27/03/10

DESPEDIDA

Boas a todos!!

Como ben explica o título da entrada, despídome de vós. Nestes anos que pasamos xuntos ocorreron infinidade de cousas nas que houbo enfados, risas, apertas, saltos, etc, que o final fixeron de nós un grupo, un grupo donde, aínda que non nos déramos conta, podemos confiar os uns nos outros, donde podemos pedir unha opinión ou mesmo axuda para solucionar algunha cousa.

Moitos de nós, acabamos dicindo: Vémonos o día 20... si, vémonos o día 20, pero xa non volverá selo mesmo, non voltaremos máis a aquelas 4 paredes para recibi-las clases de Xabier, Uxío e compañía, nin chegarei tarde a clase, nin traballaremos no viveiro.... nada, rematou todo, e só nos veremos o día 20, diremos 4 cousiñas de como nos vai e pouco máis pero sabemos que no fondo, alí metidiño nun recunchiño, está ese sentimento, ese sentimento de grupo, de amizade, de compañeirismo, de querernos os uns os outros, alí está o 2º curso en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

Que vos vaia ben a todos cos meus mellores desexos tanto aos meus compañeiros/amigos coma aos profesores.

Unha aperta enorme.

Brais Vidal Domínguez


5 comentarios:

  1. JO!!!! BRAIS CASI ME HACES LLORAR. TIENES TOA LA RAZON ALLÍ EN EL FONDO CREO Q TODOS NOS KEREMOS UN POQUITO. ESTÁ CLARO Q NO TO VA SER LO MISMO PERO POR LO MENOS Q SIGAMOS MANTENIENDO EL CONTACTO Y Q SI ALGUIEN NECESIA AYUDA PA LO Q SEA ESTEMOS PA AYUDARLE. BRAIS GRACIAS POR ESTOS RECUERDOS. SALUDOS Y BESOS PA TODOS.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo31/3/10

    Brais, tio eres un "crack"!! A verdade e que non teño palabras...UFFFFFFFFFFFF!!
    Xa non volveremos escoitar a RQ e o seu "metarchivo", a laura e os seus "cromañóns", gela e o seu anel perdido nunha das macetas do viveiro, paula facilitándonos as datas dos exames, jeloi,portela e sonia e froitas co seu bo rollo...!!!
    A todos deséxovos o mellor, espero que nos volvamos ver prontiño!! unha aperta e saúdos para os profes!!

    ResponderEliminar
  3. Tiñas razón Brais cando dicias que era para emocionarse...Levo uns días desconectado do mundanal ruido, entro no blog, e de súpeto atópome andanadas de bó rollo. Alégrome moito que fixerades piña, o pasarades ben...e se de paso aprendéstedes algho útil, buah...o climax!
    Eu tamén sentínme a gusto, e aprendín moitas cousas de vos. Sodes boa xente.
    See you
    PD. Para desesperación de Laura D que todo este sentimentalismo vai facer que vomite; aí vai unha canción de temática vexetal, eso sí nada de new-age...puro rock´n roll que é o que lle gusta as florecitas rockeras (e a mín).
    http://www.youtube.com/watch?v=LqdVitTE6IA

    ResponderEliminar
  4. cago en tal, Brais, se sei que vas poñer esta mariconada a estas alturas nin facía por coñecerte o primeiro ano. Que carallo estabas pensando cando o escribiche, a próxima vez chamame antes para consultarme se debes poñer algo así, vexo que non te ensinei nada nestes dous anos, sintome fracasado. Que va, eu tamén te quero, pero non sabía que foses tan ñoño, eu nisto son un pouco coma Uxío (será que somos vellos). Uxío que imos facer con esta xuventude? Vendo isto estou certo que o planeta se vai o carallo, imos afogar todos en bagoas. Un saudo a todos. Por certo o resto tamén vos quero. Son así de gilipollas que se lle vai facer.

    ResponderEliminar
  5. Bueno, deixando a parte tanta despedida!!! habera que quedar pa unha boa comilona e despedirse de verdade ou que? que ainda non nos libramos os uns dos outros!:D A verda é que son todos bos recordos! Apertas a todos, sodes a ostia!

    ResponderEliminar