22/01/10

mosca da humidade

Hoxe Laura dD, que ten bó ollo para detectar todo tipo de bichería, veu unhas larvas pululando polo substrato húmido (por non dicir enchoupado) do invernadoiro nº5 , despóis fixándonos ben había unha chea delas...e tamén unhas mosquiñas moi pequenas. As fotos son malas, pero trátase da "mosca da humidade" (este ano estarán felices).
Familia: Sciaridae
Corpo: parecese a un mosquito
Tamaño: 2-4 mm
Ás: grises, con veas en forma de Y
Antenas: largas, parecidas a un colar
Larvas: delgadas, cunha cabeza pequena
Non constitúe un problema moi gordo, pero ollo as larvas comen raiciñas e micelio, e se non se controlan poden chegan a causar danos considerables, ademáis de favorecer a infección (vectores) por parte de posibles fungos patóxenos presentes no substrato.
Control químico: responden ben os insecticidas comúns (morren) tanto as larvas como os adultos, pero os adultos poden agacharse polos recunchos do invernadoiro...je, je, pero podemos poñer trampas cromáticas para capturalos.

Para saber máis, podedes consultar a "biblia" para la producción de especies forestales en contenedor vol. 5 cap.1 (non sei si vos falei deste manual na clase), picades no enlace e logo facedes unha busqueda dentro do PDF por Sciaridae.

Ningún comentario:

Publicar un comentario