29/11/09

E tí quen ves sendo?

En algúns carballos (Q. robrur) en bandexa do lote QR01/98 que seleccionamos (nunha práctica) por criterios de calidade de planta (aprox 500 uds), apareceu un non sei que é ; todavía sen identificar (admítese axuda). No caso que fora un fungo patóxeno vainos a obrigar a destruir o lote (queimalo)....snif, snif.
Pero altes de facer algo irreparable...reflexionemos. As evidencias son as seguintes: parécese moito a unha hepática ou a un lique folioso. Non se aprecian danos na planta; nin exteriores, desposis de retirar a envoltura (o que se fai sen dificultade, non está adherida), nin interiores, para comprobalo cortamos dúas plantas e non se aprecia necrose algunha....moi malo non parece.

http://www.webplantas.com/n-plantas-no-vasculares-criptogama.html

28/11/09

Oliveiras do viveiro

Nome botánico: Olea europaea
Nome común: Oliveira
Zona procedencia semente: Mogadouro. Portugal (no Alto Trás-os-Montes, moi perto do Parque Natural Douro Internacional).
Data recollida semente: 03/11/2007
Sementeira: 14-11-2007 (sen tratamento)
Operacións de cultivo:
-1º transplante: X-2008 / M-2L + entitorado
-2º transplante: XI-2009 / M-5 L + novo atado entitorado
Nºplantas en viveiro: 32 uds
Ubicación en viveiro: sector 1 - liña 7
Ref: Olea europaea / M-5 L / 2 anos

27/11/09

MFR

Na páxina da consellería de medio rural / areas / forestal / silvicultura / material de reproducción; tedes o rexistro galego de materiais de base para a produción de planta forestal a empregar nas repoblacións. Ten un práctico buscador no que podedes entrar por: zonas de procedencia, especie, categoria MFR, tipo ou concello. Moi útil, antes toda esta información esta dispersa por un feixe de DOGs. Tamén inclúe unha aplicación informática de uso libre para a xestión do material forestal nos viveiros.
Falando da páxina de medio rural, xa o comentamos na clase, pero neste caso en areas / agricultura / horta / viveiros e sementes; é onde aparece a información e os formularios referentes a: declaracións de cultivos, solicitudes de inscripción no rexistro oficial de productores, comerciantes e importadores vexetais, solicitudes de expedición de pasaportes fitosanitarios, boletíns infomativos sobre pasaportes, etc....navegade, navegade.

Pteris

O fieito que vimos hoxe no tunel é un Pteris, seguramente un Pteris cretica.
Nesta dirección tedes información referente a reproducción/cultivo de fieitos:
http://www.infoagro.com/flores/plantas_ornamentales/helechos.htm

24/11/09

Manexo da auga de rega no viveiro

Aquí tedes a memoria dun grupo de traballo sobre manexo da auga de rega composto por profesores do CIFP A Granxa e do IES Tomiño (do CM-Traballos forestais e conservación da natureza), que se celebrou na Granxa o ano 2008 coordinado polo compañeiro Salvador Rouco.

23/11/09

Néboda

Creo que a todo o mundo lle gustan as castañas cocidas,(senon é asi é que non sodes deste planeta), bueno ó mellor a xente de Salcidos si que non é, non nos dispersemos, ía dicir outra cousa. Pois falando de castañas cocidas unha herba aromática que se emprega aparte do fiuncho para botarlle ás castañas cocidas é a néboda. Seguindo este enlace podedes ver que non só lle gusta ós humanos. O nome científico é Calamintha nepeta
http://www.youtube.com/watch?v=Gjzzyu74psA

22/11/09

A por el callistemun!!

http://www.youtube.com/watch?v=RXXGLbA_CKM&feature=related

Así da gusto!

Ovos de caracol

O que víamos o outro día enmacetando no viveiro eran ovos de caracol. Os caracois e as lesmas pertencen a familia dos gasterópodos (que significa con pés no estómago). Teñén a peculiaridade do hermafroditismo, é dicir son machos e femias a vez, polo que calqueira individuo é potencialmente capaz de poñer ovos; en pequenos ocos na terra (neste caso nas macetas). Os caracois son moi voraces e causan grandes danos nas follas das plantas (as babosas prefiren follas marchitas ou caídas, pero tampouco lle fan ascos as verdes).
Agora, xa falando como viveiristas, estos limacos non son os nosos amigos, maís ben todo-lo contrario. Por iso hai que eliminalos, a eles e as súas postas. Os caracois xa teñen moitos inimigos naturais (millor): aves, ratóns, culebras, rás, píntegas e tamén dentro dos insectos. Pero ainda así, en moitos casos, é necesario botar man do arsenal químico: metaldehido, metiocarb, compostos con ferro (ecolóxicos). Tamén están os medios físicos, en loita integrada hai que combinar tódolos métodos: esmagalos.

