26/11/13

Guía FAO sementes forestais


Guía para a manipulación de sementes forestais da FAO (*)
Si picades nesta enlace accededes ao índice da guía, e de aí os distitos capítulos no que está organizada.

(*) de Food and Agriculture Organization, é a Organización das Nacións Unidas (ONU) para a Agricultura e Alimentación. Creada no ano 1945, agrupa a 192 membros. O seu obxectivo supremo é axudar a conseguir un mundo sen fame e o seu lema é fiat panis (pan para todos).

13/11/13

Quercus macrocarpa

Unha das árbores máis singulares que temos no centro é este Quercus macrocarpa (*). O seu nome específico macrocarpa fai referencia aos seus grandes froitos: landras grosas cunha carapucha que a recobre case por completo.
As fotos son dun único froito colleito no ano 2010.
As follas tamén son moi caracterísicas: grandes e profundamente lobuladas.
(*) Este exemplar procede dunha semente traída do Jardí Botànic de la Universitat de València

04/11/13

AgroEcoloxía no Morrazo

Pode ser do voso interese (viveiristas ecolóxicos) asistir este martes 05-XI ás 20:00 horas no VARconV (Abelendo, Moaña) ao coloquio Agroecoloxía no Morrazo. "Poñendo os pes na terra".
Interveñen: Luz Gómez de Horta Agrelo. Bueu / Cristina Ambel do Viveiro Plantel Ecolóxico. Cangas / Carlos Malvido de Horta Ameixoeira. Moaña / Tareixa Carro de A Veigha do Palleiro. Vilaboa.

30/10/13

Sanidade do material de reprodución

Hoxe tiñamos a intención de reproducir Buxus sempervirens por esgallado semileñoso. As plantas nai (as que suministran o material de partida) serían os buxos "da charca"...pero, sorpresa!!, as follas estaban infestadas polas características pústulas causadas polo fungo Puccinia buxi, comunmente coñecido como roia do buxo (*). Inda que recollemos algún material, para ver si podiamos aproveitar algo, ao final tivemos que tirar con todo, e teremos que buscar outra/s planta/s nai.
Lección de hoxe: "Na produción de planta é moi importante partir dun material de reprodución en  boas (óptimas) condicións sanitarias". Si reproducimos exemplares enfermos contribuimos a extender os problemas fitosanitarios polo país e polo mundo (outro día falaremos do pasaporte fitosanitario).
---
Ollo con Cylindrocladium buxicola, fungo de reciente aparición que ataca especialmente a Buxus sempervirens cv. Suffruticosa (o buxo anano e de folla redondeada) que está afectando a algúns sebes, como é o caso do labirinto de buxo do Pazo de Castrelos en Vigo. É un patóxeno foliar que pode levar a defoliación case total das plantas, antes, aparecen manchas de cor aceitoso nas follas, así como liñas negras lonxitudinais nos talos). O problema engadido, é que na actualidade non se coñecen funxicidas realmente eficaces para o seu control.
 ---
(*) As follas do buxo tamen poden presentar abultamentos como os da foto, pero neste caso traríase das larvas do mosquito do buxo, Monarthropalpus buxi, que van comendo as follas por dentro.

29/10/13

Bibliografía

 Neste blog, FP AGRARIA, podedes atopar bibliografía a esgalla (*). Consumidea con moderación.

(*) en abundancia ou en gran cantidade.

Charaxes jasius

A vizosa eiruga que vimos hoxe nos érbedos non estaba alí por casualidade xa que é unha Charaxes jasius (familia Nymphalidae) a eiruga da expectacular bolboreta do érbedo (albedro, moroteiro). Non é frecuente en galicia, xa que é unha especie mediterránea.
Pica neste enlace se queres saber de que vai o proxecto "Un bosque para unha bolboreta" de ANABAM  http://propagacioninfinita.blogspot.com.es/2010/11/boas.html

Deixando o romanticismo a un lado (somos rudos viveiristas) si houbera moitas (eirugas) poden chegar a ser unha praga para os érbedos, dos que se alimentan en exclusiva.

