20/12/11

Nadal

Como xa é costume, O propagador deséxavos uns felices feriados navideños. E xá que festexamos a chegada ao mundo do mesias. Ollo! cos falsos salvadores: aqueles que crean o mal e logo propoñen solucións...o diaño usa gravata.


Os seminovos - Bandidos de Termo

08/12/11

Libro de árbores


Moi boas propagadores! En relación coa última entrada de Uxío, aquí vos deixo a recomendación dun libro, para saber qué especie estades a retratar:
Titúlase "Árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares" e está publicado por Mundi-Prensa.
É un libro moi recomendado, presentado en dous tomos, aínda que un pouco caro. Tamén tedes o mesmo en formato guía algo máis económico.

30/11/11

Concurso fotográfico

Cavernícolas todavía non tendes un iPad, un iPhone, un iPod, ou calquera cousa que empece por i...Steve Jobs rachariase as vestiduras se non fora porque xa morreu, pero inda estades a tempo de facervos con un de balde no:
CONCURSO FOTOGRÁFICO ÁRBORES, PATRIMONIO VIVO.







O obxectivo deste certame, enmarcado no Ano Internacional dos Bosques é transmitir a importancia das árbores como parte do noso patrimonio, reservas da biodiversidade, produtoras de riqueza ambiental, económica e cultural. Búscase fomentar a cultura da árbore na sociedade galega, animando aos cidadáns a participar neste certame, como vía para implicarse na súa conservación e respecto.
O concurso está aberto ata o 21 de decembro.

Máis información e bases en: www.arbolespatrimoniovivo.es

11/11/11

Magosto Granxeiro

O Bichero. Luis Davila
O venres, a diferencia do gris do común dos días, foi todo cor, sabor e música. Estabamos de festa, tan necesarias nestes tempos, e sempre.
Tómome a libertade de reproducir un anaquiño da maxia do momento. Noraboa a todos os que participastedes.

  

Julian e Manuel, do cs-vitivinicultura, interpretando Verdes são os campos (poema de Camões e música de Jose Afonso).


Verdes são os campos
De cor de limão
Assim são os olhos
Do meu coração

Campo, que te estendes
Com verdura bela
Ovelhas, que nela
Vosso pasto tendes

De ervas vos mantendes
Que traz o Verão
i eu das lembranças
Do meu coração

Isso que comendes
Não são ervas, não
São graças dos olhos
Do meu coração

P.D. Este blog tamén nasceu en tempo de magosto, cumprindo mañá dous anos...o final dos seus días?

04/11/11

Habemus manipulador-aplicador vernáculo

Sen tempo non era; xa non necesitamos empregar os manuais doutras comunidades. Na páxina da Consellería de medio rural podedes visualizar (non o deixan baixar coma PDF??) a nosa: Manipulador-Aplicador de productos fitosanitarios. Nivel Básico

A espera valeu a pena; está ben feita e responde aos aspectos prácticos. Moi recomendable.
Resumo:
Manual didáctico para agricultores, persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias, e outras entidades que se dediquen á aplicación e manexo de produtos fitosanitarios. Este libro axústase ao contido do programa establecido no anexo II da Orde PRE/2922/2005.


Tamén está dispoñible, neste formato mirame pero non me toques o Manual de Prevención de riscos laborais no agro galego
Resumo:
Manual de consulta para que os traballadores do agro galego poidan empregar no desempeño das súas funcións e avaliar os riscos e o desenvolvemento da actividade preventiva segundo o artigo 35 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.


Hai outras publicacións interesantes de moi diversos temas. http://mediorural.xunta.es/institucional/publicacions/

04/10/11

Tratamentos pre-xerminativos

Na seguinte páxina aparece unha listaxe de especies cos seus correspondentes tratamentos prexerminativos para vencer o letargo.
http://bonsaiarteviviente.mi-web.es/board/germinacion-de-semillas-t4672.html

Un libro moi recomendable sobre sementes é: Semillas de árboles y arbustos forestales de Gabriel Catalán Bachiller. Colección técnica do ICONA. O problema é que está esgotado e non se volveu a reeditar.

26/09/11

Ano en branco

Ola benqueridos propagadores,
Por causas alleas a miña vontade este ano non vou a impartir o módulo de produción de planta, xa que parece que estou chamado a outras responsabilidades.
Non obstante, se teño tempo e gañas (xa sabedes que según algúns os profesores somos uns vagos insolidarios), colgarei algunha entrada no blog.
A coidarse,
Uxío.

PD. Avecíñanse "Malos tiempos para la lírica "

15/04/11

Despedida módulo

Sras e Sres, damas e cabaleiros, xestores naturais e organizadores paisaxísticos...damos por rematado este módulo (excepto si suspendéstedes).

Sorte e saúde para todos/as...e xa sabedes onde estou.

Aí tedes unha pequena recopilación de fotos, a verdade é que este ano non temos unha foto de grupo como Dios manda, bueno malo será que non saiades en ningunha.


PD. Quería poñer outra música pero como non son un usuario premium de kizoa...pois entón, de bonus track...http://youtu.be/QE03PgxeCR8

14/04/11

Venda de planta de viveiro

Para aqueles ex/alumnos/as interesados en adquirir planta do viveiro do centro: As vendas teran lugar os venres de 10:30 a 11:15 da mañá. Para máis información sobre especies, cantidades e prezos...preghuntade oh!

Enxertos de Prunus serrulata

Ola propagadores...hai alghén aí?
Para a vosa información; xa prenderon os enxertos que fixéstedes de Prunus serrulata (cerdeira de flor) sobre P. avium.

 
Enxerto tipo inglés, casi cicatrizado.

10/04/11

Musicos emerxentes comprometidos ca Terra Nai

Velaqui tedes a oportunidade de axudar as novas voces galegas en defensa dun mundo millor.
 http://ww2.crtvg.es/mu/novoson/category/pop-rock/

Galiza chamiza!!! con retranca, con xeito!!!

Unha aperta dende o frío de Kajaani!!!

31/03/11

Planta 1 ano

Estas fotos correspóndense cas plantas obtidas nas prácticas de esgallado de 2009, que no momento da foto tiñan exactamente 11 meses. Xa pasaran por un repicado a maceta de 10,5 e dúas podas.



As podas de formación son fundamentais, é canto antes se empece moito millor. As seguintes fotos son da operación de poda do lote de Coprosma x kirkii


Operacións de cultivo realizadas:
Esgallado: novembro/09
Repicado e 1º Poda: febreiro/10
2º Poda: xuño/10
3º Poda: outubro/10

Entradas do blog relacioadas:
Práctica esgallado
Coprosma x kirkii

25/03/11

Esgallado de Buxo

Como complemento á entrada de Breo, estás son as fotos da labor de esgallado (04/11/2010) do lote de Buxus sempervirens que transplantastedes. A porcentaxe de enraizamento rondou o 75%.

23/03/11

LABORES DE TRANSPLANTE

Velaiquí a brilante labor duns grandes profesionais...



Esta é a estaquiña enraizada dun buxo, "xenero-samente" regada.




Mesturando abono no substrato. Trátase dun fertilizante de liberación controlada 8-9 meses cun contenido en nitróxeno do 11%.












Preparación das macetas. Son envases de 9,5
Introducimos a estaquiña enraizada no envase...


...e as colocamos en bandexas.
Logo as colocamos no "carry"...
...e as transportamos ao viveiro de engorde.

Por último, a recompensa a tan "laborioso traballo"...
...comida no Imperio, en Ponteareas.

21/03/11

Montaxe invernadoiro

Fotos do proceso da montaxe do novo invernadoiro de horta do CIFP; un multicapela de 3 naves, 8+8+8 x 20 m, de 3,5 m de altura, con cuberta de plástico tricapa (*) con ventilacións laterais e cenitais. O fabricante/instalador é Estufaseuropa de Póvoa de Varzim (Portugal).
Ver orzamento 1  , Estufaseuropa
Ver orzamento 2  , Inversalnes



(*) Plásticos multicapa: A coextrusión de varias películas pretende combinar distintas propiedades para mellorar as prestacións do material plástico. No mercado destacan os plásticos bicapa e tricapa.
Os plásticos tricapa están formados por tres láminas, cada unha delas confírelles unhas características determinadas:
-Capa externa: Resistencia á degradación por UV, resistencia ao rachado, rixidez, transparencia e evitar a fixación de pó.
-Capa intermedia: Efecto termoaillante, elasticidade e difusión da luz.
-Capa interna: Efecto termoaillante e antigoteo.
O PE e o EVA son os materiais máis empregados na coextrusión. Así a coextrusión de EVA entre dous capas de PE limita a transmisividade ao IR a valores inferiores ao 10 % mellorando a transparencia á transmisión solar e dando maior resistencia ao material resultante.

Entradas relacioadas: Control climático en invernadoiros

15/03/11

AssiDomän

Fotos do viveiro forestal sueco AssiDomän *. Este viveiro de planta en envase caracterízase pola calidade da planta, cun proceso productivo moi mecanizado.

O máis destacable deste viveiro é un moderno sistema de almacenaxe/distribución da planta. O cultivo das plantas faise en bandexas forestais, pero se comercializan en cepellón. De xeito que ao final do cultivo as plantas extraense dos alveolos e empaquétanse en caixas de cartón que se almacenan de xeito robotizado nun local climatizado. A comercialización das plantas en caixas ten moitas ventaxas no transporte da mesma é evita sacar as bandexas forestais do viveiro (sen gastos nen perdas e roturas na devolución).



Outro detalle a destacar é a calidade dos envases empregados, tan importante coma a elección dun bo material xenético, para a producción de planta forestal de calidade. No axeitado deseño dunha bandexa forestal interveñen moitos parámetros: volumen, superficie, altura, forma, nervaduras, acanaladuras, aberturas, soportes,...o material tamén é importante: normalmente de plástico ríxido que permitan varios usos sen romperse nin astelarse.

Bandexa forestal de estudiado deseño para conseguir a máxima calidade do sistema radicular (Universid​ade de Upsala. Suecia)

*Viaxe ano 2001 dentro do programa Leonardo con Upsala. Suecia.

14/03/11

Tapas anti-herbas

colocación das tapas nas prácticas de transplante dos acivros este outono
Un dos handicap da produción de planta baixo preceptos da agricultura ecolóxica é non poder empregar herbicidas para o control das malas herbas. E que nós queda...ademáis da onmipresente limpeza manual*.
Ben, unha interesante alternativa no cultivo en envase é o uso de tapetes anti-herbas nas macetas. O funcionamento é ben sinxelo: ao igual cunha malla anti-herbas (que realmente é o que é) impide mecanicamente a xerminación. A efectividade real depende da axeitada colocación (cubrindo ben toda a superficie do envase), da fixación (cuns clips ou grampas) e do material/is da tapa. As tapas teñen que aguantar os ciclos seco-mollado sen acartonarse nen revirarse. Por suposto, o sustrato ten que estar libre de malas herbas antes da colocación das mesmas, porque se non xerminan igual e empurran a tapa cara enriba e...rinse das tapas e de nós.
E non nos podemos esquecer dun tema fundamental: O custe, e este, a día de hoxe, é alto (seguramente un viveiro mediano/grande conseguiría rebaixar notablemente os seguintes prezos).
ver orzamento tapetes anti-herbas

*a limpeza manual é sempre ecolóxica, ou depende de que o operario sexa tamén ecolóxico...je,je

13/03/11

CoMpoSt A´GranxA

compostaxe na Granxa ten unha longa historia de desencontros...proceso longamente acariñado pero que non remataba de callar. Despois de varias experiencias con pequenos composteiros, o proceso a "grhan escala" arranca no curso 2007/08 no marco da A21e do CIFP A Granxa (daquela estabamos dentro).

Este é o histórico album de fotos da Xornada de Compostaxe do 21-02-08 da Granxa

Minivideo do remolque esparcidor en acción:

Minivideo da criva rotativa ou tromel:

Facer compost a partir de restos orgánicos é un proceso asequible para todo o mundo e super interesante a nivel ambiental: dun subproducto ou residuo potencialmente contaminante obtemos un adubo ecolóxico, quen da máis. Tanto si se ten unha explotación agrícola, un xardín ou ata nunha terraza podes fabricar o teu propio compost:
Manual de compostaxe doméstica de TODOVERDE en Ourense.
E aquí ao lado, en Pías, ECOCELTA

PD. Por poñer algún problema...un dos inconvintes que ten o compost como compoñente dun sustrato de viveiro e a posible presenza de sementes de malas herbas que non se destruiran ou xerminaran durante o proceso da compostaxe.

12/03/11

VBM Plants

O longo deste curso vos teño falado dos Viveiros Baixo Miño (vbm plants) en Tomiño, era unha das posibles visitas a facer este ano no módulo. Ben o módulo remata e non queda tempo, así que imos ter que conformarnos cunha visita virtual.

