Por sí é do voso interese: Curso apicultura abellalupa
Abella Lupa é unha Sociedade Agraria de Transformación (SAT) que nace cun dobre propósito: ser un proxecto destinado á produción ecolóxica de mel e á recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia.
Abella Lupa amais, aséntase nun modelo sustentábel que pretende xerar experiencias demostrativas sobre os beneficios da xestión do monte, a través da conservación da biodiversidade, implantándose en espazos naturais e utilizando a apicultura como exemplo.
Asemade, Abella Lupa, incorpora ao mundo da apicultura un enfoque multidisciplinar, grazas á súa experiencia e formación profesionais en ámbitos como a bioloxía, a xestión forestal, a ecoloxía e a educación ambiental.
14/03/14
13/03/14
A Certificación Forestal
A Certificación Forestal Voluntaria
pode definirse como un instrumento que permite verificar que o manexo
forestal cumpre con estándares de desempeño recoñecidos e aceptados
internacionalmente. Estes estándares combinan principios e criterios internacionais
desenvolvidos por entidades no gubernanetais (FSC, PEFC,...) con indicadores e verificadores
locais e rexionais desenvolvidos por iniciativas nacionais destas entidades en cada país.
O obxectivo da certificación é
asegurar aos consumidores que as súas compras de produtos forestais non contribúen
a destrución e degradación dos bosques do mundo.
A certificación involucra dous
aspectos:
Por un lado, a avaliación independente
das operacións de manexo forestal, de acordo con estándares ecolóxicos,
sociais e económicos específicos. Este primeiro aspecto inclúe a
avaliación: da saúde do bosque, da viabilidade económica da
operación e do impacto social das actividades do manexo forestal.
O segundo aspecto, chamado inspección
da cadea de custodia, involucra a verificación do fluxo da madeira dende
o bosque e a través dos procesos de transformación (serrado
e manufactura) e de comercialización ata chegar ao consumidor, ca
finalidade de garantir a súa procedencia dun bosque certificado.
Forest Stewardship Council
Programme for the Endorsement of Forest Certification
Ver: Manual de boas prácticas en montes galegos con criterios de xestión forestal suntentable, da Asociación Galega Promotora da Certitificación forestal PEFC Galicia
Blog certificación forestal
Etiquetas:
desenvolmento sostible,
Despexando dúbidas,
forestal
11/03/14
A nova ordenación e xestión forestal
A Lei de montes (Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia) establece que a partir do ano 2019 non se permitirán aproveitamentos -incluídas cortas de madeira para uso comercial- a aqueles propietarios que non posúan un instrumento de ordenación ou xestión forestal. E en previsión a este requirimento a Xunta ven de anunciar a publicación da futura normativa (decreto) que vai a regular estes instrumentos, do que podemos destacar:
*Dende o punto da ordenación; estableceranse tres niveis:
-Superficie maior as 25 hectáreas: estes montes deberán dotarse dun proxecto de ordenación (PO).
-Superficie é igual ou inferior ás 25 hectáreas: os propietarios ou xestores deberán presentar un documento simple de xestión (DSX) ou un documento compartido de xestión (DCX) cunha pluralidade de propietarios que queiran xestionar de forma conxunta o seu monte.
-Superficie igual ou inferior ás 15 hectáreas: poderán optar por un documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal xenéricos (MS) (segundo documento da Consellería do Medio Rural).
*A nivel económico: todos aqueles propietarios ou xestores que queiran optar a axudas públicas no período 2014-2020 deberán dotarse destes instrumentos. De igual xeito, aqueles propietarios que dispoñan destes instrumentos poderán acollerse a dous beneficios fiscais, quedando exentos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e do cómputo como ingreso na base do IRPF dos importes das subvencións públicas concedidas.
*No tocante ás facilidades administrativas: os propietarios que teñan estes instrumentos non necesitarán de ningunha autorización da Xunta para realizar as actuacións planificadas, e só deberán notificalas.
*E a nivel comercial, cómpre subliñar que a aplicación desta norma facilitará aos propietarios forestais poder acadar o certificado de xestión forestal sostible, por calquera dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos.
Ver borrador decreto instrucións xerais da ordenación de montes en galicia
http://www.crtvg.es/informativos/repasamos-as-principais-novidades-da-lei-de-montes-399919
28/01/14
CULTIGAR
CULTIGAR (Brión, Santiago de Compostela) é un laboratorio de biotecnoloxía
vexetal adicado á investigación e desenvolvemento tecnolóxico
no eido da produción, cultivo e calidade sanitaria de planta ornamental e forestal de alto valor económico.
Na seguinte enlace ao programa A Labranza (03-03-2013) podemos ver unha reportaxe sobre esta empresa (pertencente a Fundación Paidea). Unha das técnicas empregadas para a multiplicación do material vexetal é a micropropagación por cultivo in vitro, que consiste na propagación de novas plantas a partir do cultivo de pequenas porcións de
material vexetal (chamadas "explantos") nun medio artificial e en condicións de asepsia (in vitro).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)