31/03/11

Planta 1 ano

Estas fotos correspóndense cas plantas obtidas nas prácticas de esgallado de 2009, que no momento da foto tiñan exactamente 11 meses. Xa pasaran por un repicado a maceta de 10,5 e dúas podas.



As podas de formación son fundamentais, é canto antes se empece moito millor. As seguintes fotos son da operación de poda do lote de Coprosma x kirkii


Operacións de cultivo realizadas:
Esgallado: novembro/09
Repicado e 1º Poda: febreiro/10
2º Poda: xuño/10
3º Poda: outubro/10

Entradas do blog relacioadas:
Práctica esgallado
Coprosma x kirkii

25/03/11

Esgallado de Buxo

Como complemento á entrada de Breo, estás son as fotos da labor de esgallado (04/11/2010) do lote de Buxus sempervirens que transplantastedes. A porcentaxe de enraizamento rondou o 75%.

23/03/11

LABORES DE TRANSPLANTE

Velaiquí a brilante labor duns grandes profesionais...



Esta é a estaquiña enraizada dun buxo, "xenero-samente" regada.




Mesturando abono no substrato. Trátase dun fertilizante de liberación controlada 8-9 meses cun contenido en nitróxeno do 11%.












Preparación das macetas. Son envases de 9,5
Introducimos a estaquiña enraizada no envase...


...e as colocamos en bandexas.
Logo as colocamos no "carry"...
...e as transportamos ao viveiro de engorde.

Por último, a recompensa a tan "laborioso traballo"...
...comida no Imperio, en Ponteareas.

21/03/11

Montaxe invernadoiro

Fotos do proceso da montaxe do novo invernadoiro de horta do CIFP; un multicapela de 3 naves, 8+8+8 x 20 m, de 3,5 m de altura, con cuberta de plástico tricapa (*) con ventilacións laterais e cenitais. O fabricante/instalador é Estufaseuropa de Póvoa de Varzim (Portugal).
Ver orzamento 1  , Estufaseuropa
Ver orzamento 2  , Inversalnes



(*) Plásticos multicapa: A coextrusión de varias películas pretende combinar distintas propiedades para mellorar as prestacións do material plástico. No mercado destacan os plásticos bicapa e tricapa.
Os plásticos tricapa están formados por tres láminas, cada unha delas confírelles unhas características determinadas:
-Capa externa: Resistencia á degradación por UV, resistencia ao rachado, rixidez, transparencia e evitar a fixación de pó.
-Capa intermedia: Efecto termoaillante, elasticidade e difusión da luz.
-Capa interna: Efecto termoaillante e antigoteo.
O PE e o EVA son os materiais máis empregados na coextrusión. Así a coextrusión de EVA entre dous capas de PE limita a transmisividade ao IR a valores inferiores ao 10 % mellorando a transparencia á transmisión solar e dando maior resistencia ao material resultante.

Entradas relacioadas: Control climático en invernadoiros

15/03/11

AssiDomän

Fotos do viveiro forestal sueco AssiDomän *. Este viveiro de planta en envase caracterízase pola calidade da planta, cun proceso productivo moi mecanizado.

O máis destacable deste viveiro é un moderno sistema de almacenaxe/distribución da planta. O cultivo das plantas faise en bandexas forestais, pero se comercializan en cepellón. De xeito que ao final do cultivo as plantas extraense dos alveolos e empaquétanse en caixas de cartón que se almacenan de xeito robotizado nun local climatizado. A comercialización das plantas en caixas ten moitas ventaxas no transporte da mesma é evita sacar as bandexas forestais do viveiro (sen gastos nen perdas e roturas na devolución).



Outro detalle a destacar é a calidade dos envases empregados, tan importante coma a elección dun bo material xenético, para a producción de planta forestal de calidade. No axeitado deseño dunha bandexa forestal interveñen moitos parámetros: volumen, superficie, altura, forma, nervaduras, acanaladuras, aberturas, soportes,...o material tamén é importante: normalmente de plástico ríxido que permitan varios usos sen romperse nin astelarse.

Bandexa forestal de estudiado deseño para conseguir a máxima calidade do sistema radicular (Universid​ade de Upsala. Suecia)

*Viaxe ano 2001 dentro do programa Leonardo con Upsala. Suecia.

14/03/11

Tapas anti-herbas

colocación das tapas nas prácticas de transplante dos acivros este outono
Un dos handicap da produción de planta baixo preceptos da agricultura ecolóxica é non poder empregar herbicidas para o control das malas herbas. E que nós queda...ademáis da onmipresente limpeza manual*.
Ben, unha interesante alternativa no cultivo en envase é o uso de tapetes anti-herbas nas macetas. O funcionamento é ben sinxelo: ao igual cunha malla anti-herbas (que realmente é o que é) impide mecanicamente a xerminación. A efectividade real depende da axeitada colocación (cubrindo ben toda a superficie do envase), da fixación (cuns clips ou grampas) e do material/is da tapa. As tapas teñen que aguantar os ciclos seco-mollado sen acartonarse nen revirarse. Por suposto, o sustrato ten que estar libre de malas herbas antes da colocación das mesmas, porque se non xerminan igual e empurran a tapa cara enriba e...rinse das tapas e de nós.
E non nos podemos esquecer dun tema fundamental: O custe, e este, a día de hoxe, é alto (seguramente un viveiro mediano/grande conseguiría rebaixar notablemente os seguintes prezos).
ver orzamento tapetes anti-herbas

*a limpeza manual é sempre ecolóxica, ou depende de que o operario sexa tamén ecolóxico...je,je

13/03/11

CoMpoSt A´GranxA

compostaxe na Granxa ten unha longa historia de desencontros...proceso longamente acariñado pero que non remataba de callar. Despois de varias experiencias con pequenos composteiros, o proceso a "grhan escala" arranca no curso 2007/08 no marco da A21e do CIFP A Granxa (daquela estabamos dentro).

Este é o histórico album de fotos da Xornada de Compostaxe do 21-02-08 da Granxa

Minivideo do remolque esparcidor en acción:
video

Minivideo da criva rotativa ou tromel:
video

Facer compost a partir de restos orgánicos é un proceso asequible para todo o mundo e super interesante a nivel ambiental: dun subproducto ou residuo potencialmente contaminante obtemos un adubo ecolóxico, quen da máis. Tanto si se ten unha explotación agrícola, un xardín ou ata nunha terraza podes fabricar o teu propio compost:
Manual de compostaxe doméstica de TODOVERDE en Ourense.
E aquí ao lado, en Pías, ECOCELTA

PD. Por poñer algún problema...un dos inconvintes que ten o compost como compoñente dun sustrato de viveiro e a posible presenza de sementes de malas herbas que non se destruiran ou xerminaran durante o proceso da compostaxe.

12/03/11

VBM Plants

O longo deste curso vos teño falado dos Viveiros Baixo Miño (vbm plants) en Tomiño, era unha das posibles visitas a facer este ano no módulo. Ben o módulo remata e non queda tempo, así que imos ter que conformarnos cunha visita virtual.

Eiquí tedes o albúm fotográfico comentado da visita formativa do 2009 a este viveiro de planta ornamental. Menos é nada.



PD. Entrada relacionada: podadora ou despuntadoras automáticas

01/03/11

Control biolóxico

As pragas e enfermidades tamén se poden combater dende un punto de vista biolóxico. Nos seguintes arquivos ou enlaces podedes atopar información sobre:
-Técnicas e productos empregados no control biolóxico de pragas
-Entomofauna útil
-Control natural de pragas e insecticidas de cuarta xeración (Algúns están admidos na agricultura ecolóxica: ver anexo II).
-Control biolóxico de enfermidades con micoorganismos
-ANEXO II Plaguicidas e productos fitosanitarios Regulamento (CE) nº 889/2008. Relación de fitosanitarios ecolóxicos permitidos na agricultura ecolóxica. Exclusións: neem, rotenona, aceites de inverno, polisulfuro de calcio

Loita biolóxica tradicional, neste caso sobre o zombi das leitugas
 








Conceptos:
Agricultura ecolóxica = biolóxica = orgánica
Agricultura biodinámica
Permacultura

Nota: Si vos vai máis a química :(  Taboa de fitosanitarios