28/10/13

Bibliografía viveiros forestais

Dous libros interesantes sobre viveirismo forestal:

"Viveros forestales" de J. Rafael Ruano Martínez,
Ed. MP ISBN: 84-8476-082-0
"Cultivo de plantas forestales en contenedor" de Juan L. Peñuelas Rubira e Luis Ocaña Bueno
ISBN (Ed. MAPA): 84-491-0225-1
ISBN (Ed. MP): 84-7114-644-4

24/10/13

Revival

"Días de escuela", temazo do do primeiro disco do grupo Asfalto, gravado no ano 1978. A letra conta o día a día na escola dos anos 60...un auténtico revival (*) grazas a LOMCE: relixión, segregación por sexos, escaseza de medios, desigualdade de oportunidades...


(*) Revival (do inglés) Movemento artístico, sociolóxico, e por extensión, de calquera outro xénero, que tende a revalorizar modas ou estilos do pasado.

22/10/13

Zona Zero

A piques de comezar os traballos de construción da nova instalación de produción de planta. Foto do estado actúal.

17/10/13

Axudas a forestación

Relacionado con temas dos que estivemos falando na clase coma introdución ao viveirismo forestal (plans de repoboación, a propiedade do monte,...) é moi interesante ver esta reportaxe do programa A Labranza (que xunto co Luar é un clásico imprescindible para entender o país). Nunha primeira parte fala das axudas pro-fomento de primeira forestación de terras non agrarias, de recente publicación (orde 177 DOG 17-09-2013), que presenta dúas novidades: unha liña específica para a plantación de castiñeiros para froito e a introdución da figura das SOFOR (Sociedades de Fomento Forestal). Nunha segunda parte fala da xestión  que realizan os comuneiros do Forgoselo (na serra do mesmo nome, perto das Fragas do Eume) do seu monte comunal; que segue a ser comunal grazas ao esforzo e loita dos veciños, ao igual que en moitos outros montes galegos.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-26
http://www.crtvg.es/informativos/axudas-para-a-forestacion-de-terras-non-agrarias-669000
O Forgoselo
Min Skog - Hedningarna
Tema Meus Bosques do grupo sueco Hedningarna

16/10/13

Viveiros Mañente

Viveiros Mañente é un viveiro especializado na produción de planta forestal dende hai 30 anos. Produce fundamentalmente eucaliptos e piñeiros; cunha produción anual duns 5 millóns de planta (é un viveiro dos grandes).  Dispón de modernas instalacións e ferramentas de cultivo; é ten implantado un sistema de calidade segundo a norma ISO 9001 (espero que lles vaia millor que a nós coa calidade dos "##!!:(
Este viveiro está en Foz (Lugo); quédanos un pouco a desmán así que non creo que poidamos ir a visitalo...pero podemos facelo virtualmente neste vídeo (do programa A Labranza da TVG).



Outro video do viveiro: http://youtu.be/6GGnBmY43wc

03/10/13

Orgyia antiqua

A eiruga da bolboreta Orgyia antiqua (familia das Limantriidae) aliméntase dunha gran variedade de árbores de folla ancha e arbustos (polífaga), e pode chegar a ser unha praga (menor) en bosques e xardíns.

A esta da foto atopámola o outro día no viveiro; pero polo escaso número e voracidade non é necesario aplicar ningún tratamento para controlala.
Tamén atopamos no substrato oníscideos (cochinillas da humidade) e miriápodos (cempés, milpés,...), son insectos que viven en lugares húmidos e escuros; a maioría comen restos vexetais e outros insectos mortos (pola contra os cempés son depredadores). Non constitúen un problema no viveiro.

02/10/13

Documental "Queimar o monte"

"Queimar o Monte", rodado en Galicia durante a primavera e o verán de 2012, analiza as causas do principal problema medioambiental do noso país, os incendios forestais. Cada ano uns 10.000 incendios prodúcense neste recuncho do mundo. Nos últimos trinta anos queimouse unha superficie equivalente a terceira parte de Galicia.

Queimar o Monte. Walkie Talkie Films, 2012. Próxima emisión: Este mércores 02-10-2013 ás 23:55 na TVG2
http://www.walkietalkiefilms.com/?page=feature

01/10/13

O reghreso

Xa estamos de volta...

Sés - Porco Blues