se considera o pátoxeno do piñeiro máis perigoso a escala mundial. Para propagarse dunha árbore a outra necesita dun vector, que neste caso é un escarabello cerambícido común o Monochamus galloprovincialis (perforador da madeira). Este insecto apenas percorre uns centos de metros en cada vó, non desplazándose máis alá de 3 km na súa vida adulta. Trátase dunha transmisión a curta distancia...pero aí entramos os humáns e a globalización...o maior perigo son os movementos comerciais da madeira afectada (condicións de movemento).
Deixovós uns enlaces con noticias relacionadas:
TVG Labranza 09-08-09
Faro de Vigo 28-11-10_1
Faro de Vigo 28-11-10_2
Faro de Vigo 27-11-10
Resolución do 17 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.

29/11/10
Poda acivro
O acivro é unha planta moi interesante tanto a nivel ornamental; moi empregada nos xardíns e tamén como motivo decorativo no nadal (o que casi a leva a desaparición e actualmente é unha especie protexida) como a nivel mediambiental, proporcionando acubillo e alimento a faúna silvestre nos meses de inverno.
En concreto imos a tratar o tema da poda das distintas especies de Ilex, que temos no viveiro: Ilex aquifolium, I. aquifolium "Argentomarginata", I. aquifolium "Aureomarginata", I. aquifolium "Alaska", Ilex x meserveae "Blue Angel", I. crenata "Blue Hedge", I. crenata "Convexa"

Neste álbum podemos ver o proceso de poda de planta de Ilex aquifolium en bola baixa (o ano pasado) e alta.
Neste outro álbum imos ver distintas podas de formación (Salvador Rouco as the special guest pruner) en distintos acivros: Ilex aquifolium Alaska en bola, Ilex crenata Green Hedge en pirámide e Ilex crenata Convexa en bola e en macrobonsai.
28/11/10
Organismo misterioso
Acabouse o misterio...o "it" que apareceu o ano pasado nos plantóns de Quercus robur e este ano en Pinus radiata é un fungo chamado: Thelephora terrestris. Pero que non cunda o pánico; pois trátase dun fungo micorrizicico (do tipo ectomicorriza). É un fungo que pode aparecer espontaneamente nos viveiros xa que gosta de vivir na turba. E moito máis frecuente atopala asociada a coníferas que a frondosas.
Nestes enlaces foto 1 , foto 2 da páxina http://www.forestryimages.org/ podedes ver unhas fotos de planta de viveiro micorrizada con este fungo. E neste outro un artículo sobre os beneficios e aplicación práctica das micorrizas en viveiros forestais
Corpo fructifero de Thelephora terrestris

Etiquetas:
Despexando dúbidas,
microrrizas,
sanidade vexetal
24/11/10
Poda érbedos
Seguimos cos érbedos...velaí tedes os resultados da poda de fai dous meses. Responderon moi ben, e por cada corte optemos un alto número de rebrotes.
Mancha foliar do érbedo
Hoxe, no viveiro, víamos unhas manchas necróticas nas follas (necrotic leaf spot disease, se vades por aí fora) dos érbedos, e faleivós dunha enfermidade endémica desta especie causada polo fungo Septoria unedosis var. vellanensis, coñecida vulgarmente mancha foliar dos érbedos.
manchas foliares por Septoria unedosis
Pero pensandoo ven non mo parece. As manchas por Septoria caracterízanse por presentar un centro seco de cor grisenta rodeado dunha aureola de cor púrpura. Estas necrosis son máis grandes e de cor marrón escura. Posiblemente Pestalotiopsis maculans que tamén é unha mancha foliar, pero cunha dieta máis variada: Arbutus, Rhododendron (outra ericaceae), Ilex, Camellia.

O control destes fungos é complicado...responden mal os funxicidas. Septoria é un problema menor e Pestalotiopsis produce unha reducción do crecemento e un dano ornamental máis notable (ningunha das dúas é mortal). O control (fundamentalmente preventivo) pasa por combinar funxicidas sistémicos de amplo espectro (en primaveira e outono), ca retirada das follas máis atacadas e o control das condicións ambientais: maior aireación (menor densidade de cultivo) e reducir a humidade foliar (non regar por aspersión, que ademáis dispersa as esporas).
manchas foliares por Septoria unedosisPero pensandoo ven non mo parece. As manchas por Septoria caracterízanse por presentar un centro seco de cor grisenta rodeado dunha aureola de cor púrpura. Estas necrosis son máis grandes e de cor marrón escura. Posiblemente Pestalotiopsis maculans que tamén é unha mancha foliar, pero cunha dieta máis variada: Arbutus, Rhododendron (outra ericaceae), Ilex, Camellia.
O control destes fungos é complicado...responden mal os funxicidas. Septoria é un problema menor e Pestalotiopsis produce unha reducción do crecemento e un dano ornamental máis notable (ningunha das dúas é mortal). O control (fundamentalmente preventivo) pasa por combinar funxicidas sistémicos de amplo espectro (en primaveira e outono), ca retirada das follas máis atacadas e o control das condicións ambientais: maior aireación (menor densidade de cultivo) e reducir a humidade foliar (non regar por aspersión, que ademáis dispersa as esporas).
17/11/10
Proxecto Charases
Para máis información visitade a páxina http://www.anabam.org/PROXECTO%20CHARAXES%20JASIUS.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)