30/11/11

Concurso fotográfico

Cavernícolas todavía non tendes un iPad, un iPhone, un iPod, ou calquera cousa que empece por i...Steve Jobs rachariase as vestiduras se non fora porque xa morreu, pero inda estades a tempo de facervos con un de balde no:
CONCURSO FOTOGRÁFICO ÁRBORES, PATRIMONIO VIVO.







O obxectivo deste certame, enmarcado no Ano Internacional dos Bosques é transmitir a importancia das árbores como parte do noso patrimonio, reservas da biodiversidade, produtoras de riqueza ambiental, económica e cultural. Búscase fomentar a cultura da árbore na sociedade galega, animando aos cidadáns a participar neste certame, como vía para implicarse na súa conservación e respecto.
O concurso está aberto ata o 21 de decembro.

Máis información e bases en: www.arbolespatrimoniovivo.es

11/11/11

Magosto Granxeiro

O Bichero. Luis Davila
O venres, a diferencia do gris do común dos días, foi todo cor, sabor e música. Estabamos de festa, tan necesarias nestes tempos, e sempre.
Tómome a libertade de reproducir un anaquiño da maxia do momento. Noraboa a todos os que participastedes.

  

Julian e Manuel, do cs-vitivinicultura, interpretando Verdes são os campos (poema de Camões e música de Jose Afonso).


Verdes são os campos
De cor de limão
Assim são os olhos
Do meu coração

Campo, que te estendes
Com verdura bela
Ovelhas, que nela
Vosso pasto tendes

De ervas vos mantendes
Que traz o Verão
i eu das lembranças
Do meu coração

Isso que comendes
Não são ervas, não
São graças dos olhos
Do meu coração

P.D. Este blog tamén nasceu en tempo de magosto, cumprindo mañá dous anos...o final dos seus días?

04/11/11

Habemus manipulador-aplicador vernáculo

Sen tempo non era; xa non necesitamos empregar os manuais doutras comunidades. Na páxina da Consellería de medio rural podedes visualizar (non o deixan baixar coma PDF??) a nosa: Manipulador-Aplicador de productos fitosanitarios. Nivel Básico

A espera valeu a pena; está ben feita e responde aos aspectos prácticos. Moi recomendable.
Resumo:
Manual didáctico para agricultores, persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias, e outras entidades que se dediquen á aplicación e manexo de produtos fitosanitarios. Este libro axústase ao contido do programa establecido no anexo II da Orde PRE/2922/2005.


Tamén está dispoñible, neste formato mirame pero non me toques o Manual de Prevención de riscos laborais no agro galego
Resumo:
Manual de consulta para que os traballadores do agro galego poidan empregar no desempeño das súas funcións e avaliar os riscos e o desenvolvemento da actividade preventiva segundo o artigo 35 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.


Hai outras publicacións interesantes de moi diversos temas. http://mediorural.xunta.es/institucional/publicacions/