30/11/10

Nemátodo do piñeiro

Como era de esperar xa temos eiquí ao Bursaphelenchus xylophilus, un nemátodo ou verme cilíndrico de menos de 1 mm de lonxitude (inapreciável a vista) que se desenvolve no interior da madeira...cuidadito, é o causante da enfermidade da seca do piñeiro (Pine Wilt Disease). No seu lugar de orixe, Norteamérica, non causa danos importantes, pero nos paises onde se introducíu causa a morte das árbores infectadas poidendo acadar niveis epidémicos de tal magnitude que se considera o pátoxeno do piñeiro máis perigoso a escala mundial. Para propagarse dunha árbore a outra necesita dun vector, que neste caso é un escarabello cerambícido común o Monochamus galloprovincialis (perforador da madeira). Este insecto apenas percorre uns centos de metros en cada vó, non desplazándose máis alá de 3 km na súa vida adulta. Trátase dunha transmisión a curta distancia...pero aí entramos os humáns e a globalización...o maior perigo son os movementos comerciais da madeira afectada (condicións de movemento).

Deixovós uns enlaces con noticias relacionadas:
TVG Labranza 09-08-09
Faro de Vigo 28-11-10_1
Faro de Vigo 28-11-10_2
Faro de Vigo 27-11-10
Resolución do 17 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.

29/11/10

Poda acivro

acivro é unha planta moi interesante tanto a nivel ornamental; moi empregada nos xardíns e tamén como motivo decorativo no nadal (o que casi a leva a desaparición e actualmente é unha especie protexida) como a nivel mediambiental, proporcionando acubillo e alimento a faúna silvestre nos meses de inverno.

En concreto imos a tratar o tema da poda das distintas especies de Ilex, que temos no viveiro: Ilex aquifolium, I. aquifolium "Argentomarginata", I. aquifolium "Aureomarginata", I. aquifolium "Alaska", Ilex x meserveae "Blue Angel", I. crenata "Blue Hedge", I. crenata "Convexa"

Neste álbum podemos ver o proceso de poda de planta de Ilex aquifolium en bola baixa (o ano pasado) e alta.

Neste outro álbum imos ver distintas podas de formación (Salvador Rouco as the special guest pruner) en distintos acivros: Ilex aquifolium Alaska en bola, Ilex crenata Green Hedge en pirámide e Ilex crenata Convexa en bola e en macrobonsai.

28/11/10

Organismo misterioso

Acabouse o misterio...o "it" que apareceu o ano pasado nos plantóns de Quercus robur e este ano en Pinus radiata é un fungo chamado: Thelephora terrestris. Pero que non cunda o pánico; pois trátase dun fungo micorrizicico (do tipo ectomicorriza). É un fungo que pode aparecer espontaneamente nos viveiros xa que gosta de vivir na turba. E moito máis frecuente atopala asociada a coníferas que a frondosas.

Nestes enlaces foto 1 , foto 2 da páxina http://www.forestryimages.org/ podedes ver unhas fotos de planta de viveiro micorrizada con este fungo. E neste outro un artículo sobre os beneficios e aplicación práctica das micorrizas en viveiros forestais

Corpo fructifero de Thelephora terrestris

 

24/11/10

Poda érbedos

Seguimos cos érbedos...velaí tedes os resultados da poda de fai dous meses. Responderon moi ben, e por cada corte optemos un alto número de rebrotes.


Mancha foliar do érbedo

Hoxe, no viveiro, víamos unhas manchas necróticas nas follas (necrotic leaf spot disease, se vades por aí fora) dos érbedos, e faleivós dunha enfermidade endémica desta especie causada polo fungo Septoria unedosis var. vellanensis, coñecida vulgarmente mancha foliar dos érbedos.

manchas foliares por Septoria unedosis

Pero pensandoo ven non mo parece. As manchas por Septoria caracterízanse por presentar un centro seco de cor grisenta rodeado dunha aureola de cor púrpura. Estas necrosis son máis grandes e de cor marrón escura. Posiblemente Pestalotiopsis maculans que tamén é unha mancha foliar, pero cunha dieta máis variada: Arbutus, Rhododendron (outra ericaceae), Ilex, Camellia.


follas de érbedo recollidas no viveiro con mancha foliar por Pestalotiopsis maculans



O control destes fungos é complicado...responden mal os funxicidas. Septoria é un problema menor e Pestalotiopsis produce unha reducción do crecemento e un dano ornamental máis notable (ningunha das dúas é mortal). O control (fundamentalmente preventivo) pasa por combinar funxicidas sistémicos de amplo espectro (en primaveira e outono), ca retirada das follas máis atacadas e o control das condicións ambientais: maior aireación (menor densidade de cultivo) e reducir a humidade foliar (non regar por aspersión, que ademáis dispersa as esporas).

17/11/10

Proxecto Charases

Boas. A modo de curiosidade, na visita que fixemos ao Esteiro do Miño o 17-11-10 , o orientador da asociación "ANABAM" que nos guiou, ensinounos un proxecto de reintroducción da bolboreta Charases jasius no Baixo Miño. O proxecto consiste en reforestar unha hectárea de monte de Santa Tegra con 150 exemplaes do érbedo do que se alimenta Arbutus unedo de entre 50 cm. e 2 m. que compraron nun viveiro de Lalín, invertindo uns 3000 €.
Para máis información visitade a páxina http://www.anabam.org/PROXECTO%20CHARAXES%20JASIUS.html

12/11/10

1º aniversario

Hoxe propagación infinita cumpre un ano. Parabens.


Facendo historia: Imaxe da cabeceira orixinal

04/11/10

Cogumelo misterioso

O cogumelo que me ensináchedes o outro día which I didn´t know... pois ben consulteino co compañeiro/experto Tito Davila (un dos profesores que vai ir con vós a saída do vindeiro luns) e resultou ser un Phaeolus schweinitzii. Non é moi común, pero matón. Esta especie parasita coníferas (especialmente piñeiro) causando unha podremia parda da raíz e base do tronco (butt rot fungus), rematando coa morte da árbore (despois segue presente comportándose como saprófita)...Pois a este paso quedámonos sen árbores vellas na Granxa.

Foto do corpo fructífero na base do Pinus pinaster

Un corte do carpóforo. Oxídase rápidamente.

Este fungo podrece o duramen da base da árbore; afectando seriamente a súa estabilidade. Así que xa sabedes...non aparquedes debaixo deste piñeiro!!

Curiosidade: Non todo son problemas; seica emprégase para tinguir lá.

Figure 8. Various colors of dyed wool associated withPhaeolus schweinitzii and a number of different mordants.The wool color sample was provided by Gail Blakely.Photo © Gary Emberger.

03/11/10

Arbutus unedo

O noso érbedo vaisenos...

Nestes momentos é a árbore máis vella do centro, cuns 100 anos?. No 99, cando cheguei eu, estaba feito un chaval. Nun temporal rompeuse un dos brazos (1/3 da árbore) e a partires de aí xa empezou a ir a menos. Mágoa

Estas poucas follas e un froito é o que queda a día de hoxe.
Pois aí onde o vedes este Arbutus unedo (érbedo, moroteiro, albedro) e a planta-nai dos que estan agora no viveiro (lote AU1-08), que foron feitos de semente en outubro do 2008.

Nesta serie de imaxes pódese seguir o seu proceso de cultivo para a obtención de planta de Arbutus formada en bola baixa e en bola alta.