
Pero pensandoo ven non mo parece. As manchas por Septoria caracterízanse por presentar un centro seco de cor grisenta rodeado dunha aureola de cor púrpura. Estas necrosis son máis grandes e de cor marrón escura. Posiblemente Pestalotiopsis maculans que tamén é unha mancha foliar, pero cunha dieta máis variada: Arbutus, Rhododendron (outra ericaceae), Ilex, Camellia.
O control destes fungos é complicado...responden mal os funxicidas. Septoria é un problema menor e Pestalotiopsis produce unha reducción do crecemento e un dano ornamental máis notable (ningunha das dúas é mortal). O control (fundamentalmente preventivo) pasa por combinar funxicidas sistémicos de amplo espectro (en primaveira e outono), ca retirada das follas máis atacadas e o control das condicións ambientais: maior aireación (menor densidade de cultivo) e reducir a humidade foliar (non regar por aspersión, que ademáis dispersa as esporas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario