27/11/09

MFR

Na páxina da consellería de medio rural / areas / forestal / silvicultura / material de reproducción; tedes o rexistro galego de materiais de base para a produción de planta forestal a empregar nas repoblacións. Ten un práctico buscador no que podedes entrar por: zonas de procedencia, especie, categoria MFR, tipo ou concello. Moi útil, antes toda esta información esta dispersa por un feixe de DOGs. Tamén inclúe unha aplicación informática de uso libre para a xestión do material forestal nos viveiros.
Falando da páxina de medio rural, xa o comentamos na clase, pero neste caso en areas / agricultura / horta / viveiros e sementes; é onde aparece a información e os formularios referentes a: declaracións de cultivos, solicitudes de inscripción no rexistro oficial de productores, comerciantes e importadores vexetais, solicitudes de expedición de pasaportes fitosanitarios, boletíns infomativos sobre pasaportes, etc....navegade, navegade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario