22/11/09

Ovos de caracol

O que víamos o outro día enmacetando no viveiro eran ovos de caracol. Os caracois e as lesmas pertencen a familia dos gasterópodos (que significa con pés no estómago). Teñén a peculiaridade do hermafroditismo, é dicir son machos e femias a vez, polo que calqueira individuo é potencialmente capaz de poñer ovos; en pequenos ocos na terra (neste caso nas macetas). Os caracois son moi voraces e causan grandes danos nas follas das plantas (as babosas prefiren follas marchitas ou caídas, pero tampouco lle fan ascos as verdes).
Agora, xa falando como viveiristas, estos limacos non son os nosos amigos, maís ben todo-lo contrario. Por iso hai que eliminalos, a eles e as súas postas. Os caracois xa teñen moitos inimigos naturais (millor): aves, ratóns, culebras, rás, píntegas e tamén dentro dos insectos. Pero ainda así, en moitos casos, é necesario botar man do arsenal químico: metaldehido, metiocarb, compostos con ferro (ecolóxicos). Tamén están os medios físicos, en loita integrada hai que combinar tódolos métodos: esmagalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario