Ben, se estades interesados en saber máis cousas do tema da poda, velaí algúns títulos a ter en conta:
Poda e enxerto de froiteiras de Jean Bretaudeau. Bó e breve, todo un clásico (1978). Editado no seu día por MP, pero creo que non se volveu a reeditar (1991). O mesmo autor ten outro libro sobre
Creación de formas frutais.
Un autor que ten moitos libros de poda é o catedrático de arboricultura Fernando Gil-Albert, seu é:
Tratado de arboricultura frutal. Volumen I, II, III, IV e V , outro texto clásico (1980).
O mesmo autor, Gil-Albert, tamén ten varios libros de poda de especies ornamentais: Las podas de las especies arbóreas ornamentales e idem de las especies arbustivas ornamentales ambos tamén en MP.
Outros dous libros de obrigada lectura para profesionais que se dediquen á xestión do arborado urbano son:
La poda de los arboles ornamentales de Emmanuel Michau (1986) e outro de igual nome de
Christophe Drénou (2000)
A Deputación Foral de Bizkaia ten editadas publicacións interesantes sobre fruticultura. As tedes colgadas en PFD na web do blog:
Máis cousas:
Bueno e por último, o máis importante, as bases ou as leis fundamentais, e os seus autores, os pais da arboricultura moderna:
Segundo a teoría de
Alex Shigo, CODIT, cando se fire unha árbore esta experimenta cambios celulares que forman barreiras de contención ao redor da ferida, retardando ou previndo a extensión da enfermidade e o decaemento do resto da árbore. Esta teoría dos anos 70, moi discutida daquela, agora é uns dos principios fundamentais da arboricultura.
F. Hallè y R.A.A. Oldeman;
Arquitectura arbórea. Leis e modelos de desenvolvemento.
Describe os modelos concretos de desenvolvemento aos que obedecen as diferentes especies arbóreas, definindo 22 modelos estruturais (os máis comúns son 4) segundo tres parámetros: Crecemento, ramificación e diferenciación dos eixes aéreos.
Pierre Raimbault;
Modelo de desenvolvemento en 10 etapas definidas.
Segundo este autor, as etapas da vida dunha árbore axústanse a un Modelo de desenvolvemento natural, que ten varias fases estándar (...).
Claus Mattheck;
Visual Tree Assessment (VTA).
A base da Avaliación Visual do Arborado (EVA), permite mediante da observación de síntomas, determinar o estado xeral e emitir unha diagnose.