Eiquí tedes o albúm fotográfico comentado da visita formativa do 2009 a este viveiro de planta ornamental. Menos é nada.



PD. Entrada relacionada: podadora ou despuntadoras automáticas

01/03/11

Control biolóxico

As pragas e enfermidades tamén se poden combater dende un punto de vista biolóxico. Nos seguintes arquivos ou enlaces podedes atopar información sobre:
-Técnicas e productos empregados no control biolóxico de pragas
-Entomofauna útil
-Control natural de pragas e insecticidas de cuarta xeración (Algúns están admidos na agricultura ecolóxica: ver anexo II).
-Control biolóxico de enfermidades con micoorganismos
-ANEXO II Plaguicidas e productos fitosanitarios Regulamento (CE) nº 889/2008. Relación de fitosanitarios ecolóxicos permitidos na agricultura ecolóxica. Exclusións: neem, rotenona, aceites de inverno, polisulfuro de calcio

Loita biolóxica tradicional, neste caso sobre o zombi das leitugas
 








Conceptos:
Agricultura ecolóxica = biolóxica = orgánica
Agricultura biodinámica
Permacultura

Nota: Si vos vai máis a química :(  Taboa de fitosanitarios

26/02/11

Sciadopitys verticillata

Sciadopitys verticillata do arboreto do viveiro de Areas
Visita formativa do 27/02/2008
detalle acículas
O Viveiro de Areas (Tui), o máis antiguo de Galicia (do 1906), ten un arboreto interesante. Nel atópase esta rareza: Sciadopitys verticillata.  É un exemplar de gran porte e beleza único en Galicia (non está incluido no catálogo de árbores senlleiras).
- Nome científico: Sciadopitys verticillata (Thunb.) Siebold & Zucc.
- Nome común: Piñeiro parasol.
- Familia: Taxodiaceae.
- Orixe: Xapón.
- Árbore perennifolia que pode acadar 35 m de altura.
- Copa piramidal e ramificación extendida e ascendente na parte alta da árbore.
- Ten un crecemento moi lento.
- Especie de grande valor ornamental, normalmente de colección.
- En Xapón plántase arredor dos templos.
- De forma natural medra en altitudes comprendidas entre 600-1100 m.
- Non soporta a seca estival nin os chans calizos.
- Sementeira: Estratificación en quente a 20°C (3 meses) seguida dunha estratificación en frío a 4 °C (3 meses).

24/02/11

A nova aldea

Froito deste primeiro ano como propagadores cuasi-ecolóxicos, do edu-emprende, das xornadas de cooperativismo...e da miña dispersión habitual (non necesariamente por esta orde); fálovos a miudo de temas transversais.

Pois mixturando: produción ecolóxica, emprendedores, cooperativismo e medio rural, aproveito para convidarvos a ver o documental A nova aldea  onde se amosan proxectos vinculados ao sector agrario, respectuosos co medio e localizados no rural, de aí o título. O noso rural precisa destas iniciativas, ou doutras, pero algo se ten que mover se non queremos que desapareza.

23/02/11

Agricultura ecolóxica

Estes días estivemos falando da agricultura ecolóxica. Como xa sabedes este xeito de produción está totalmente regulado e controlado.
O marco legal básico é o Regulamento CE (Consello europeo) Nº834/2007 sobre  producción i etiquetaxe de productos ecolóxicos, vixente dente o 2009 (sustitúe ao do 91). A este regulamento foronselle engadindo: Anexos,  Regulamentos da Comisión, etc...para coñecer a lexislación vixente da UE consultade a seguinte páxina da web ec.europa.eu

Antiguo e actual logotipo de certificación dos productos ecolóxicos na UE
Un principio fundamental na agricultura ecolóxica é o uso de sementes producidas tamén de xeito ecolóxico. Os estados membros manteñen unha base de datos web ca finalidade de facilitar a adquisición destas sementes. Os proveedores poden incluir nesta listaxe as sementes e patacas de sementeira de orixe ecolóxica dispoñibles. Base de datos sementes ecolóxicas.
 
Por outro lado temos os organismos de control, en Galicia é o CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). Na páxina web do Craega podemos atopar, entre outras cousas, a Normativa autonómica e as distintas Normas técnicas de produción ecolóxica.
Logotipo do CRAEGA (os demais consellos reguladores rexionais teñen o mesmo debuxo, cambia so o nome).

15/02/11

Plantas racionais?

Por si alguén se perdeu o programa de Punset, que visualizamos na clase de Alberto, aquí tedes o enlace para poder velo. Foi emitido no programa REDES e titúlase "Las raíces de la inteligencia de las plantas". Propón que as plantas teñen capacidade de resolver problemas "de forma intelixente". Moi interesante para reflexionar. http://www.rtve.es/television/20101227/redes-raices-inteligencia-plantas/390278.shtml.

micorrizacion de trufa

Aquí podedes ver técnicas de produción da trufa negra en Aragón, mediante a micorrización con enciñas producidas en viveiro. Trátase dunha pequena reportaxe incluído no programa de TVE "Agrosfera", emitido o sábado 12/02/11. Atoparédelo entre o minuto 28:45 e o 32:35.
Tamén neste programa temos un exemplo de venta directa ao consumidor, de produtos ecolóxicos de horta, en Córdoba. http://www.rtve.es/alacarta/search.html?q=agrosfera#1015441

AVISO

Propagadores/as, por si non o sabedes xá, mañá día 16, mamá Consellería suspende tódalas actividades ao aire libre por temporal. Trocamos o malo será! por outra vez será!
Vivamos coma galegos.
O Bichero de Luis Davila
http://obichero.blogspot.com/


Acodo baixo en Castiñeiro

Un dos métodos de reproducción vexetativa é o ACODADO (*). Dentro destes o acodo de cepa (tamén chamado de caballón ou de "corte e recalce") é o máis empregado nos viveiros. De feito esta técnica constitue o xeito tradicional de reproducción dos Castiñeiros hibridos en viveiro.
Un dos viveiros autorizados a producir este material MFR é o viveiro Centro Forestal Rías Baixas, en Vilaboa (Po).

Albúm fotos da visita formativa do 12-12-09.


Na seguinte enlace podedes atopar un video sobre a producción de castiñeiros híbridos, cunha entrevista a Inmaculada López de viveiros O Rego e presidenta de VIFOGA.
O Agro. Castiñeiros hibridos nos viveiros galegos.

*bacelo ou barbado: planta obtida por acodo
*porbaixa: burato ou gabia que se fai para realizar un acodo:

Hifas da Terra

Mañá imos visitar esta empresa, así que si queredes ir documentandoos:
Reportaxe do programa Labranza (22/11/09) sobre Hifas da Terra: empresa de biotecnoloxí­a aplicada a micoloxí­a que nace 1999 da man de Catalina Fernández. Este proxecto iniciouse como unha empresa de producción de cogumelos ecolóxicos e kits de producción. Pero pouco a pouco extendeu a súa actividade a todo o relacionado co mundo dos cogumelos e a micorrización forestal.
Dentro destas actividades está incluida a producción de planta forestal micorrizada. O producto estrela do viveiro son unha selección propia de híbridos de castiñeiro resistentes a tinta e micorrizados con Boletus edulis.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


http://www.hifasdaterra.com/

14/02/11

Froiteiras autóctonas

Fai algúns días preguntabádesme onde conseguir froiteiras autóctonas. Un viveiro especializado é Viveiros O Pomariño (A Capela), pioneiro na produción de froiteiras autóctonas. O seu xerente Ramiro Martínez desenvolve dende 1999 un traballo de recuperación e propagación de variedades autóctonas, incluído o castiñeiro, moitas delas case desaparecidas. Tamén colabora en cursos e xornadas frutícolas sobre todo no que respecta ao tema da enxertía. En 2008 entra a formar parte como socio fundador da Asociación Galega da froita autóctona do Eume (AGFA do Eume), da cal Ramiro é vicepresidente. Esta asociación desenvolve un intenso labor de recuperación e promoción da nosa froita a través da realización de festas de exaltación, e a posta en marcha de varios campos de ensaio e demostración así como a creación de un Campo de Conservación de variedades da comarca Eume-Ferrol-Ortegal en colaboración co Concello de San Sadurniño, no cal xa están plantadas 120 variedades de froiteiras.

Ver Catálogo de Maceiras Autóctonas.

13/02/11

Enxerto de coroa

Neste video podemos ver todo o proceso da realización do Enxerto de Coroa executado polo viveirista Xosé Sanchez (de Orvisa House). O enxerto realízase sobre Catalpa bignonioides enxertando unha variedade de xChitalpa tashkentensis (*).
Neste enxerto alto a Chitalpa aporta unha copa máis pequena e menos frondosa cunha catalpa (a Chitalpa ten as follas máis pequenas e lanceoladas), pero de maior rixidez (as ponlas), pero a característica máis salientable é a súa abundante e longa floración de cor rosa ou branca azulada (moi reflorecente). Por outra banda o portaenxerto, a Catalpa, de maior vigor, préstase máis a facer un tronco dereito e de bo calibre en menos tempo.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

(*) A Chitalpa é un híbrido entre especies de xéneros diferentes (lembrade: por iso o "x" antes do nome xenérico; se o híbrido é entre especies do mesmo xénero o x vai diante do nome específico). É un híbrido entre Chilopsis linearis, nativa do suroeste de Estados Unidos e Norte de México, e Catalpa bignonioides, nativa do sureste de Estados Unidos. Este híbrido obtívose por vez primeira no xardín botánico de Tashkent, capital de Uzbekistan, de aí o seu nome xChitalpa tashkentensis.
É un arbusto ou pequena árbore caducifolia. Como é característico da hibidación cada proxenitor aporta as súas cualidades: Catalpa aporta resistencia ao frío e Chilopsis aporta resistencia ao calor e a seca.

Os lagartos de Cies contribuen á dispersion das sementes

Os lagartos ocelados incorporan á súa dieta froitos carnosos, de forma que van dispersando as sementes coas feces, sendo un excelente mecanismo de transporte debido á acción do dixestivo ao romper as cubertas das sementes.


Este video producido en Vigo gañou o premio do público da revista The Scientist.


02/02/11

Bibliografía poda

Ben, se estades interesados en saber máis cousas do tema da poda, velaí algúns títulos a ter en conta: Poda e enxerto de froiteiras de Jean Bretaudeau. Bó e breve, todo un clásico (1978). Editado no seu día por MP, pero creo que non se volveu a reeditar (1991). O mesmo autor ten outro libro sobre Creación de formas frutais.

Un autor que ten moitos libros de poda é o catedrático de arboricultura Fernando Gil-Albert, seu é: Tratado de arboricultura frutal. Volumen I, II, III, IV e V , outro texto clásico (1980).

O mesmo autor, Gil-Albert, tamén ten varios libros de poda de especies ornamentais: Las podas de las especies arbóreas ornamentales e idem de las especies arbustivas ornamentales ambos tamén en MP.

Outros dous libros de obrigada lectura para profesionais que se dediquen á xestión do arborado urbano son: La poda de los arboles ornamentales de Emmanuel Michau (1986) e outro de igual nome de Christophe Drénou (2000)

A Deputación Foral de Bizkaia ten editadas publicacións interesantes sobre fruticultura. As tedes colgadas en PFD na web do blog:

Máis cousas:
Como podar árboles do USDA, moi resumido.

Bueno e por último, o máis importante, as bases ou as leis fundamentais, e os seus autores, os pais da arboricultura moderna:

Alex L. Shigo; Compartmentalization Of Decay In Trees (CODIT). Compartimentación do decaemento en árbores ou Leis do desenvolvemento das podremia da madeira viva.
Segundo a teoría de Alex Shigo, CODIT, cando se fire unha árbore esta experimenta cambios celulares que forman barreiras de contención ao redor da ferida, retardando ou previndo a extensión da enfermidade e o decaemento do resto da árbore. Esta teoría dos anos 70, moi discutida daquela, agora é uns dos principios fundamentais da arboricultura.

F. Hallè y R.A.A. Oldeman; Arquitectura arbórea. Leis e modelos de desenvolvemento.
Describe os modelos concretos de desenvolvemento aos que obedecen as diferentes especies arbóreas, definindo 22 modelos estruturais (os máis comúns son 4) segundo tres parámetros: Crecemento, ramificación e diferenciación dos eixes aéreos.

Pierre Raimbault; Modelo de desenvolvemento en 10 etapas definidas.
Segundo este autor, as etapas da vida dunha árbore axústanse a un Modelo de desenvolvemento natural, que ten varias fases estándar (...).

Claus Mattheck; Visual Tree Assessment (VTA).
A base da Avaliación Visual do Arborado (EVA), permite mediante da observación de síntomas, determinar o estado xeral e emitir unha diagnose.

Poda mediante plataforma elevadora

Este é o video do que os falara; nel amósase a utilidade potencial das plataformas elevadoras para realizar podas en altura sobre unha masa ou plantación de árbores. Por suposto empregando unha tixeira de aire comprimido, xa de mecanizar...so falta facela teledirixida.
Advertencia: a música do video é infame...mellor sen volume


Se queredes ver outro modelo máis adaptado á fruticultura
http://www.youtube.com/watch?v=qfvnK3qVmI4

31/01/11

Intimidades dun filtro de malla autolimpante


Funcionamento:
Pola conexión de entrada, (1), entra a auga sen filtrar. Atravesa a malla grosa, (4), que fai de prefiltro. Despois atravesa a malla fina de aceiro inoxidable, (5), onde se realiza o filtrado, quedando na súa cara interior as partículas. Finalmente a auga filtrada sae limpa pola saída, (2).
A medida que o filtro vai retendo partículas, a diferencia de presións entre a entrada e a saída aumenta consecuencia da perda de carga interior. Cando esta diferencia de presións supera o valor preestablecido, normalmente 5 m.c.a., desencadéase o proceso de limpeza:
• Ábrese a válvula de drenaxe , (3).
• A presión no colector, (6), e nas boquillas, (7), descende, consecuencia da apertura do drenaxe.
• Créase un refluxo no entorno das boquillas, que arrastra ás partículas adheridas á malla de filtrado. A auga de lavado sae polo drenaxe de limpeza.
• Un motor, (8), que pode ser hidráulico ou eléctrico, encárgase de facer rotar o colector e tamén de desprazalo lonxitudinalmente, mediante un pistón, (9). Deste xeito as boquillas fan un varrido por toda a malla, para deixala limpa.

19/01/11

Montaxe rega localizada no viveiro

Neste albúm de fotos podedes ver parte do proceso de montaxe dun sector de rega por goteo no noso viveiro de formación.

Filtrado auga de rega

Na caseta que hai no frente balsa de rega (familiarmente a charca) esta situado o grupo de bombeo e o sistema de filtrado.

Antes: estaba constituido por un conxunto de filtro de area + filtro anelas (x2 para permitir o contralavado)

Agora: o filtrado corre a cargo dun moderno filtro de malla autolimpiante. Este tipo de filtros realiza a mesma función que os dous anteriores, con maior volume de filtrado, menos perdas de carga e menos mantemento. Ver orzamento.
Filtro de malla autolimpiante ELI modelo AF-202.
Tamén engadíuse unha bomba multicelular con variador de frecuencia (que permite variar a velocidade de xiro do motor axustándoa a demanda) para optimizar o funcionamento da rega e reducir o consumo eléctrico. Ver orzamento.
A frecha sinala un auto-purgador situado na parte alta da bomba, para dar saída ao posible aire acumulado na aspiración.

17/01/11

Tema rega


balsa de auga da'Granxa
Estes días estamos co tema da rega a voltas, pois ben aquí tedes unha pequena recopilación da información relativa ao mesmo:

elriego.com/información técnica nesta páxina podemos atopar unha morea de información ben estructurada e de fácil comprensión.
A rega dos viveiros.pdf en Web propagación_infinita. Onde trátanse temas relativos a:
Os tubos de rega / Os accesorios de rega / A rega dos viveiros / Programación das regas / Automatismos / Filtrado das augas / Cálculo das instalacións de rega / Fertilización coa auga de rega-Fertirrigación / Conservación e mantemento das instalacións de rega.
Manexo e mantemento de instalacións de rega localizada en Web propagación infinita. Editado pola Consejería de agricultura y agua da Comunidad de Murcia.
anexo da rega en envase.pdf en Web propagación_infinta. Relativo as particularidades da rega de planta en envase.
sectores viveiro formación.pdf tamén en Web propagación_infinita. Exemplo práctico do viveiro do CIFP A Granxa (sectores de formación de arbustos).
mellora do manexo da auga de rega, memoria do grupo de traballo celebrado no Centro no 2008
sistemas de rega para uso en viveiros, artigo do especial viveiros 2005 da revista Horticultura.
nutrición e rega nos viveiros, artigo do especial viveiros 2006 da revista Horticultura.
Regaber, páxina web dunha das empresas potentes en rega agrícola.

mercar, tirar, mercar


Magnífico e esclarecedor documental que analiza as implicacións económicas e ambientais da obsolescencia programada. De obrigado visionado para educarnos como consumidores responsables.

Ver documental: comprar, tirar, comprar

PD. Non é producción de planta, pero non so de pan vive o home.