11/01/10

Xerador aire quente A´Granxa

Este é modelo de xerador de aire quente do invernadoiro nº6.
Funcioa do seguinte xeito: Ten un queimador de gas-oil que quenta unha peza cerámica, e un ventilador que forza o fluxo de aire a través da mesma (o material cerámico fai de intercambiador de calor quentando o aire).
Compoñentes (ver foto):
1. entrada aire.
2. queimador.
3. intercambiador.
4. saída aire quente*.
5. saída de gases ou cheminea ao exterior do invernadoiro (detalle importante se non se quere morrer intoxicado por CO) **.
6. Depósito gas-oil
*Se queremos mellorar a distibución do aire quente no invernadoiro pódese dispoñer un tubo de plástico perforado (ver foto)
**No caso de que se colocase no exterior do invernadoiro non necesitaría saída de gases.

2 comentarios:

  1. Carai Uxío, esto é empezar o ano con forza. Dúas entradas a vez.

    Esta última quedou moi ben, e ademáis quedou moi ilustrativo.

    ResponderEliminar
  2. isto seguro que cae no exame. Pero penso que quedou claro

    ResponderEliminar