02/02/10

Hai alghén aí?

Hei propagadores!!, estades xa abducidos polo síndrome fin de ciclo? ou estades simplemente abducidos?...Oh! dade algún sinal, manifestádevos...malos tempos para a lírica, xa o sei: o proxecto, os exames,...pero sempre pódese atopar un recuncho para as plantas; eses seres bondadosos e filántropos. Nós dan O2, e piden tan pouco a cambio, o CO2 que nós sobra do fume dos nosos coches...non se vós abranda o corazón, pecadores...ou era propagadores, da igual, o caso é: que hai máis importante que a propagación deses seres excepcionais...pero aínda estades a tempo. Podédevos redimir facendo unha nova entrada no blog, ou facendo o voso (xeneroso) donativo á conta que aparece a pé de páxina. A elección é vosa.
O tele-propagador
2009-2010-00-0000011888

P.D. Isto, claro está, é unha brincadeira, pero só na forma, porque sí me gostaría que fixerades algunha nova aportación a este blog, que é o voso...o sinto pero sáeme o seminarista que levo dentro.

8 comentarios:

  1. . . Si é certo q nos aportan O2´
    pero tamén nos dan muitas dores de cabeza: que xa non vale con botarlles H2O coa regadeira non, aghora que se sistemas de rega, que se hepáticas....., "enfín".....

    ResponderEliminar
  2. por aquí algún que ainda ten 5 minutos para ver o que pasa na computadora.
    Bueno, para ver o que pasa, e...., para comentar que leemos as novas do blog.
    Porque pouco máis, nin sequera unha entrada (a ver si teño un momento de desesperación e me entreteño a facer unha entrada algún día destes).

    Quero dar a noraboa a todos os que traballamos para deixar o viveiro coas características que ten hoxe (traballamos duro e ben) que xa empeza a ter boa pinta. Tamén inclúo ao personal laboral, que deixaron o umbráculo coma unha patena.

    con respecto ao comentario de jeloi, non estou dacordo e punto. hai plantas que nos aportan dores de cabeza (na resaca), pero que che pegan un puntazo.... e eso que teñen o tetranichus urcidae ou algo así (A pregunta de Mariño do ano pasado).

    ResponderEliminar
  3. O que pasa e que nos abducen eses seres vivos que crean O2, e mais,chupannos a vida, con tanto intercambio de gases e materia. Ainda menos mal que gracias a nos e a nosa conciencia ECO cos vehiculos poden vivir, o dia que teñamos conciencia ECO-PLUS que sera delas?

    ResponderEliminar
  4. . . Creo q rQ se refire ao delta-9-tetrahydrocannabinol, tetrahidrocannabinol ou simplemente THC da Cannabis sativa L..("entiendo")

    ResponderEliminar
  5. Eu non o diría mellor jloy

    ResponderEliminar
  6. Pois eu xa non "entiendo" nada aqui.Moi boa observación pola tua parte Jeloi, sobre esa planta que da dores de cabeza na resaca pero da un puntazo segun RQR.

    ResponderEliminar
  7. "Fumando espero al hombre a quien yo quiero...y mientras fumo, mi vida no consumo porque flotando el humo me suelo adormecer..."
    Sigo esperando coma diría SM (Sara Montiel) co seu THC por esa entrada.

    ResponderEliminar
  8. Xa nin penso eu como esas so me dedica a facer a fotosintese

    ResponderEliminar