Hoxe tiñamos a intención de reproducir Buxus sempervirens por esgallado semileñoso. As plantas nai (as que suministran o material de partida) serían os buxos "da charca"...pero, sorpresa!!, as follas estaban infestadas polas características pústulas causadas polo fungo Puccinia buxi, comunmente coñecido como roia do buxo (*). Inda que recollemos algún material, para ver si podiamos aproveitar algo, ao final tivemos que tirar con todo, e teremos que buscar outra/s planta/s nai.
Lección de hoxe: "Na produción de planta é moi importante partir dun material de reprodución en boas (óptimas) condicións sanitarias". Si reproducimos exemplares enfermos contribuimos a extender os problemas fitosanitarios polo país e polo mundo (outro día falaremos do pasaporte fitosanitario).
---
Ollo con Cylindrocladium buxicola, fungo de reciente aparición que ataca especialmente a Buxus sempervirens cv. Suffruticosa (o buxo anano e de folla redondeada) que está afectando a algúns sebes, como é o caso do labirinto de buxo do Pazo de Castrelos en Vigo. É un patóxeno foliar que pode levar a
defoliación case total das plantas, antes, aparecen manchas de cor
aceitoso nas follas, así como liñas negras lonxitudinais nos talos). O problema engadido, é que na actualidade
non se coñecen funxicidas realmente eficaces para o seu control.
---
(*) As follas do buxo tamen poden presentar abultamentos como os da foto, pero neste caso traríase das larvas do mosquito do buxo, Monarthropalpus buxi, que van comendo as follas por dentro.
30/10/13
29/10/13
Bibliografía
Neste blog, FP AGRARIA, podedes atopar bibliografía a esgalla (*). Consumidea con moderación.
(*) en abundancia ou en gran cantidade.
(*) en abundancia ou en gran cantidade.
Charaxes jasius
A vizosa eiruga que vimos hoxe nos érbedos non estaba alí por casualidade xa que é unha Charaxes jasius (familia Nymphalidae) a eiruga da expectacular bolboreta do érbedo (albedro, moroteiro). Non é frecuente en galicia, xa que é unha especie mediterránea.
Pica neste enlace se queres saber de que vai o proxecto "Un bosque para unha bolboreta" de ANABAM http://propagacioninfinita.blogspot.com.es/2010/11/boas.html
Deixando o romanticismo a un lado (somos rudos viveiristas) si houbera moitas (eirugas) poden chegar a ser unha praga para os érbedos, dos que se alimentan en exclusiva.

28/10/13
Bibliografía viveiros forestais
Dous libros interesantes sobre viveirismo forestal:
"Viveros forestales" de J. Rafael Ruano Martínez,
Ed. MP ISBN: 84-8476-082-0
"Cultivo de plantas forestales en contenedor" de Juan L. Peñuelas Rubira e Luis Ocaña Bueno
ISBN (Ed. MAPA): 84-491-0225-1
ISBN (Ed. MP): 84-7114-644-4
"Viveros forestales" de J. Rafael Ruano Martínez,
Ed. MP ISBN: 84-8476-082-0
ISBN (Ed. MAPA): 84-491-0225-1
ISBN (Ed. MP): 84-7114-644-4
24/10/13
Revival
"Días de escuela", temazo do do primeiro disco do grupo Asfalto, gravado no ano 1978. A letra conta o día a día na escola dos anos 60...un auténtico revival (*) grazas a LOMCE: relixión, segregación por sexos, escaseza de medios, desigualdade de oportunidades...
(*) Revival (do inglés) Movemento artístico, sociolóxico, e por extensión, de calquera outro xénero, que tende a revalorizar modas ou estilos do pasado.
(*) Revival (do inglés) Movemento artístico, sociolóxico, e por extensión, de calquera outro xénero, que tende a revalorizar modas ou estilos do pasado.
22/10/13
Zona Zero
A piques de comezar os traballos de construción
da nova instalación de produción de planta. Foto do estado actúal.
17/10/13
Axudas a forestación
Relacionado con temas dos que estivemos falando na clase coma introdución ao viveirismo forestal (plans de repoboación, a propiedade do monte,...) é moi interesante ver esta reportaxe do programa A Labranza (que xunto co Luar é un clásico imprescindible para entender o país). Nunha primeira parte fala das axudas pro-fomento de primeira forestación de terras non agrarias, de recente publicación (orde 177 DOG 17-09-2013), que presenta dúas novidades: unha liña específica para a plantación de castiñeiros para froito e a introdución da figura das SOFOR (Sociedades de Fomento Forestal). Nunha segunda parte fala da xestión que realizan os comuneiros do Forgoselo (na serra do mesmo nome, perto das Fragas do Eume) do seu monte comunal; que segue a ser comunal grazas ao esforzo e loita dos veciños, ao igual que en moitos outros montes galegos.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-26
http://www.crtvg.es/informativos/axudas-para-a-forestacion-de-terras-non-agrarias-669000
Min Skog - Hedningarna
Tema Meus Bosques do grupo sueco Hedningarna
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-26
http://www.crtvg.es/informativos/axudas-para-a-forestacion-de-terras-non-agrarias-669000
O Forgoselo |
Tema Meus Bosques do grupo sueco Hedningarna
16/10/13
Viveiros Mañente
Viveiros Mañente é un viveiro especializado na produción de planta forestal dende hai 30 anos. Produce fundamentalmente eucaliptos e piñeiros; cunha produción anual duns 5 millóns de planta (é un viveiro dos grandes). Dispón de modernas instalacións e ferramentas de cultivo; é ten implantado un sistema de calidade segundo a norma ISO 9001 (espero que lles vaia millor que a nós coa calidade dos "##!!:(
Este viveiro está en Foz (Lugo); quédanos un pouco a desmán así que non creo que poidamos ir a visitalo...pero podemos facelo virtualmente neste vídeo (do programa A Labranza da TVG).
Outro video do viveiro: http://youtu.be/6GGnBmY43wc

03/10/13
Orgyia antiqua
A eiruga da bolboreta Orgyia antiqua (familia das Limantriidae) aliméntase dunha gran variedade de árbores de folla ancha e arbustos (polífaga), e pode chegar a ser unha praga (menor) en bosques e xardíns.
A esta da foto atopámola o outro día no viveiro; pero polo escaso número e voracidade non é necesario aplicar ningún tratamento para controlala.
Tamén atopamos no substrato oníscideos (cochinillas da humidade) e miriápodos (cempés, milpés,...), son insectos que viven en lugares húmidos e escuros; a maioría comen restos vexetais e outros insectos mortos (pola contra os cempés son depredadores). Non constitúen un problema no viveiro.

02/10/13
Documental "Queimar o monte"
Queimar o Monte. Walkie Talkie Films, 2012. Próxima emisión: Este mércores 02-10-2013 ás 23:55 na TVG2
http://www.walkietalkiefilms.com/?page=feature
Etiquetas:
contidos transversais,
ecoloxía,
forestal,
varios
01/10/13
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)