Funcionamento:
Pola conexión de entrada, (1), entra a auga sen filtrar. Atravesa a malla grosa, (4), que fai de prefiltro. Despois atravesa a malla fina de aceiro inoxidable, (5), onde se realiza o filtrado, quedando na súa cara interior as partículas. Finalmente a auga filtrada sae limpa pola saída, (2).
A medida que o filtro vai retendo partículas, a diferencia de presións entre a entrada e a saída aumenta consecuencia da perda de carga interior. Cando esta diferencia de presións supera o valor preestablecido, normalmente 5 m.c.a., desencadéase o proceso de limpeza:
• Ábrese a válvula de drenaxe , (3).• A presión no colector, (6), e nas boquillas, (7), descende, consecuencia da apertura do drenaxe.
• Créase un refluxo no entorno das boquillas, que arrastra ás partículas adheridas á malla de filtrado. A auga de lavado sae polo drenaxe de limpeza.
• Un motor, (8), que pode ser hidráulico ou eléctrico, encárgase de facer rotar o colector e tamén de desprazalo lonxitudinalmente, mediante un pistón, (9). Deste xeito as boquillas fan un varrido por toda a malla, para deixala limpa.