23/12/10

Lectura navideña

Estes feriados de barullo, gula e consumismo tamén poden ser días propicios para a lectura.
Co voso permiso, algunhas recomendacións:

Un pouco de memoria histórica, para saber máis de Manuel Gonzalez Fresco, O Fresco, anterior propietario da Quinta Bela Vista hoxe CIFP A Granxa.

Máis memoria histórica, pero neste caso de historia natural. Calquera destes axudaranos a comprender e interpretar mellor a realidade do noso medio natural.

E se preferides algo máis directamente relacionado co módulo, este é un bo libro:

21/12/10

Bo nadal a todos

Xa estamos no ecuador do módulo. Remata o trimestre e o ano.
Este ano propagación infinita non ten postal navideña, cousa da crisis (de ideas), pero co permiso (un xeito de falar) do xenial Davila resolvemos.

Republicanos e panxoliñas...mmmm, casi que mellor imos por o Nothing else matters de Metallica, eso si, en versión "metal sinfónico" interpretado pola banda finesa Apocalyptica. Sinfónico si pero con fundamento.

20/12/10

Poinsetia

Xa está eiquí o nadal e con el todo un clásico destas datas a Poinsetia ou flor de Pascua.
O seguinte video (A Labranza 06-09-2009) falavós da producción desta planta no viveiro VIVERGAL en San Sadurniño.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Este viveiro organiza INFOTEC: unhas xornadas técnicas orientadas a viveiristas profesionais, onde trátanse temas de actualidade e novidades do esixente mercado da planta de temporada e interior.

09/12/10

Pulgóns, transxénicos e outras historias inquedantes

Neste enlace podedes ler un interesante artigo sobre transxenie e pulgóns...esta redactado con sentido do humor (a min faime gracia), mais non lle resta rigor científico. Pode ser de utilidade para entender e relacionar conceptos como: transxenie, clonación, partenoxénese, simbiose e parasitismo.
http://www.imprescindiblesdelaciencia.es/?p=439

Inquedante, abraiante...venme a mente a película Invasion of the Body Snatchers (A invasión dos ladrós de corpos, de 1956). O film trata dunha invasión extraterrestre na que esporas vidas do espazo exterior dan orixe a vainas, das que xurden copias idénticas (clons) dos seres humáns. A intención destes seres é remprazar a toda a raza humán por copias carentes de sentimentos...un clásico do terror moi recomendable para estas datas...ante todo "espíritu navideño".


Nota: No caso dos alimentos tranxénicos deben presentar no seu etiquetado, onde aparecen os ingredentes, xxx modificado xenéticamente ou producido a partires de xxx modificado xenéticamente.

03/12/10

Brotes

Despois dun imprevisto (pa habernos matao)...a primeira visita é ao viveiro de plantel ornamental BROTES. É un viveiro novo (3-4 anos) que fai plantel en bandexa de alveolos e planta preformada en M-9, moi ordeado e organizado.

A frase do día: "Calquera viveiro é susceptible de mecanizarse ata a máis absoluta ruina do propietario"



Neste pequeno video podemos ver a cadea de enmacetado.


PD. Xa que non poidemos ver viveiros Xibao (planta de tempada) premede no enlace para acceder a súa páxina.

02/12/10

Castanea sativa resistentes a tinta

Para loitar contra Phytophthora cinnamoni, ademáis de empregar híbridos resistentes coma portainxertos ou productores directos, existe outra posibilidade: buscar individuos, entre a diversidade xenética existente (que en Galicia é moita), que presenten unha resistencia natural ao fungo, testalos e clonalos para a súa reproducción. Este proceso ten unha ventaxa moi grande, que é: aproveitar a adaptación natural que presenta C. sativa ao clima do país, e a súa mellor calidade de froito e madeira.

No seguinte video podemos ver unha interesante reportaxe (TVG A Labranza 24-01-10) sobre este proxecto que se esta a levar a cabo no viveiro de Tragsa en Maceda (OU). Si todo vai ben dentro de pouco podería empezar a comercializarse material cualificado procedente deste proceso.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG