03/11/10

Arbutus unedo

O noso érbedo vaisenos...

Nestes momentos é a árbore máis vella do centro, cuns 100 anos?. No 99, cando cheguei eu, estaba feito un chaval. Nun temporal rompeuse un dos brazos (1/3 da árbore) e a partires de aí xa empezou a ir a menos. Mágoa

Estas poucas follas e un froito é o que queda a día de hoxe.
Pois aí onde o vedes este Arbutus unedo (érbedo, moroteiro, albedro) e a planta-nai dos que estan agora no viveiro (lote AU1-08), que foron feitos de semente en outubro do 2008.

Nesta serie de imaxes pódese seguir o seu proceso de cultivo para a obtención de planta de Arbutus formada en bola baixa e en bola alta.

3 comentarios:

  1. Anónimo11/11/10

    OLAAA!!
    Moi boas a todos, como vai todo por ahí? espero que moi ben. Que mágoa o do "avó érbedo"... polo menos deixou descendencia!!!!
    Ben, eu desexaba saber como podo facer ou a onde me podo dirixir para que me convaliden o carné de manipulador/aplicador de productos fitosanitarios. Sei que nolo comentará o mestre Mariño pero xa non me recordo... esta memoria!
    Se alguén me pode dar unha resposta llo agradecería moitísimo!

    UN SAÚDO PARA TODOS!

    pdt.: Alégrame moito ver que este blogue segue a funcionar!!

    ResponderEliminar
  2. Ola Laura, o carné expídeo a CM Rural. Podes ir, por exemplo, a unha oficiña de extensión agraria (ou como se chamen agora) e solicita-lo, previo pago das taxas. Necesitas aportar unha copia do título ou certificación académica onde figure que tes o módulo superado. Co ciclo superior correspóndete o de nivel 2 ou cualificado.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Anónimo11/11/10

    Moitísimas gracias Uxío!!
    Agora xa o teño claro.

    ResponderEliminar