20/11/09

Boa sorte

Propáganse os blogs no CIFP A Granxa.....Boa cousa....

Pensaría que é un pouquiño de envexa dos xestores do patrimonio, se non fose que é a mesma xente a que anda a traballar.

Estando Uxío polo medio sei que imos reir bastante.
Boa sorte e a ver onde leva.....Supoño que polo título ata o infinito e mais alá. Non está mal!!

Mª José P

19/11/09

video forestal

Si queredes ver un video musical forestal total, seguide este enlace, tede paciencia que vos daredes conta de porque é forestal. Rodrigo estaría orgulloso de nos. Sniff, sniff, como aprendemos.....

http://www.youtube.com/watch?v=AKSJLop26yI

Campaña participación

Ben propagadores temos que aumentar a participación no blogue. Xa teño un slogan, a ver que vós parece: "PARTICIPA NO BLOGUE OU MULTIPLICATE x 0". Sí, é un tanto agresivo, pero é directo, fresco e xuvenil, e un tanto descerebrado....ideal.

17/11/09

Revistas on line

Na páxina http://www.horticom.com/ podedes acceder a sección revistas on line, onde atoparedes, entre outras cousas, artículos sobre viveiros.
http://www.horticom.com/revistasonline/

Árbore do Neen

O neen, nin, nimba,....para que están os nomes botánicos: a Azadirachta indica é o árbore do que se extrae o aceite de neen un potente insecticida biolóxico. Parece ser que temos unha planta no centro???...o descoñezo. O que si temos é Melia azedarach, árbore da mesma familia (meliaceas) e que tamen ten propiedades insecticidas (os froitos presentan unha alta toxicidade).
Para saber máis vos pego o enlace de wikipedia.
http://es.wikipedia.org/wiki/Azadirachta_indica

"Pídoma"

Como podemos vivir sin esta marabilla. Seguro que o transplante do Callistemun do ano pasado con esta Dyna-Diggr Powell Shovel (podémola chamar super-laia) era cousa de nenos.

A toda máquina

Mirade o proceso de extracción de planta forestal (piceas ou abies) deste viveiro forestal de Yorkshise cunha máquina deseñada para tal fin.

15/11/09

Boasssss!
Al fin consiguo acceder, despois de moito esforzo.

13/11/09

Despexando dúbidas


Nesta foto podemos ver que os froitos que vimos o outro día son os do Brachichiton (os da Colutea teñen un parecido, pero non). É unha árbore que ten un tronco característico, ensanchado na súa base, polo que vulgarmente coñécese por árbore botella.

Propagaos

Como bos vexetais, agardo que o segundo curso do ciclo de xestión se propague polo mundo como as plantas. Eu tratarei de adubarvos e regarvos, aínda que sei que tedes ó enxeñeiro que vos vai abrir a vosa espiritualidade cara a convertirvos en bos mobles de salón.

WEL COME

Wel come!

Xa stamos no espazo, propagando información ata o infinito...!!

un saúdo a todos.

POR FIN!!!!!

POR FIN!!!!!!!!!!!

HOLA A TODOS!

DESPUES DE TODA LA MAÑANA INTENTÁNDOLO, YA ESTOY DENTRO

Benvida

Xa estamos no ciberespacio...pero cos pés na terra, coma as plantas. Porque o tema
vai de plantas, concretamente de producir plantas. Esperamos que este blog de aula
sexa unha ferramenta de utilidade para todos os que se acheguen a el.

Produción de plantas forestais

video

Boas a todos!!!

Boas a todos!!!!!

Entre todos produciremos e
propagaremos a esgalha!!!!!!!!

12/11/09

Comezo da nosa aventura....

Hola a todos,

Hoxe, os alumnos de 2º de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos, inauguramos este blogue co fin de presentar o noso traballo no módulo de Producción de Planta ao mundo, e principalmente, ao sector forestal.

Sen máis, esperamos ter unha boa acollida e aportar o noso graniño de area ao sector forestal mediante a producción de planta.